martes, 2 de junio de 2009

INTEGRACIÓN E DESINTEGRACIÓN


AMOR E DOZURA É VIVIR



      INTEGRACIÓN E DESINTEGRACIÓN.
        A simple vista, "desintegración" sóa moi mal, cáseque coma a desintegración do atómo de hidróxeno, ou bomba "atómica" fenómeno devastador, destructor que hoxe en día andan en probar na Corea do Norte. Países como India  e Pakistán, teñen a estes artefactos atómicos como elementos de ameaza ao resto da humanidade. O que destrúe  e ameaza ao outro ou outros carece dos más mínimos conceptos da Integración, tendo un odio fondo a súa ememigo, e entón desintegra vilmente, destrúe pero , ao memsmo tempo, esquenceu o feito integrador e os malos sentimentos apodéranse do que gañou a "guerra" por mor de que o odio apoderousa da súa maneira de pensar. O que nun intre foi o seu amigo agora, é o nemigo, incurrido nunha total inversión de valores. Os elemetos da guerra cómo feito destructor, non ten disculpa no ser humano, convertíndose algúns seres humanos en elementos torturadores, que queran degradar "enormente" ao ser humano. Cando os sentimentos de odio e vinganza, son os donos da nosa maneira de ver o mundo no mundo, convírtenos en seres despreciable e sádicos.
       As nosas sociedades occidentais, están mutando en forma competitiva, no que os cartos créese que é o elemento fundamental, da nosa vida, e aínda, por enrriba, esquecémonos de quen somos, perdemos, a nosa propia identidade e aplicamos roles que non son da nosa competencia. Todo o escrito nas anteiores liñas lévanos a facer o papel de que non estamos na vida, facemos o papel de...pero, quizáves, nalgúns casos non admitimos o que somos, e nos refuxiamos en falsas conductas anticreatrivas, e devastaros usando a palabra como  arma da palabra irreal, a palabra que quere ser mais non é máis cunha palabra disfrazada, ateigada de moitos complexos, por falla  de inmadurez da persóa, teña a idade que teña. Cando ese home actue ou esa muller inmadura adulta, non acepte o que é, é decer a falla de madurez en aspectos do súa conducta, sempre, será ese home ou meller "inestable", "inseguro".
  Cando il ou ela  se integre a se mesmo, cando recoñeza esa parte que lle dóe , máis non recollece, liberarase da carga emotiva, que non é máis que un elemento perturbador da súa personalidade. Sabemos, de sobra, que non e bom agachar pantasmas no noso interior. Debemos evadir os fantasmas internos, desafogar e comunicar a un amigo  ou especialista o que nos ocorre.
        O mundo aparente e un decorado exterior do que quixeramos ser mais non chegamos a ser. Aquel que vive por enrriba das posibilidades estase facendo dano a sí e aos demáis.
    Toda conducta "prepotente" é a carencia de sentimentos de amor, somentes o fin é "avasallar", dominar de xeito falso, chamar a atención, volver a ser ese actor, que fai unha función teatral desagradable, nada máis có fin de degradar, de facer dese mal estilo de vida, unha falsa vinganza, unha despersonalización total. Provocar é facer dano, mal querer, é unha feito desintegrador; se integramos queremos e nunca expulsamos, por iso é tan importante incluir, querer, agarimar e dar amor.
       Hai procesos mentaiss que están agachados no no noso subconsciente, e que creáronse na prenatalidade ou postnatalidade, e, que, se súpeto, emerxen e saen ao extereior  como feito desintegrador. O desintegrar danos a oportunidade, para aprender, para saber como eu, de novo, me podo integrar. Dependerá de min o esforzo persoal para integrarme.Que ocorreu? Despóis facer un análisis de por que estos fenómenos "duros" fanme compaña e logo, chegar a min.
    Quixera dar as grazas a Carmen Novoa,  grande coñecedora da Psicoloxía Profunda, da que aprendín todo o que escribín e a seu fillo Cesáreo Hernández. Nunca é tarde para aprendre, se queres aprender. As portas do coñecemento non están pechadas, somentos peta , abren en adinte.
                    Miguel   Dubois

sábado, 30 de mayo de 2009

DAÑE VIDA Á LEMBRANZA

AMOR E DOZURA É VIVIR



DAÑE VIDA Á LEMBRANZA.
 
