Vaia para VANESA, co meu cariño, como non!
Na mañanciña ventosa
A rente da fonte da vida,
Todo un futuro impreciso,
Nace a femosura do novo día
A lúa chea e as nubes de gris blanco
Va cedendo espazo
A fonte luminosa do día.
O día por diante
A vida por diante
Na noite queimáronse
Os derradeiros amores,
Sendo testigo
A pouca luz habida
O son do vento forte.
Era un lugar tranquilo
Unha praia deserta
Chea de luz intensa e natural
As cinzas na morta cacharela
Parecían estar acesas
Lapas vermellas, marelas e azuís.
O vento perdido
No suspiro da noite.
Noite de troula
De faros acesos
De oios pechados
Tempo gañado ao tempo.
Amor corrente,
Bico quente
E buscar, sen sosego,
Nun diccionario esquencido
Al derredeiras palabras perdidas
Para, fondamente, amar
Na máis pura dimensión espida.
Amar polo día
E amar pola noite
Esquencer o medo fondo
Maldicir a xenreira maldita.
Cubrirme cóas pequenas cousas
Da vida cotiá
Encherme de vida
Cubrirme de amor.
Miguel Dubois.