AMOR E DOZURA É VIVIR
|
Pontevedra, ao 2 de novembro de 2008. DE CERTO Ábrete amencer enteiro, Estourido de lus cotiá. Erguémonos torpes medio adormecidos, Temos por diante toda a xornada laboral, Ou ben para maldecer, Ou ben para decorar as palabras absurdas. Bendita sexa a verba bonita, Carente de beneficio e absurdo egoísmo. Érguete no mundo que é mundo enteiro e verdadeiro. Afronta con valentía a verdade, que, as veces, dóe. Afástate do mundo hipócrita, deconsiderado e cobarde. Xúnguete aos intres belos do día enteiro. Rexeita a falsedade total ou parcial. Xente de corazón vendido, Xente de baixos principos, Que mágoa atoparme no mundo contradictorio, Máis eu non son superior a ninguén, Son o que son, Son unha mestura de mal e ben, Son un ser humano corrente. Amo a vida enteira Con toda a miña forza posible. Non podo admitir Un mundo valeiro de principios elementáis. Como podes sosterte na falsedade, Como podes asentarte Se non tes base coherente. Onde vas de mentira a mentira. O teu rañaceus de palabras incoherntes Ficará na nada absoluta. Miguel Dubois | |||
|