AMOR E DOZURA É VIVIR
Pontevedra, ao 12 de novembro de 2009
Outono ventoso, dabondo cae
A chuvia a mares perdidos no medio
Do ar convulso.
Forte incontible, insolente,
Irreverente, insostible, forte
E intensa. As arbres fortes non
Esquecen
A furia dun vento furacanado,
Embrión violento e natural,
Sacudida do medo e o espanto.
Como se fóra un león ruxindo,
No medio da xungla acuífera
Froito da inmensa sede inaudita,
Furacán da forza intensa,
Soplo dun deus temible
E enfadado e portentoso
Os coches cubertos de forte violenta
Choiva gratuita
Atreavesan estradas rurales
Perdidas no cumio do afastamento
E as autoestradas son camiños
Anchos e sin fin,
Cara a Fisterra,
Cubertas da auga enteira,
Caída, sen piedade algunha,
Da bóveda celeste,
Cuberta de extensas nubes,
Zeppelins de algondóns brancos
Ateigados de enorme peso acuífero.
As follas castañas e amarelas,
Son arrincadas violentamente
Das polas das arbes feridas,
Namentras unha pequena folliña
Corida e fermosa
Vóa propulsada polo motor Natural
Da vida agasallada
Do vento tremendo alleo ao cotiá
Pequenos faróis acesos abanéanse,
Creando estrañas figuras móviles
Con momento rixido de vaivén
Ou a luz pasa a penumbra total.
Ascendo un misto,
E non teño un branca vela de ceira.
E de cando en vez un lóstrego
Azul e
Perdido no mundo do espacio aberto
Aluméa a noite inesquencible.
Santa Barbariña,
Benzóame deste medo aos tronos
Inesperados, traidores nocturnos,
Incorrectos que escachan armonía
Sostible e desexable
Da derradeira galerna perdida nos
Anos pasados da vida pretérita,
Que xa non voltará,
Cando a tí amarrábe para quererte
Un cachiño máis, con tronos ou sen
Tronos, de día ou na noite enteira.
Rompen amarras algunhas
Embracacións livianas
E algun mastro é derrubado,
Polo vento tremendo.
As ondas mareiras sobrepasan
Os limites normais; rompen normas
E leises naturais
Da tranquilidade mariña.
O respeto dos mariñeiros galegos
Funda confradías silenciosas
Que envian oracions piadosas
Aos ceos afastados.
O marmullo da palabra fala
De por si. Lémbraste
Daquela galerna tremenda
Con nome de muller e flor que
Arrasara toda a calma habida.
Arbres partidas, embarcacións
Afundidas e xamáis rescatadas.
Era a pantasma do medo en acción
Que calaba nas conciencias
Mariñeiras dun país fermoso,
Con vestimenta de pura natureza
Violenta, quebra da paz e do sosego
Os vidros transparentes e mollados
Das fiestras debuxan canales
Acuáticos
En fase descendente.
O bafo indebido e quente,
Empaña o vidro húmedo.
A xente rueira,
Busca un lugar chusco
No que poida ser o seu refuxio
Momentaneo. Deme unha esmoa
Señor, Señora.
Os barcos darribada rachan
Amarras perto dos pretros Peiraos.
A Ría é un lume aceso de vagas
Espumosas, bravas e encendidas
De continuo ir e vir,
Brúa o vento furibundo,
Sinto un desasosego constante,
Atópome inseguro, perverso e
Cobarde, coma cáseque sempre.
Quero arrincarme a
Miña vida incoherente
Frustación ao medo delirante.
O mar xeme, o vento chora,
A choiva empapa,
Pequenos cans ateigados de augas
Cruzan as estradas, sen rumbo,
Fuxindo do indefinido.
Os campos usan o pente natural
Do vento forte pentiando
A súa superficie.
Próas que cortan ondas escumosas
E delirantes,
Popas protexidas,
Pola propia embarcación
Ondas potentes e sinistras,
Baten a estribor e a babor,
Danme dun lado
E polo outro tamén, pola dúas
Meixelas comuns a unha faciana
Cansada e con cicatrices temporais.
Morte dnha onda furiosa,
O barco baila un estraño baile
De sube e baixa
E vai de banda a banda,
Como un home con viño excesivo.
Un forte golpe fai pechar
A porta da cociña que vai dar
A horta chea de legumes verdes.
A lus, de novo marcha,
Outra vez os lóstregos azuis
De tremendo estrondo,
Rompen a calma querida,
Sernedidade perdida e necesaria
Para o correcto vivir de tódola vida
Enteira,
Que non ven polo de agora.
Todo parecia unha pelexa
Parlamentario,
Duna banda a outro ían os insultos
Tremendos, mal exemplo televisado
Na casa representante dos Pobos de
España,
Espectáculo noxento, carente de
Lóxica algunha. perversión
Dialéctica
Para crebar a paz solicitada polo ben
Común, polo concepto,
De Sociedade Solidaria
Unha tolemia absurda de
Desavenencias,
A perda do equilibrio estatico,
O dinamismo dunha lingua
Maleducada,
A total pérdida ao respeto debido.
E o dinamismo era o sabor
Do mundo sen sentido.
Quebrar a paz querida,
Predesfacer o Estado Democratico,
Pero a galerna non perdóa,
Daña e non ten piedade
A hora de facer daño extra.
Todo parece un desequilbrio
Absurdo,
Mais a tronada habida non
Perdoará levemente,
Pasará os custos da súa estadía,
Normas sairán dela, que non
Deixarán
Ceibos os barcos amarrados,
Namentras o salario baixa,
Por mor do derrube do mundo
Normal.
A quietude é un soño perdido,
Un vehiculo despistado
Estrélase contra un muro de pedra
Dura e inesgotable
Namentras os politicos incorrectos
Amárranse a un poder que non lles
Corresponde. Entón a verdade
E un mentira constante,
E a verdade e un ente abstracto,
Casi que non existe.
Cando me convén digo si,
Cando non me conven digo non,
Mais, por desgraza, e para mal
Xenérico
Nunca digo a verdade que pesa,
A verdade real con letras ç
Maiuscúlas.
Entón xenérase a falsa filosofia,
Dos interese creados, da
Continuidade
Da farsa constante.
E o vento retoma a súa potente
Forza inaudita
Arrinca amarras, de novo,
E o ser humano mais feble,
E o que máis sofre.
A galerna derruba sen piedade,
A calma fai a vida mais doada.
Sobran os días de tronada absurda.
Reinvindico a poderes ser o que eu
Son, sin ser manimipulado pola
Absurda mezquizdante.
Asumo o que son,
Pero ti, tamén asume o que tes facer
Sen culpar ao mundo alleo que non
Te pertence por sorte.
Se, ti mesmo, e arrinca de ti esa
Tempestade interior que contigo
Remata.
Miguel Dubois.
link. enlace http://mundodesalvora.blogspot.com http://mundoillainsuinamicaelarons.blogspot.com http://omundodeonsrepublicaindependentedomar.blogspot.com ,LITERATURA É UN MUNDO MARAVILLOSO. A POESÍA E A PARTE DA LITERATURA MENOS LIDA. DESCUBRE, ATRAVESO, DO UNIVERSO POÉTICO E MIRA O MUNDO CONTANDO A REALIDADE CUNHA LINGOAXE ATEIGADA DE BELEZA. BELEZA UN CONCEPTO UNIVERSAL, CON DÓUS POLOS: BELEZA INTERIOR E BELEZA EXTERIOR. A IMAXE NON É O MESMO QUE O CONCETO DA BELEZA.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario