A LINGUA DO MEU POBO.
Amanda lingua galega,
Lingua do Pobo galego
De ti non rexeito,
Fonte da boca aberta,
Da que saen verbas galegas,
Oriundas das Terras da fermosa Galicia.
Non rexeito da miña lingua querida.
Non rexeito do berce do meu falar.
Galicia fica senlleira, aíllada,
Sen a súa lingua falada e escrita.
Cantas horas de clase ensinadas,
Cantas autores estudados,
O Rexurdimento,
Rosalía, Curros e Pondal.
Porque non lembrarse de
Luis Pimentel, de Ramón Cabanillas,
Por que non lembrarnos de
Uxío Novoneyra, de Manuel María,
De Rafael Dieste, de Lorenzo Varela,
De Antón Avilés, de X. L.
Méndez Ferrín, de Carlos Casares,
De Bernardino Graña,
De Darío Xohán Cabana,
De Suso de Toro,
De Otero Pedrayo, de Anxel Fole,
De Neira Vilas, de Manoel Antonio,
De Castelao ,de María Mariño,
De Roberto Blanco Torres,
De Antón Tovar Bovillo,
De Manuel Lueiro Rey
De Luis Seoane,
De Rafael Dieste,
Todo un sin fin
De escritores galegos,
Froito do traballo amado e querido
En prol da nosa lingua linda,
E da nosa lieteratura grandemente
Fermosa e creadora,
Ancorada no mundo da fermosura,
Di quefacer literario galego
Froito da xenialidade,
Nunha lingua fermosa
Cantareira, linda e aberta.
Non nos negarán o dereito puro
De falar a nosa lingua viva.
A lingua que mirounos nacer
Nos nosos lares abeira da costa limpa,
Ou nas casas do interior,
Lugares productores de campos sementados
De esperanza e froito. Millo verde,
Que agarimávanos a faciana suorosa
Co vento norte do verán ateigado de lus clara
Galego para os galegos e galegas,
Non rexeitamos da orixe fermosa
Que fíxonos falar un galego perseguido
E agora rexeitado,
Pola falla de madurez total
De xente que desafía
O idioma que fala
Mais que non pensa
Na Galicia real, xusta a medida
Que debe ser, no seu ponto equilibrados
Creazón da disputa valeira,
División absuda, perda temporal,
Dun pobo debido a súa xente galega
Ou aqueles que de fóra veñen,
Serán ben recibidos,
Porque acollémolos con agarimo e mimo.
Valente lingua de mariñeiros fortes,
Que representa ao pobo galego navegante
Nos portos onde fan falar
O doce lingua da linda Galicia.
Lingua de troveiros namoradores
De mozas a beira da Praia de Cesantes.
Galicia emerxe na súa grande beleza
Coa forza da súa lus clara e penetrante,
Galicia fala galego, canta en galego,
Galicia fala en galego, galicia escrebe
Nunha maravillosa lingua, froito
Do esforza e o amor a esta terra linda,
Castigada,pola contra,
Polo exceso especulativo,
Da construcción absurda.
Verdes eran os verdes campos,
E emerxen na súa supercie,
Construccións absurdas,
Que destruiron a bela Galicia verde.
Quero si quero tanto a miña terra,
Que pregaría que o seu chan chá
Fora ben tratado con dozura aquelada.
A beleza que sempre foi bela,
Debería ser unha fase estática e permanente.
Por eso non podo rexeitar
A miña fala galaga,
Porque rexeitaría a fala natural
Do pobo galego ceibo.
Miguel Dubois.