O tempo longo ou curto acumula
 
Máis tempo. Unha longa vida feliz,
 
A triste testemuña do sofrimento
 
Aberto que dabondo sanda vermello.
 Abreuse o tempo, dilatóuse
 Fíxose unha cantidade definida,
 Polo criterio persoal vivido.
 Coma chegar ao fondo da
 Lembranza, habitante do pasado,
 Aquel tempo que eu quixen,
 Que non rematara,
 Un tempo para constuir,
 Espazos temporales diversos,
 E crear o arbol ateigado de froitos
 Vitales e contundentes.
 Unha  serán soledado perdido
 No mundo da memoria
 Onde todo fica a pesares
 De que parecía algo rematado.
 Emerxe potente e poderosa,
 Un mundo da lembranza,
 Cando os dous bícávanos,
 Con toda a fora e dulzura
 Dunha idade máxica pasada,
 Pero, que aínda vive,
 Burbullas das lembrazas,
 Campos de verde millo,
 E o verán que deixei de
 Ser inocente e acudía ao
 Perigro da inconherencia puberal.
 A tolemia temporal
 O despertar sexual,
 O desexo constante,
 Tocarche dabondo
 E bicarche fondo
 Atá a cabeza perder,
 E o vento sen enterarnos,
 Penteaban as follas verdes
 milleiros, verde penteado do campo.
 E as espigas envainadas
 Ata que chegara a hora
 Da recolleita de tan fermoso millo
 Amarelo e dourado, longo e
 perfecto duro e dourado
 E sentir polas nosas mans o agarimo
 Daqueles graos perfectos.
 E o son de como caían
 Nun tecido torpe e duro.
 Coma a vida avanza,
Uns vannos deixando fonda tristura,
 Amaragura fonda  e firinte
 Pola súa ausencia e presencia,
 E nos afundiamnos na súa memoria
 Grata e placenteira
 Pensa no que pasaches,
 Pensa no disfrute querido.
 Pensa onde fican os límites
 Que son pertinentes,
 Que desa liña non se pasa,
 Alí afíxose o  teu límite.
 Maís aló do valado din
 Que existe unha fronteira
 Descoñecida.
 Que ninguén coñece.
 Se, sempre, valente máis
 No invadas o terreo alleo e
 Descoñecido.
 Habíta, fondamente,
 Sosego quero para quererme,
 E canto máis me habito,
 Máis che quero,
 Gardándo as nosas idenditades
 Propias e no me posúas
 Coma a gaveta dunha mesilla,
 Que descansa a beira
 Dunha cama ateigada
 De lembranzas inesquencibles.
 
 
 
                 Miguel  Dubois
 
 
 
 
 

domingo, 24 de mayo de 2009

SÉ TÚ

AMOR E DOZURA É VIVIR



Pontevedra, 24 de mayo de 2009



SÉ TÚ.

Tengo que decirte unas cosas decisivas,
Sugerirme cientos principios,
Olvidarme del sufrimiento propio
Producto del maltrato ajeno.
La herida abierta me duele tanto,
Me duele el dolor de tanto doler.
No pronuncio palabra alguna
Gimo en la distancia perdida,
Busco los verbos más arbitrarios,
Lloro cuando toca,
Cojo el blanco pañuelo
Y me hundo en el fondo abierto.
Que mayor herida abierta,
Que el fruto de la mentira predilecta.
Que disparo mortífero antes de tiempo,
Me duele el amor tanto,
Tanto me duele entero el amor.
No quisiera ser víctima débil,
La verdad brilla en medio de la noche,
Farol nocturno, enséñame el camino recto.
¡Que importa que sufra!
¡Que importa que de pena auténtica se muera!
Dicen, las malas lenguas absurdas,
Que se hizo de una banda malhechora,
Con cierto aire satánico, un tanto atrevido,
Dicen las absurdas manchadas lenguas.
Pero acepta el castigo impuesto,
Quizás se lamente, pero no miente.
Dicen que le dá por leer a Charles Baudelaire,
Y dicen, también, que, también, que lee a Marcel Proust,
Y que es un amante de los cuentos
De Edgar Allan Poe.
Dicen que dicen, pero dicen que nada,
Es cierto de lo que dicen.
No llaman a las cosas por su nombre,
Se quejan por lo de aquí,
Se quejan de lo de más allá,
Dicen que quejarse es mal vicio,
Vivió ignorante de querer saber,
Y carecer del mínimo conocimiento.
Inventar mundos inexistentes,
Soltar al aire contaminación,
Esos globos mentirosos que enseguida explotan.
Quéjate, si acaso del miedo mortífero,
De la angustia constante,
Del ser humano asesinado a traición.
Quéjate de la violación de los derechos humanos.
Quéjate cuando te hagan daño y te hiera fuertemente,
En lo más adentro de tu corazón interno.
Reivindica la justicia robada.
Reclama la libertad que te pertenece,
Exije tus derechos elementales,
Cumple con tu obligación cotidiana,
Pero nunca traiciones al que tengas al lado.
Encuentráte a ti mismo,
Consecuentemente, reálizate,
Colabora con toda la colectividad,
Sin excluir a un sólo ser humano.
Reconoce tu culpa correspontiente,
Y no inventes lo inexistente.
El lenguaje cambia, demasiado,
Loque era mentira fue verdad,
Y lo justo fue una tremenda equivocación.
¡Qué extraño mundo convulso!





Miguel Dubois.

REFLEXIÓN NOUTURNA CON TEMPORAL

AMOR E DOZURA É VIVIR
                                                            POEMA enviado a ALBERTO AVENDAÑO,
                                                           COMPAÑEIRO  E AMIGO MEU DE ANDANZAS
                                                           POÉTICAS E TEATRAIS.
                                                           HOXE, ALBERTO, VIVE EN WASHINGTON,
                                                          ONDE DIRIXE "EL TIEMPO LATINO", QUE VEN A
                                                          SER  O WASHINGTON  POST EN LINGUA CASTELÁ
                                                                          

Pontevedra, ao 5 de marzo de 2009.


