AMOR E DOZURA É VIVIR
POEMA enviado a ALBERTO AVENDAÑO,
COMPAÑEIRO E AMIGO MEU DE ANDANZAS
POÉTICAS E TEATRAIS.
HOXE, ALBERTO, VIVE EN WASHINGTON,
ONDE DIRIXE "EL TIEMPO LATINO", QUE VEN A
SER O WASHINGTON POST EN LINGUA CASTELÁ
Pontevedra, ao 5 de marzo de 2009.
REFLEXIÓN NOUTURNA CON TEMPORAL
Noite peche e moura,
Corgo negro aSulagado no escuro,
Noite do furacán ventoso,
O lobo ouvéa, constantemente,
Namentras penso na miña total impotencia
Ante a fortaleza da Nai Natureza,
Surtidora de ventos fortes,
Aire en movemento tremendo e desmesurado,
Tronadas tremendas,
Noite de intre luminosos,
Sustos contidos,
Lóstregos azúis.
Nai Natureza que o froito e alimento,
Dasnos ainda que o noso trato a Ti
É unha incorrección constante e perversa.
Planeta Azúi e fermoso,
Perdános a nosa constante iñoranza
No fondo da verdade secustrada.
Unha agreasión de cara ao Mundo Futuro.
A noite moura faime pensar,
Na tristura fonda que me habita,
Ante o mundo falso,
Que pretende habitar un deserto constante,
De amor continúo,
Corazóns secos e valeiros das fontes amorosos.
Do amor que habita, por sorte no meu interior íntimo,
Segredo gardadi de inocenza pura,
Que pretendo compartir cós meus seres semellentes,
Falando un idioma comprensible,
Facendo das linguas físicas desertos para insulto.
Porque non agarimar a palabra,
Porque non transmitir un anaquiño de paz, alomenos,
Porque non facer e construir un sociedade solidaria,
Porque, cando podemos, facer uso da risa verdadeira,
Da que se sinte que te aleda a túa vida,
Coma expresión facial aberta ao mundo da ledicia.
Modera a túa linguaxe pervesa,
Aquela que dóe e fae dano,
Dañe a man ou un bico ao irmán querido,
Ao condeado iñocente,
Condea a inxustiza,
Sentimento humán perverso,
Que espera o castigo correspontente, inxustamente,
Perdóa ao teu nemigo,
E en ton enérxico dille:
Basta xá! e mira pra avante,
Que a vida segue e o tempo non para,
Uns deixan seu vieiro vital,
Longa viaxe,
Para descanasar por tódolos tempos,
Despóis da seu longo combate coa vida.
Outros pola contra,
Miran a lús exterior,
Despóis de longo descanso.
A vida segue; ama construíndo
O amor cotiá.
Rexeita o inútil mundo do odio,
Unha consatante perda de tempo
Que dana o íntimo corazón,
E que fae que o ser humano
Perda o seu elemento máis importante,
A Serenidade Completa,
E con todas as novas forzas
Chegaremos ao límite temporal.
Miguel Dubois
link. enlace http://mundodesalvora.blogspot.com http://mundoillainsuinamicaelarons.blogspot.com http://omundodeonsrepublicaindependentedomar.blogspot.com ,LITERATURA É UN MUNDO MARAVILLOSO. A POESÍA E A PARTE DA LITERATURA MENOS LIDA. DESCUBRE, ATRAVESO, DO UNIVERSO POÉTICO E MIRA O MUNDO CONTANDO A REALIDADE CUNHA LINGOAXE ATEIGADA DE BELEZA. BELEZA UN CONCEPTO UNIVERSAL, CON DÓUS POLOS: BELEZA INTERIOR E BELEZA EXTERIOR. A IMAXE NON É O MESMO QUE O CONCETO DA BELEZA.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario