Pontevedra, ao 31 de decembro de 2009
A REI MORTO, REI
POSTO
Tempo, tempiño, tempo,
Suma e segue,
Habita números outos
Habita po paso da historia pasada,
As lembranzas queridas,
Os prantos gratuitos,
As condeas absurdas,
As decisións incomprensibles.
O Mundo enteiro
Habita có paso do tempo,
A hestoria vivida
Abandonamos un ano pasado
E nunhas horas videiras,
Choutaremos, beberemos,
Bridanremos,
Darémonos bicos agarimosos,
Bicaremos con traizón calculada,
Amosanda a cara agachada
Do que desexamos ser,
Mais non somos.
A cidade estoupa en locería
Nouturna, ceo de cores diversas
Os sufridores seguén seu lento
Sufriminto crónico,
Externo ou interno.
O traficante brinda
Pola gloria do seu tráfico.
O enfermo sofre,
Os albergues son sufrimento
E acollen aos seres apenados
Homes cansados ou rexeitadas
Mulleres denigradas.
Deixámolo ano vello,
Un pouco máis bello no tempo
Da ledicia e o sufrimento.
Pero a vida segue, meus amigos,
Pero a vida segue, miñas amigas
Un abrirá con toda ledicia
Un viño espumoso,
Un cava catalán
Un champagne francés.
Ou unha botella de anís.
As sás de festas estarán ateigadas,
E todos xuntos, amigos ou nemigos
Van enchendo as copas fraternas
Ou a banalidade dun berro roto,
Dun queixume doroso.
E daremos paso ao pensamento
Interior aos feitos sucedidos
Neste ano que imos abandoar.
Pensaremos nos males feitos
E ocorridos, nas verbas traizoeiras
Nas promesas de amor roto,
Da fonda ledicia vivida,
Fondamente, habitada plena.
E pensaremos naqueles
Que utilizaron as malas artes
Da Ética Fundamental,
E diremos que a Lingoaxe
Dos Valores elementais,
Foron para este poeta galego,
O deserto máis absurdo,
Da palabara habitada
Da mentira continuada.
Pero deixaremos, nunhas horas
Próxima a hestoria deste ano
Que vai pasar para ao Mundo
Da lembranza próxima
Con doses de amor fonda,
Que nos enche coma seres
Enteiros da vida que habitamos.
Que maior entrega
Que o desinterés,
Dos intereses creados,
Para o Mundo especulitado.
Eu douche bicos quentes,
Se ti quixeras non me deas nada,
Mais, sempre, respétame,
Na miña dimensión humana.
Miguel Dubois.
No hay comentarios:
Publicar un comentario