REFLEXIÓN NOUTURNA CON TEMPORAL



Noite peche e moura,
Corgo negro aSulagado no escuro,
Noite do furacán ventoso,
O lobo ouvéa, constantemente,
Namentras penso na miña total impotencia
Ante a fortaleza da Nai Natureza,
Surtidora de ventos fortes,
Aire en movemento tremendo e desmesurado,
Tronadas tremendas,
Noite de intre luminosos,
Sustos contidos,
Lóstregos azúis.
Nai Natureza que o froito e alimento,
Dasnos ainda que o noso trato a Ti
É unha incorrección constante e perversa.
Planeta Azúi e fermoso,
Perdános a nosa constante iñoranza
No fondo da verdade secustrada.
Unha agreasión de cara ao Mundo Futuro.
A noite moura faime pensar,
Na tristura fonda que me habita,
Ante o mundo falso,
Que pretende habitar un deserto constante,
De amor continúo,
Corazóns secos e valeiros das fontes amorosos.
Do amor que habita, por sorte no meu interior íntimo,
Segredo gardadi de inocenza pura,
Que pretendo compartir cós meus seres semellentes,
Falando un idioma comprensible,
Facendo das linguas físicas desertos para insulto.
Porque non agarimar a palabra,
Porque non transmitir un anaquiño de paz, alomenos,
Porque non facer e construir un sociedade solidaria,
Porque, cando podemos, facer uso da risa verdadeira,
Da que se sinte que te aleda a túa vida,
Coma expresión facial aberta ao mundo da ledicia.
Modera a túa linguaxe pervesa,
Aquela que dóe e fae dano,
Dañe a man ou un bico ao irmán querido,
Ao condeado iñocente,
Condea a inxustiza,
Sentimento humán perverso,
Que espera o castigo correspontente, inxustamente,
Perdóa ao teu nemigo,
E en ton enérxico dille:
Basta xá! e mira pra avante,
Que a vida segue e o tempo non para,
Uns deixan seu vieiro vital,
Longa viaxe,
Para descanasar por tódolos tempos,
Despóis da seu longo combate coa vida.
Outros pola contra,
Miran a lús exterior,
Despóis de longo descanso.
A vida segue; ama construíndo
O amor cotiá.
Rexeita o inútil mundo do odio,
Unha consatante perda de tempo
Que dana o íntimo corazón,
E que fae que o ser humano
Perda o seu elemento máis importante,
A Serenidade Completa,
E con todas as novas forzas
Chegaremos ao límite temporal.



Miguel Dubois

viernes, 8 de mayo de 2009

INVERSIÓN DA VERDADE: MENTIRA

AMOR E DOZURA É VIVIR


INVERSIÓN DA VERDADE: MENTIRA.




No fondo dos teus ollos fondos,
Sospestía unha mirada acesa,
Dun certo desprezo,
A un ser semellente.
Sentín pena fonda!
Preguntéime logo,
Porque así me mirabas,
Pensei que odio non existía.
Guindácheme palabras duras,
Perdiche o senso humano,
E me preguntei quen defenderá,
As túas ideas extrañas.
Porque te separache do verbo amar,
Amar,día a día, afrontar a verdade,
Non soporto a mentira sublime,
Que contradicción perversa!
Que traizoa a verdade querida.
Amarga teño a boca,
O pensamento libre
A feito miserento e inexistente,
Mais atacan polo baixo,
Secan as fontes da auga clara
Teñen a mirada seca,
E os beizos tensos
Coma fío de tanza tirante.
E cando se quere construir,
O verdade enteira,
Un acto benefector,
Voces vociferan tremendamenta.
Como facer e construir,
A verdade, necesario,
Como facer do mundo cotiá,
Un lagar non extraño e habitable.
Se acaso deíxame ser un ser ceibo,
Non afeito a estructuras matemáticas,
A ciencia de facer o ilóxico lóxico.
Como cubrir as palabras perversas,
Como xerar o feito de construir,
Traballando libre, correcto
E conciso. Non me fales,
Dos contos inexistentes,
E non me digas as habituales mentiras.
Dame anacos de verdade,
Contrúe, a conciencia o mundo verdadeiro.
Non valen invencións inútiles,
Fora de lugar, amárrate ao hoxe,
Non fiques ancorado nun inexistante pasado.
Xa pasóu, amigo, xa pasou,
Ergue a túa pesada áncora,
Vente ao tempo de agora,
Alimenta o teu corazón sabio,
Sabedoría recibida do mundo alleo.
Habita en tí, non sexas,
O que non eres.
Habitáte na máis pura dimensión humana.
Abre o teu corazón ao mundo exterior,
Recoñece os erros, a miudo,
E acertos, de cotío.




Miguel Dubois

jueves, 7 de mayo de 2009

UN MUNDO TURBIO

AMOR E DOZURA É VIVIR




Pontevedra, 6 de maio de 2009.


