sábado, 21 de marzo de 2009

RÍO LÉREZ


AMOR E DOZURA É VIVIR












Pontevedra, ao 19 de marzo de 2009.

QUERIDO RÍO LÉREZ

Que fermoso te miro querido río Lérez,
Serpe acuática e transgresora,
Longa superficie fluvial
Que atravesas de xeito belo e penetrante,
Esta cidade ateigada de fermosura
Concreta e particular,
Longo, ancho perfecto e animoso,
A túa auga grisácea e, as veces,
Verde escura, ou mezcla de perfectas coores
Tan verde coma as follas das arbres diversas
E plurales, beleza vertical e natural
O cor estoura na primavera pintada
De vexetación polícroma irresistible
Amante da máis pura belleza enxebre.
A beira dos edificios longos
Preparados para impartir sabedoría
Con múltiples fiestras e cristaleiras brillantes
Do Campus Universitario desta Pontevedra moderna
Traballa a xuventude soñadora e realista,
Que afastada queda para min,
Nos tempos deliciosos e máxicos,
Que xa non voltarán a aledar
A miña vida pasado,
A miña hestoria paricular e concreta
Según a hora que o reloxo marque,
Ou o día que a semá sinale,
No almanaque de números ateigado
Están as pequenas arbres cheas de follas rosas
Cubertas da fonda cor que os denomina
Raiñas da arborestería coorida.
Lindo Río Lérez, auga de ledicia,
Remanso acuatico chá.
Muxos prateados e brilantes,
Nadan na liberdade das augas fluviais,
Antre correntes pequenas.
Fervenza branca coma a neve viva,
Descende pola saia de Monte Porreiro,
Con caída vertical de auga branca e crara
Monumento natural en vertical e caída constante
De escuma viva e cortina densa.
No ceu estoura azúl o fondo e fermoso
E os paxaros torpes descansan
Sobre as barandas das pontes fluviais
De dura madeira resisitente.
Os cisnes brancos ou negros
Pasean elegantemente
Pola superfie da auga queda,
Parrulos torpes patalexan
A beiriña da negra terra
Os eucaliptus longos e ergueitos
Apuntan dereitillos ao ceo fermoso,
Coma se foran longas letras íes
Cun chapeu no azul do fermoso
Teito natural e luminoso
Ponto da mencionada letra vertical.
Un avión, sen retraso, abofé,
Vai deixando no ceo azul
Un ronsel branco e fermoso.
O mundo vive a aventura do progreso.
Os homes e mulleres maiores,
Van camiñando pola delicia de longos paseios,
Lembrándose dos seus tempos ledos,
E condenando a tristura do seu pasado de sufrimento.
Xoves montan a súas bibicletas rápidas e ledas,
Con sorrisos constantes e barullo discreto
E facendo piruetas máxicas espectaculares
A xeito de espectáculo gratuito.
As parellas amárranse e a calor enche
O delicioso arte do agarimo,
Agarima a túa beira meu amor querida
Na Illa das Esculturas,
A beira do Río Verde Lérez.
Un fermoso mosteiro de pedra,
Artisticamente traballada,
Érguese na outura da paisaxe,
Namentras unha ponte do ferrocaril
Atravesa de orela a orela,
Coa formación dun arco perfecto
Para que os modernos trens
Froito do progreso gañado no tempo,
Poidan chegar ao destino desexado.
Os piragüistas femeninos e masculinos
Entréan destramente de xeito disciplinado,
Namentras o adestrador severo,
E con voz grave e forte
Da as ordes aportunas
Aos disciplinados deportistas
Que con forza intensa
Agarran o remo longo.
As esculturas torpes e fermosas
Descansan a súa belenza íntegra,
Na súa quietude propia.
As diferentes pontes atravesan,
Insolentemente a fermosura do Río Lérez,
Lérez de tódolos tempos,
Lérez da vela e pailebotas,
Lérez dos barcos de vapor antigos,
Peirao das Corvaceiras,
Longas redes tendidas ao sol forte,
Barrio da Moureira,
Baldes de madeira e metal
Zocas de madeira de carballo autóctono,
Panos na testa,tanta lembranza,
Barrio de carnal pago,
Barrios dos mariñeiros pontevedreses,
Xa non existan na mundo presente,
Coma se fora cuberta que a auga fluvial cobre
A ponte peonil, de forma moderna,
