Pontevedra, ao 4 de novembro de 2008.
A MIÑA QUERIDA FAMILIA DA POVOA DE VARZIM E LEME.
Grazas pola túa bondade máxima,
Polo teu corazón aberto ao mundo.
Grazas pola túa bondade destinada,
A apagar o frío do desamor.
Grazas polos teus paseos deliciosos
Até a Vila do Conde ou até Ao-Ver-O-Mar.
A Povoa estaba fermosa e o ambente ateigado
De lembranzas, namentras as nosas palabras ceibas,
Ivadían o ar supremo e luminoso
Da bela vila costeira.
O mar mesturaba a súa beleza constante,
Prata acuática suprema,
Antre a beleza da súa luz,
E o escume branco coma a neve derretida
Namentres a miña querida familia,
Encendía unha fogueira de lembrazas queridas,
Tí e máis eu paseabamos pola fermosa Praza da Almada.
E unha tarde dun sábado o teu amigo e máis tí,
Meu querido primo fitababades os vosos ollos enteiros,
Na pantalla dun televisor grande,
Namentras os pilotos facían os seus perigrosos entrenamentos.
E no día seguinte non puidemos decer: gañou Filipe Massa. Mágoa!
E a maxía do tempo enteiro
Levounos ao lugar lindo de Fao.
Grazas por todo,
Mais eu non podo de deixar
De qerervos a todos
Miña querida familia da Povoa de Varzim e Leme
Moitas grazas polo voso amor tan querido.
Miguel.