UN MUNDO TURBIO


O silenzo constante,

Domina a maneira absurda,

De estar no mundo extraño,

Estou sen estar,

Por estar como un ser absoleto,

Coma un paxaro prisioneiro,

Que é dono da súa falla total

De libertade desexada,

Sentimento constante opresor,

Que che oprime no peito dooroso,

Unha gorxa seca, un sentimento amargo,

Unhas palabras torpes e inauditas,

Son o paxaro engaiolado,

Que perdeu o desexo cantor.

A ledicia roubada.

Asumo a miña prisión incalificable,

Desexo liberarme

De todo aquilo que me oprima,

Dor habida por inicios enórreos,

En situación de perda

Da personalidade propia,

Froito manipulado, cobardemente,

Polo mundo alléo,

Víctima manipulada.

Que constante pena,

Cando no me interior torpe,

A pena medra, sen xusticia.

Teño unha pena negra

No fondo escuro e negro.

Do meu partido peito..

Roto está meu peito.

Cal é o senso real e puro,

Da verdade intrínseca?

Onde morren os dereitos libres

De cada un de nós como seres humanos?

Que é o dereito persoal?

Cal é o dereito colectivo?

Con que criterios absurdos,

Barénmase os principios solidarios?

Cando faremos do verbo amar,

Unha constante vital,

Intríseca per sé a cada un de nós?

Cando confesarás ese secreto trémulo

Que che atormenta,

Que desfae o teu interior deformado,

E que ao mundo alléo castigas

Con suma perversidade,

Carente do máis pura lóxica,

Se é que o mundo lóxigo,

Pasa a ser o pasado filosófico..?

Eo tempo vainos pasando,

Ante crises económicas,

Substracións indebidas,

Corrupción política,

Demagoxia increíble,

E o virus da gripe a.

Os xoves africanos arriscan

A vida adolescente,

En fráxiles embarcacións,

Fletadas por extrañas mafias do Magreb.

Governos do rico continente negro,

Estas liderados por seres corruptos,

As diferentes etnias dun mesmo país,

Enfréntase armados por mor

Do odio mortal e a división continúa.

Mais, as veces, pregúntaste,

Porque teñen que suceder

Os acontecementos máis perversos,

Desta humanidade globalizado,

Que nun día gana millóns de dólares,

E noutro día non se sabe canto

Cartos perde, alomenos, aparentemente.

As industrias diversas pechan,

Ou ti soñas e que xan non hai moitos

Soños factible, que che poidan

Motivar, como home amante

Da xustiza roubada e da perda

Da paz estourada.

Que non recure ao feito aparente,

Para dicir que é algo,

E somente é unha apariencia,

Que ten valeiro o interior,

Aquel corazón que debería ser

Unha fonte continúa,

De sentimentos solidarios?

Que absurda contradicción.

Que cando un cidadan deste mundo,

Declara a paz roubada,

Hai outro ser distinto,

Que quere facer a guerra horrososa,

Aquela que non perdoa as vidas presentes

Para facer todo un mundo triste,

De morte inútil

Namentras o cabalo da Morte,

Galloupa velozmente.

Que grande pena, apéname.




Miguel Dubois

sábado, 2 de mayo de 2009

ARTIGO..ALMA ESPIDA

AMOR E DOZURA É VIVIR



Pontevedra, ó 2 de maio de 2009.


ALMA ESPIDA.