Que racha calquera estructura clásica,
Facendo un tipo de ponte futurista,
Cheo de formas xeométricas e esféricas.
Miro á fronte, fitando a mirada e miro como
Pasan coches grandes e pequenos,
E peóns a rente da barandilla,
Na fermosa Ponte dos Tirantes,
Arquitetura da liña recta,
De rectas tirantes, extensa tensión
De grosos fíos de ferros fortes
Que dan fé da xeometría rectilinia
De tal singular contrucción vangardista,
A esquerda mirando, cara ao Concello de Poio,
Fica o edificio de Maxisterio,
Maxisterio de tempos pasados
De estudos inesquencibles,
Ou de libros de grandes pedagogos
Como Erich Fromn, Freinet, Paulo Freire,
Suchodolwsky, alumnos de Barbiana,
Ou Summerhill.
Maxisterio do cambate universitario.
Agonizaba a dictadura
E comezaba o Mundo Libre e Demócrata,
A dereita, da ponte dos Tirantes,
Un edifico verde vangardista,
Un fermoso teatro vestido de verde
A forma de groso cilindro,
Non de excesiva outura,
Un gran recinto feiral alongado,
Construído no perfecta vangarda arquitectónica
Edificios dabondo colexios de Educación Infantil,
Colexios de Educación Primaria,
Colexios de Educación Secundaria,
Facultades diversas, ensinadoras
Da Esperanza Futura,
Estudantes actuales, futuro en formación,
Campos deportivos fermosos
De verde herba sintética,
Onde nenos e xoves prepáranse,
Por mor do seu desenrolo físico.
Vou camiño da Ponte do Burgo,
Moi bela aínda e luxosamente decorada
Con fermosas cunchas de vierira,
Por mor do camiño a Compostela,
Capital da máis fermosa Galicia,
Sede do Parlamento de Galicia,
Praza do Obradoira,
Con Catedral da Beleza Pura
A Ponte de Burgo é de pedra constuída,
Cun ollos nen grandes nen pequenos,
Na forma de próas ergueitas
De barcos en seco
Arcos deliciosos a xeito,
Ollos abertos a lus pura e deliciosa
De contrucción clásica.
Farolas negras de caprichoso debuxo,
Barandas perfectamente feitas de forte ferro.
Ao fondo A Caeira, ateigada de excesivas
Construccións
Froito do movemento especulativo,
Que destrúe a paisaxe e rompe
O equilibrio paisaxístico e a armonía.
Casas e casas desordeadas,
Lugar ateigado e revolto.
Barcos deportivos amarrados
No seus peiraos modernos,
Todo un mundo luxoso
Que posúen as minorías adiñeiradas.
Camiña a beira do Río Lérez
E na miña fronte poderoso
Érguese a Ponte de Barca,
Ponte que divide a dous concellos diferentes,
Pontevedra fermosa vila, a Bóa Vila,
Encantadora Zona Monumental,
Ou Igrexa de Santa María,
E o Concello de Poio,
Con fermosas lugares,
Poño por caso Combarro,
O Casal de Ferreirós
Raxó delicia mariñeira
Areal ateigado de constante beleza,
Peiraos fermosos,
Casas antigas de pedra dura,
Verdadeiros monumentos
Da arquitectura galega tradicional,
Piornos curiosos de Combarro
Enorme piorno no Mosteiro
De monxes vestidos
Da brancas sotanas.
Ou cruceiros diversos
Que amosan beleza constante,
E longos traballos de expertos canteiros,
Na distancia unha ponte para o paso está feita
Do tráfico constante da Autoestrada do Atlántico,
A Ponde da Autoestrada
Que rompe o equilibrio visual
Facendo dil coma un monumento moderno,
Á prosperidade ou ao unha socidade máis
Doada no eido ca comunicación terrestre.
O serán ateigado de lus está,
O sol loce sen disimulalo
A súa potente lus viva
Que ilumina maravillosamente,
O mundo natural
E o mundo feito polo traballo d o home moderno,
Autovía camiño da Vila de Marín,
Longa e negra e dereita
A moi vista na distancia
E nunca coñecila nela, no seu hábitat
A Illa de Tambo,
Árbores fermosos de verde folla,
Faro fronte a Escola Naval
Marín de grandes peiraos posuidor,
De fábricas de frío poderoso
Ou de asteleiros importantes,
De flotas pesqueiras
Fai que a súa economía portuaria
Sexa unha poderosa fonta de riqueza.