Cando falamos de "alma", da a impresión, que estamos a falar dun concepto, "puramento; relixioso, ou quizáves espiritual, que dito sexa, de paso, non todo fenómeno "espiriual" ten que ir da compaña do feito relixioso, ainda que haberá xente que diga que a miña "afirmación" carece de sentido. Tí podes ser espiritual, sen pertencer a un determinado credo relixioso. Non me estóu a menter nese desagradablemente, e costume mala, de etiquetar aos seres humanos. De mirar que é máis listo ou valente que.De mirar quen está condecaorado máis de supostas bondade, de conceptos "abstractos", non percibidos en outros dos seres humanos vivintes.
Dame a impresión de que queremos ir acompañados de nomes fermosos ou adxetivos maravillosas, pero cando toca falar da parte non doada da vida, O sufrimento ou semellante, infirmidades, que existe, ahí cústonos moito escoller os adxetivos "malos" que nos pertencen. Somos todos nós, por acaso, criaturas maravillosas e benéficas que, somentes gústanos facer o "ben". Non collece a nosa personalidade "interna" e "íntima", OS chamados "mundos erróneos" ou a Filosofía do Mal. Somos Santos Santuróns, que, somentes, sabemos facer "cousas Bóa"? Onde está as fronteiras da convivenza "solidadaria" do bom vivir? Porque existen como "fenómeno extravagante" ou "inxusto" a mundo da vinganza, do odio ou da xenreira? A falla de comportamente democrático e social, que rompen a armonía esta liderada por persoas, que realmente, iñoran , quenes son en realidade. Porque? Porque non queren investigar O seu foro interno, e como no chegan ao seu pleo coñecemento, porque rexeitan a súa plena identidade, manteñen conflictos constantes cós demáis, e sempre, creénse posuidores da máxima verdade, chegando "patoloxicamente" á descalificacíón perversa, perversa, porque canto máis sexa descalificativo empregado, parece ser que o suxeito en custión síntese máis realizado. Examinado O escrito direi que a persóa, que, supostamente, enriquécese por medio do mundo "maléfico, é un sádico , dado que provoca o rexeito do outro, o que , as veces, prodúcelle un "placer Grande". Coñecín unha persóa, que tiña a táctica que sempre trataba, publicamente, claro, de porme de mal humor. Chegados a este intre, esta persóa cando miraba que eu "bufaba", diante de todo O público asistente, ríase do que escribe.
A perda armonía e a iniciación dun conflicto e das consecuencias que elo poidera ocasionar, é abir O vieiro ta "trifulca" e desenrolar un certas conductas cheas de perversidade. Sóe, nestes casos, facer uso, DA descalificación continuos, e utilizar O que supostamente, que estivera mal visto, pola comunidade,OS supostos defectos da persóa atacada.
Existe, tamén, a formación dun grupo de ataque, que inventa e desiventa, e desvirtúa O mundo real, entrando na máis pura demagoxia no que cási todo "vale" e a mentira é utilizada de xeito frecuente, convertindo todo O medio exterior ao Grupo de presión, coma instrumento a usar por un "clan pechado". Os intereses fundamentais laborais quedan desorientados, e os seres febles, ou, os máis febles, son OS pagadores dos feitos "reais" non desexados. A verdade é metamorfoseada kafkaniamente, e impera a filosofía do egoísmo, que abondará no crecimento de "supostos" beneficios para un clan dominador.
Se analizades O que escribo, TODO É UN GRAN DISPARATE. Porque os "intereses" persoáis de determinados individuos, quedan desfeitos e estos individuos, teñen que abandoar, o seu propio mundo laboral?
Os centros de traballo "deberían " ser Centos, plenamente, democráticos e non creadores de trifulcas. A trifulca ten toda una xénese, dende o principio atá ó seu fin. O caso é sementar a trifulca e ao longo do tento o desenrolo desta conducta meniféstase en fases máis febles ou fases de puro "cabreo" no que unha das partes afectadas, remata sendo un artefacto explosixo, falando en metáfora. Este individuo chega a este estado "explosivo", porque dase de conta que se segue a traballar nas bases máis falsas e carentes da mínima iniciativa.
Chamo ALMA ESPIDA, ao artigo, porque cada un de nós debería mirar ó seu mundo interior, de forma crítica, aceptando todo aquilo que é aceptable, pero rexeitando, todo aquilo que é refutable tanto como para o mundo alléo coma nós mesmos. Todo ser humano pode equivocarse, pero todos debemos recoñocer a natureza "exacta" do noso erro. É doado botar a culpa ao que temos na fronte, pero se así non fora, é xusto facelo? De aquí nace mundo DA manipulación, baseado en conductas que son reaies mais que non son certas. Da manipulación nace a deformación do mundo real. Unha cousa é como é o mundo, nun mintre determinado, pero outra moi distinta é coma ten que ser, verdadeiramente, sen manipulación e absurdos tapuxos.
Todo isto é aplicable ao munda da Economía, pero tamén, á Socioloxía.
A Socioloxía débese basear en conductas solidarias e mirar pola sociedade en xeral, e non condear, e facer de falso xuiz, a ninguén.
Toda conducta con afán protagonista, egoísta ou conductas non desexables, carecen de elementos verdadeiros ou fiables. A conducta que quere facer dano ao mundo alléo, ten un desequilibrio social, que está agachado na propia personalidade da persoa.
Facer unha socoidade xusta, equitativa e demócratica é uns dos grandes retos que temos hoxe en día. O desenrolo da personalidade do individuo e o desenrolo das capacidades individuais de cada un dos membros da socoedade futura, facendo de todo este futuro, cidadáns responsables cun grande concepto da soliedaridade e respecto aos dereitos individuais da persóa e da sociedade. En ningún momento, pódese permitir, que este desenrolo do indivuo e da sociedade sexa freado ou equivocado. É necesaria a revitalizacíón de todos os valores humanos, dós seus dereitos e dos seus deberes.



Miguel Dubois.

jueves, 30 de abril de 2009

PRIMEIRO DE MAIO

AMOR E DOZURA É VIVIR



Pontevedra, ao 29 de maio de 2009.



PRIMEIRO DE MAIO



I



Maio lindo e fermoso,

Chama a porta feble,

Con forza suprema.
Abriremos o maio amado,

Pidindo xustiza e liberdade,

Para os traballores do mundo enteiro.

Xuntarémonos nas prazas antigas e novas,

Antes de data e ateigalas enteiras.

De mans ergueitas

Co puño pechado,

Como simbolismo da clase obreira.

Xustiza, pediremos,

Traballo queremos.

E desexaremos liberdade plena.

Condeamos aos desertores,

Dos dereitos humáns,

E, a tí, Presidente Obama,

Parabéns polo pechamento,

Da factoría do sufrimento

En Cuba, de Guantánamo.

Sexa benzoado a virtude do amor,

Sexan condeados os ladróns,

Vestidos elegantemente,

Que ao o Estado Noso,

Rouban con toda desvergoña.

Xustiza non sexas unha palabra espida,

Un deserto de xustiza.

Xustiza que o habitante feble,

Non se sinta avergoñado,
Polo abuso dos que rouban

Con luvas brancas e sedosas.
Abramos as portas ao mundo ceibo,
Pechemos a boca absurda
Dun mintireiro constante,
Que quixera pasar por habitante indubidable
Da causa perfecta,

Con efecto as resultas

De poderío económico, inmerecido,

Consecuente para el

E inxusto para os que habitan
A Vila de Xustiza Pura.
Namentras escribo,
Estos versos perdidos,

No Universo da Palabra.



II



Pódovos afirmar,

Que o gran Mario Benedetti,

Quérenos deixar.

Un soñador uruguaio,

Poeta de profesión constante,

Exilado en España,

Por mor dos excesos uruguaios

Daqueles tempos miserentos.

Home sinxelo e tranquilo,

Con miraba doce,
Transmisor de Paz constante

E aberto ao mundo de poetas extraordianrios,

E cantantes creadores

Da máis pura beleza habita.

Música de Joan Manuel Serrat,

Con poemas de Mario Benedetti,

O Sur, tamén, existe,

Todo un luxo de poesía pura,

Musicado por un gran creador.

Juan Marse, tímido,

Gañou o Premio Cervantes,

O Paraninfo da Universidade,

De Alcalá de Henares,

Era un lugar solemne,

No que no lle foi dado

A Juan Marsé,

Porén foi resistidor

Do protocolo de alto rango.

Que maior culto

Para un escritor que o saboreo

Da liberdade plena,

E sentirse libre,

Como ar invisible,

Que zóa nunha tarde de invernía.

Entramos en maio xa,

Antre dores pasados,

Pesadelos absurdos,

E laios queixumosos,

Que de nada sirviron,

Para saber o que é

O puro concepto da verdade.

E vanse constríndo historias pervesas,

Que queren vender por certas,

Pero a verdade é única,

Nun senso fundamental

E a verade é, tamén, polivalente,

Existen tantas verdades como creenzas,

Peo o sentido existencial da verdade

Única e non polivamente,

E a que debe habitar,

No noso mundo persoal,

Para deste xeito habitar,

O Mundo Armónico,

Que debería de existir.

Non é o mundo habitable,

Un constante cúmulo de

Inútiles falsedades.

Construímos a noso mundo enteiro,

Con noso esforzo persoal,

Transmutado á colectiviadade social

Da práctica do esorzo.

Por eso o día un de maio,

Lairémonos os sucesos tristes,

Pasados es San Francisco,

Pero reinvidincaremos,

Xustamente o noso dereito puro,

Ao traballo inprescincible,

Aos dereitos personais e sociais

Roubados por mor da codicia,

E o dereito a vivir librenmente,

Sempre e encada intre,

Das nosas vidas vividas.




Miguel Dubois.