Miguel Dubois.

LONGO POEMA DE AMOR


AMOR E DOZURA É VIVIR



Pontevedra, ao 13 de marzo de 2009


longo poema de amor



I


Que soio me atopo no meu adentro senlleiro,


Que silencio absurdo de door ferida me habita.


Vivo conela e nela habito e vivo, de novo.
Soidade se chama nos días quedos.
Soidade vital, vela apagada, derrubada da chama acesa.
Oscuridade sinistra da voz apagada,
Do laio aceso que ar domina.
Como poder habitar meu pensamento aberto,
A unha forma de pensar pechada e tremenda.
Como facer que escoitas a miña voz viva,
Se o teu pensar parés un con duro da beiramar.
Acende a vida interior do teu pensar torpe,
Habita os esasos faces de lus querida,
O que apaga as noites tremendas máis negras,
Como vestido dunha vella enloitada.
Abre os teus ollos a vida enteira,
Encende a lus fonda dos túas órbitas esféricas.
Non sexas un anaco de algo indefinido,
Tes que ser" ti," sempre, polo día enteiro.
E pola noita aberta a oscuridade.
Avanza vendo para o fronte aberto,
Vai camiñando cara do destino merecido,
Non pidas do que non foras merecedor,
Non roubes os espazos vitáis alléos.
Habítate enteiro,
Queima hasta a derradeira verba
Do teu discurso embelizo,
Polas palabras que tan, meravillosamnte, afirmas.
Sé o dono enteiro do teu ser íntegro,
Achégate ao mundo solidario.
Esquece calquera verbo absurdo
Que te leve ao mundo tremendo
Do egoismo vital.
Desterra o padecer da envexa enferma,
Desterra o deserto amoroso
Habito no interior do verbo amar,
Que da a calor constante
E faiche esquencer do mundo xeádo
Do continúo desamor,
Sentimento humano absurdo.
Aquece as túas mans valeiras,
A beiras da beleza da fogueira viva,
Cóas fermosas chamas quentes e cooridas.
Eu quéroche tanto, me doce amor,
Ti non me queres, pero queres quererme.
El ou ela me queren, tamén.
Vós querédesme, abofé.
Vós quizánes querédesme.
Eles ou elas me quérenme de seguro.
Que difícil é o verbo amar,
Que é o verbo amar sen amar?
Como che vou amar con desamor,
Se o teu o amor é un deserto seco.


II


JAVIER PARA ANDRÉS.


Que doce reulta o nacemento dun meniño máxico
Chamado Javier, nacido para salvar,
Ao seu irmán infirmiño chamado Andrés.
Ai! Andrés querido, esquenzo ao inútil sufrimento,
Cúrate da túa infirmdade, fonde da dor pasada,
Grazas ao teu irmancillo pequerrechiño.
Abrimos portas a vida vivida.
Pechamos as fiestras ao sofriminto inútil,
Para que sufrir de xeito inútil,
Agora Andrés voltará a sorrir.
Sustos deixamos soterrados,
No mundo da lembranza inesqueceble,
Camiñamos no mundo do xusto equlibrio.