sábado, 25 de abril de 2009

O FRÍO DA NOITE NEGRA

AMOR E DOZURA É VIVIR


 
O FRÍO NA NOITE NEGRA
 
Rompe con ese xéo lento e frío,
Brancura amarga e penetrante,
Témpano xeado queimador da friaxe,
Abrigo externo que me cobre a pel espida,
Encende o lume da fogueira fermosa,
Lapas de lus azul e amarela beilando ondulantes,
Lapas longas coma linguas quentes e longas,
Invítame a quentarme a súa  bendita beira.
Sol nocturno rodeado de escuridade perversa
Vete e bule e escapa do frío mortífero,
Silenzo permanente e nouturno.
Que sensación tremenda da perda da quentura,
Ausenza da calor vital,
Espanta as tebras do medo fondo,
Fondo dos pozos negros,
Apárta de min este frío tremendo,
Corazón conxeado e insensible
Déixame de esquencer para construir,
Vales fermosos e verdes,
Como existan na bela Irlanda querida
Cunha paisaxe de extensos campos
De herva verde, delicia da paisaxe.
Eu, tamén, igoal que ti,
Quixera querer tanto, e perfectamente
Aparta de min esta friaxe intensa,
Déixame quentarme a túa beiriña quente.
Non me deixes abandonado.
Coma unha pedra dura e senlleira,
Suxeito a cultivar un corazón xeado,
Invítame a participar  da túa calor constante,
Eu, por ter, teño unha mirada fría e perdida,
Espida e constante pero moi fría
As mans xeadas coma se non tiveran vida,
Dame a túa man quentiña e liviana.
Invítame a participar da túa calor constante,
Arrinca de min este Imperio Xeado,
De door constante e medo confuso,
Dame a ledicia roubada,
Por aqueles individuos,
De corazón frío.
Mágoa! Malditos sexan os bandidos voraces,
Aqueles que derruban a verdade concisa,
Coa palabra inconcisa e tremenda.
Teñen frío corazón,
E longa lingua iñorante
Coma a neve nos brancos cumios outos,
Sentimentos fríos coma un inverno puro,
Levan frío no corazón cobarde,
Teñen o medo de sí, perversos,
Constrúen as verdades inexistentes,
Firen a sensibilade allea,
E fican ledos os perversos iñorantes.
Mágoa! Maltita sexa a mentira maldita,
Malpocado cidadán mentireiro
E torticeiro, é coma unha inversión absurda,
De valores verdadeiros.
Que frío teño, muller linda,
De lindos cabelos longos
Porque non me das un cachiño pequeno,
Da túa calor forte,
Insufla o meu amor doído,
Arrinca de min toda esta pesadumbre inmerecidade
Deixame a tí amarrarme enteiro,
Coma un naúfrago mariñeiro que quixera
Amarrarse a un salvavidas redondo e de cortiza
A tristura constante é a miña dona enteira.
Como invadir teu corpo enteiro,
Como xunguirme a ledicia pura,
Como esquencer a door dooroso,
Que fae queimar de door o curso das miñas véas,
Ríos longos dadores de vida pura.
Como evitar o laio duro,
A constante lavazada tremenda
Que reventa ao silenzo particular,
Do ar ateigado de medo perverso.
Como esquencer a tristura queixumosa,
Como non me invitas a falar,
Do mundo ledo, da vida enteira,
Aínda que se por for fora,
Un sorriso falso e atrevido,
Alomenos sorriso ledo.
Quixera que me invitaras,
Claro está, se tu quixeras,
O ser imitador dos teus perfectos sorrisos.
Quixera, que me axudaras,
A esquencer as noites negras,
A ensinarme por onde é
O camiño da bella lus,
Quixera esquecer, por sempre,
O mundo escuro,
A pantasta nouturna que manca, dabondo,
Ou as casas derrubadas.
Porque lugar se colle o camiño,
Por onde se ergue a lus do día,
Bágoas e bágoas caen no corazón triste,
O vento forte brúa,
O choiva fría bate fortemente,
Detrás do vidro da fiestra.
O furacán chama á defensa,
De tan brutal combate nautural.
Alomenos din:
Despóis da tempestade ruín,
Chega a amada calma.
 
 
 
       Miguel  Dubois
 

viernes, 24 de abril de 2009

TO CHUS WITH MY VERY OPENED BLUE EYES SITTING IN A CORNER, LOKING AT THE BLACK FLOOR OF A NARROW STREET

AMOR E DOZURA É VIVIR

To Chus with my very opened and blue eyes sitting in a corner, looking at the black floor of a narrow street.




2004-07-16.

I SUMMER





I feel this intensive wild wind

When I can see your free hair

Streaming in the wind

Like a blonde pony tail

And your smiling eyes

Are drawing

On the clear surface

Of this small pool.

Today you seem different

You are like the free bird

Dancing in the broken air

Of a bored afternoon

Lost in the precise time

Of a beauty summer

Ouh my pretty summer!

Ouch my delicious time!

Where are you and

Where are you from?

I am the king of the good weather

And I am from the bright sun.

An illuminate country

In which one the nights do not exit

See always the intensive light

The lake of light, which the sea is

And think about the summer time

The blue bird does not stop

With its slowed and delicious song.



II


The darkness suddenly disappeared

All the things I could see

Seemed alive

Because the brilliant light

Overwhelmed the sweet atmosphere.



III



And for all the words had been written

I like summertime.




Miguel Dubois.