III



Porque queres che querei, sempre,
Aquí, acolá e no máis aló,
Non me quites o dereito a quererte,
A amarche docemento, día a día,
Se tiveras xeádos teus grosos beizos,
Eu chos quentaría coa calor dos meus beizos finos,
Acariñaréi o longo deserto das túas costas espidas,
Musitarei palabras inintelixibles,
Pero estaréi a túa rente.
Non permitas que me invada o frío nouturno,
Aquécete ao carón do meu corpo; quentura
Acendo a pequena lámpada te torpe luz,
Abres tes ollos fermosos e lindos.
Eu, lento, penso canto podería durar
Este amor inacabado,
Esta chama acesa,
Esta coor fermosa.
Podería sosterse no tempo longo,
Os anos que os dous quixeramos.
A lus prende con toda a súa forza,
A noite finaliza na súa mesma oscuridade,
Me sinto preso ao teu amor constante,
Maís rompo as cadeas do absuro medo.
Son o día enteiro, alus aberta íntegra e intacta,
Contigo son noite se medo e con vida,
Vivo para vivir a felicidade contigo.



Miguel Dubois

martes, 17 de marzo de 2009

ADVERSIDADE SOCIAL


AMOR E DOZURA É VIVIR






Pontevedra, ao 17 de marzo de 20

I Porque non somos capaces

De respetar pluralidade?



ADVERSIDADE SOCIAI. SOCIEDADE PERVERSA.


Todo podería ser doado,
Sencillo,xusto.
Creamos un mundo adverso

Ensinamos conductas pervesas
Porque non somos capaces
De respetar a pluralidade?

I

Complicar inultimante a facilidade,
O facil facelo difícil.
Perder a identidade propia e convertirse,
No que non eres. Afronta d túa pesonal identidade.
Non fagas de ti, ser despersonalizado,
Froito da alienación constante.
Un absurdo figurante que alporiza, constantemente,
Ao mundo alléo, a todo o que non lles pertence,
Mais que o desexa con suma urxencia,
Froito da máis pura desidia e perversión.
Alterar o ánimo existente, ferir o sentimentos,
Sentimentos concretos que miran
Polo dominio dunha sociedade trabucada,
Que pensa máis nos termos persoais,
Que na creenza do ben común.
Utilización do constante insulto,
Cando de eles falan
Inventan historias inexistentes
Cheos de maldad incontida.
Que a verdade ilusoria
É unha mentira constante.
O confusionismo social,
O barullo producido,
Nos sectores sociais,
Provocan indecisión e medo
E sentimentes adversos


II


Hoxe no me insultas, de máis,
Por favor.
Hoxe fai de nós un mundo ledo.
Por favor.
Hoxe, que a túa agresividade,
Non sexa unha constante delirante,
Por favor.
Hoxe, non mintas tanto,
Por favor,
Alomenos polo de hoxe, somentes,
Por favor.



III


Fan de nós de xeito provocado e consentido,
Unha sociedade sociedade dividida.
Insultámonos dabondo,
Maldecimos, xudgamos gratuitamente,
E condeamos miserentamente,
Sen saber moi ben
O que decimos.
Invádenos un densa néboa branquecina,
Que de xeito premeditado
Non nós deixa mirar a realidade vital.
É coma dar os paos dun cego apurado,
É coma maldecir, sen nengún decoro,
O que non nos corresponde,
O mundo alléo a nós.
E por mor de insultos intencionados,
E de constantes perversas provocacións,
O tremendo enfando vai medrando,
Gratuitamente por mor dos intereses creados.
Imos perdendo, lentamente, a nosa identidade persoal,
Ímonos afacendo a conversión
De seres dirixidos e manipulados,
Polos creadores do mundo confuso.
Fan de nós un fato de seres desumanizados.
One atopar o Norte perdido,
Froito da constantes tácticas desumanizadoras.
Froito da constantes tácticas desumanizadoras.
Froito da constantes tácticas desumanizadoras.
Amén.
Imos subindo o ton das nosas voces crebadas
Polo engano constante.
Ímonos creando un extraño ambiente,
Supostamente combativo pero absurdo.
A confunsión medra rápidamente,
As sorpresas continúan.
Nesta novela vital adversa aos nosos principios
Capidúos faltos de integridade,
Noticias da violencia perversa,
E do estraño asasinato drámatico,
Que fan do ser humano
Un demo tremendo
Que remata coas vidas alleas.
Onde levaranos o mundo tolo,
A sensación de que vives un tremendo sen sentido
A tolemia absurda do século XXI.
De que xeito poderiamos regresar
A nós mesmos, ao centro do que somos.
Non pretendendo ser o que non somos.
Como conseguir señores políticos polivalentes
Que un noticierio diario,
Teña a ben darnos as bóas noticias.
E non as tremendas novas do asanitato e o insulto,
Froito de mentes tremendas.
Como habitar a paz mesma,
A nosa paz persoal que nos rouban
Nos nosos postos de traballo cotiá,
Ou o traballo que merecemos e nos rouban.
Porque non se nós respeta.
E como facer de nós,
Homes e mulleres xunguidos,
Pola solidariedade social
E polo ben das nosas correspontentes
E diversas comunidades.
Como poderiamos todos falar
Unha linguaxe máis sinceira
E carente do egoismo perverso.



Miguel Dubois

REENCONTROS EMOCIONÁIS


AMOR E DOZURA É VIVIR










Pontevedra, ao 15 de marzo de 2009


REENCONTOS EMOCIONÁIS.


Como me vou atopando conmigo mesmo,

Achegánme ao que son,

E non achegándome ao que outros

Quixera que eu fora.

O tempo vivido, aquel pasad o de pena e gloria.

O presento habitado, do agora , do día a día,

E o futuro incerto, do que penso que será

E ao mellor todo a estructura mudará.

Arríncame de min esta fonda pena,

Que meu interior fire, habitante do medo absurdo,

Magoando os sentimentos abertos,

Que a dor é grande que fai mal dabondo.

Acepto ao sufrimento correspondente.

Apartado estóu da tarefa cotíá, abofé,

Vivindo en Temporal Descanso,

Pobo máxico da Costa Atlántica.

Habito versos incoprensibles,

Confuso atópome ante o disturbio acaecido,

A door é grande e a pena sublime.

Doéme a ferida fonda,

Sándanmen os sentimentos absurdos,

Queimo horas indecisas,

Habito os minutos dubidando,

Cal será o correcto camiño,

Cal será a conta máis exacta,

Cal será o precio xusto,

Cantas horas vivindo sen vivir,

O laio decisivo que estoura no ar limpo e puro.

As portas blancas da primavera polícroma,

Xardíns de flores multicores, delicioso xardín máxico,

Miro e me deteño na beleza dos teus ollos perfectos,

Disimulo a roubada ledicia, ausensencia do sorriso

Secuestrada nun día tremendo.

Habito sen habitar no mundo productivo,

Durmo no tempo que pasa e pasa.

Como pasa o tempo meu amigo,

Nunca deténse e suma e suma,

Os homes e as mulleres sumamos,

De certo tamén, máis non imos máis aló.

Do limite exacto. Somos límites temporáis.

Puros números matemáticos.

E os anos da vida seguen e seguen.

A Historia o seu curso continúo e fluído segue.

Desperto coa raiola luminosa e penetrante,

A lus beila cancións ledas e perfectas,

E vai arricando as penas da door absurda,

Absurda laio que fulminas a fonte leda,

A fonte do sorriso permanente

Que non quixera desvaerse.

Vai a vida pasando antre as delicias habitadas

De constantes sorrisos perfectos.

E a vida pasa antre a tristura adversa,

Que fai de ti ser valente e ardente,

Para facerlle fronte e eliminala.

Coxunto de emocións diversas,

Amamos tanto a beleza sublime,

Rexeitamos tento os actos violentos,

Nós que a nosas emocións adversas,

Son o froito da inmadurez emocional.

Amo a paz constante,

A serenidade pululante,

É o bon vivir sen a door tremenda,

Que fai estalar ó ar en berros concretos

Que non son máis que a afirmación do sufrimento.

Doce suavidade do equilibrio, a tí achégome,

Achégome a min mesmo cando me atopo.