PRÓLOGO PARA MARÍA

AMOR E DOZURA É VIVIR
Pontevedra, ao 22 de decembro de 2005.
Benquerida María: a obligación e o gusto xúnguense nesta a miña sinxela laboura do traballo da palabra escrita, esta marabillosa acción, que para min significada desprenderse de min mesmo, e decir o que eu sinto neste longo respiro vital, as veces, limitado, ou sesgado polos acontecementos que nos desbordan e transfórmannos en seres, totalmente, limitados que de un xeito ou outro, dicen: estou eiquí e existo, dame un pouquiño da túa existencia que eu tamén quero sentir o vento que agarima a miña faciana en días nos que o vento forte, perde a súa mesura e a súa forza é coma un cabalo salvaxe, dos Montes de Oia, galloupando nas transparentes azas do vento. O mar gris, tremendamente, enfadado bate con toda a súa brutalidade espida contra as rochas gastadas ás os que o mar, coma froito de moitos séculos de traballo vai dando formas caprichosas, a rente dunta estrada con moitas curvas a beiras dos cantiles ónde a branca escuma son bágoas deslizantes nas fadulas das rochas ónde a door do tempo transforma, lentamente, a fisonomía do pensamento humán. Ti es ben coñecedora das paisaxes ás que me refiro. Pon os teus ollos fixos e cravados nas Illas Montañosas que perto, non tan lonxe, miras; parecen poderosas paredes que navegan pero da terra rocosa, terra de cantiles, escuma dabondo, ondas delirantes de formas caprichosas e alí Baiona, Baredo, con todo o poder da Natureza, amósase implacale, fermosa, adiántase ao mar, lugar dun poderoso castelo, femosura dunha paisaxe que se perde polo camiño do vento e que se gaña a luz implacable dun día feliz. As Illas Estelas, rodeadas de branca escuma, pequenas, cunha certa ledicia de pequenas Illas esquecidas nun anaco de mar. Monte Ferro, poderoso, antergo, todo un luxo de luminosidade fonda e asumida no valor da paisaxe que emerxe con toda a súa forza na retina dos nosos ollos atónitos ante tanta beleza remusida nunca área restriñida a beleza continuada.
Podo escribirche, dabondo, se eu quixer, da fermusura da longa Praia América que fica en min coma unha lembranza permanente, froito de amores pasados, Chus, os meus primeiros amores, os amores máis misterios, nos que deciamos, daquela, adeus ao mundo da infacia para entrar no eido do misterio do corpo femenino, e para elas adentrarse no mundo masculino, quizáves un interrogante placenteiro que ían as dúas, cada unha no seu intre desfollando coma unha linda margarida, deitada no verde absoluto de Monte Lourido. As novedades que iamos descubrindo dos nosos corpos e o torpe temblor da miña man de adolescente, cando quería acariñar as mans de Chus ou súas meixelas entre bermello e brancas. Totalmente estábame prohibido darlle un bico de amor. Eu non coñecín os bicos dela, non sabía o seu sabor máis de seguro serían doces coma a mel que as avellas deixan nas súas celas. Ana e máis eu, coma xa che dicen algunha vez, facíamos longos paseios amorosos até Baiona, cando eu tiña 17 anos, máis ou menos no ano de 1970. Eran momentos complicados da miña existencia na que, as veces, asumíame nuha fonda melancolía, mais sempre tiven o seu apoio constante e a seu cariño fondo cun senso du amor constante. Xa vai moito tenmpo daqueles tempos doces e amargos, mais en ningún momento, aqueles intres de ledicia e tristura esquécense coma se un paxaro de paso voara nos límites dun serán bermello, intensamente, bermello, no punto máis occidental da fermosa Baiona, ónde o sol inmenso apagará a súa lus natural, e as luces cintileantes da villa turista e mariñeira, serán fachos de luz eléctrica no decurso dunha noite de verán fermoso; a temperatura está tépeda, nen frío nen calor, e as imensas azas de amar queríanse convertir en brazos longos, en máns constantes de acariñantes constantes da espida espalda do ser amado. Tabernas ateigadas de xente, vasos do viño de O Rosal, listos para apagar a sede e encender unha ledicia falsa, transformadora nunha euforia esaxerada. A noite segue un ritmo incontralado até caerme cunha fonda pena que fire o meu corazón medroso.
Comezo da mañá nun día de xulio calquera. Resaca fonda e un gran grolo de auga xeada atarvesa a miña gorxa picante, froito dos excesos. Saída de mañá polas rúas, namentras Gonzalo Torrente Ballester, Carlos Casares e outros notables escritores abondan nas súas tertulias da sediciosa Baiona. Vai xa algún tempo de todo aquilo, mais a vida debe seguir seu curso. As nosas vidas son coma longos ríos afastados do mar de Baiona, que imos levando as nosas augas polo cauce do noso vital cauce. As augas tranquilas, as augas femosas, as augas tremorosos morrerán nos esteiros hermosos, alá na distancia, ónde os ríos morren e a mar inmensa e fabulaso nace.


Con todo meu cariño:




Miguel

martes, 21 de abril de 2009

CARUMA VERDE

AMOR E DOZURA É VIVIR
Caruma verde
Verde caruma
Canción viva
Que latexa
Enrriba
E en baixo
Coma a longa pola
Dun alto piñeiro preñado
De carumas verdes
Afiadas
Que se deixan
Abanear
O ritmo deste vento nortiño
Nortiño meu
Meu vento amado
Caruma verde
Cabelo de arbore peitiado
Que engaiolas
As Guitarras fermosas
As Frautas doces
Os Bongós africanos
Os Extranos teclados
As Gaitas galegas
E os acordeóns arxentinos
E voces fermosas
Que asemellan
Cantos de anxos extensos
Que nas polas vivas
Dun senlleiro piñeiro
De verde caruma
Cántalle
A lúa branca
Dun verán quedo.
Nos somos a caruma espida,verde
A que loce coa forza da seiba
Nas polas verdes dos piñeiro.

Miguel Dubois

GRAN FEDERICO GARCÍA LORCA

AMOR E DOZURA É VIVIR

Gran Federico García Lorca,

Sonrisa encantada
Verdad distinta y segura
Cantor de las lunas amarillas
Y de los brillantes cuchillos
De brillante plata
Eterno Federico García Lorca
De Fuente Vaqueros a Granada
Hay un camino de penas ocultas
Que gimen en el alma luminosa,
Mientras el Romancero Gitano
Se lamenta por los gemidos encendidos
De dolor y pena.
Se pararon los relojes llorones
A cualquier hora
Pero nunca a las cinco en punto de la tarde
Mientras el miedo
Se convirtió en pánico

Miguel Dubois.