Miguel Dubois

jueves, 12 de marzo de 2009

HABITANTTE DO TEU INTERIOR


AMOR E DOZURA É VIVIR












Pontevedra, ao 12 de marzo de 2009.



HABITANTE DO TEU INTERIOR.



Como decribir o mundo habitable,

Como engadir un palabra fermosa

A palabra máis linda,

Como habitar o valeiro enteiro

Que en mi habita,

Como consumir as horas despreciadas.

Como encher as horas roubadas

O meu traballo cotiá.

Como consumir o tempo morno,

Que habita no meu adentro ferido.

Como ensinar ao meniño inexistente.

Habito a incomprensión máxima,

Mais da igoal, cada cual e cada quen,

Eu habito a miña soidade inxusta,

Ti a lingoaxe miserenta,

Eres a palabra decorada,

E sotilmente aparente,

Eres o lume contaminado,

Que non queima,

Que non che quita o frío perverso,

Na noite fría do teu xelado corazón.

Porén mal non te desexo,

Prégolle ao meus Deus Senlleiro,

Que che perdóe as culpas cometidas,

Por tí na indecencia da constante e absurda mentira.

Todo vale, mais todo queda.

O meu ser interior está tranquila,

De cando en vez, chámame Santa Tristura,

Habitantes dos seres humanos deprimidos,

Apartados da función vital

De afacerse como persóa,

No mundo cotiá,

Que nos vai enchendo os pratos valeiros,

De manxares sabrosos.

Apago a miña sede con bebidas limpas.

No meu retiro habito,

Acudo ao centro de min,

E me atopo comnigo mesmo.

Constrúo a vida diaria,

Antre poemas diversos

E a lectura constante de libros.

Habito no mundo actual

Que me toca actuar,

Día a día vou facendo

Un cachiño maior o meu corazón interior.

Segue o teu camiño equivocado,

Non che desexo mal, non,

Eres tan humano coma calquera,

Mais non firas aos alleos sentimentos.

Mírame a miña faciana enteira.

Non agaches a túa faciana agachada

Sobre ela mesma.

Vamos queimando sonos agachados,

Imos afrontado as duras realidades,

Que firen dabondo.

Forte son, porén teño que selo,

Non me rendo ante as palabras cobardes

Vendidas nun mercado de estrana venda.

Encho o meu interior de ar limpo,

Respiro fondo,

Eu habito en mi mesmo.

Dime a verdade enteira,

Non me contes unha absurda trola.

Habita en ti e dentro de ti,

Non usurpes o mundo alléo.

Repira ar limpo,

Enchete de felicidade constante,

Felicidade que se constrúe, día a día,

E non se vende nen se compra.




Miguel Dubois








miércoles, 11 de marzo de 2009

IM MEMORIAM 11 M

AMOR E DOZURA É VIVIR




In memoriam, 11 M.



Todo y nada.

nada y todo.

De repente.

Pánico y mucho miedo,

el miedo se sube por las paredes eternas

de la muerte violenta.

Os esperaba

un futuro entero

pero las luces de la vida

se apagaron

como túneles temerosos y tremendos.

Tenían que hacer, demasiado, daño,

segar vidas enteras

en una mañana triste y tremenda.

Cargaron las bombas de la muerte espantosa

y saltaron las alarmas del miedo y el terror mortífero.

Y vosotros ya no estáis con nosotros

ya no nos veremos en los mismos lugares

y ya no nos hablaremos,

mientras un silencio tenebroso

se pasea por las tres estaciones

y una calle tremendista

y un tren de cercanías

realiza su último viaje

¿Por qué asesinasteis a la inocencia

de la vida y el trabajo

en una mañana mortífera

de un día 11

de un mes de marzo

de ese cercano año de 2004?

Fecha tremenda

y abismo para la muerte.

Pero jamás podremos vernos

aunque, de nuevo, amanezca

estáis más allá del atardecer sosegado

en un lugar tranquilo

dónde el tiempo ya no existe.

Yo desde estas palabras respetuosas y llorosas

os envío un eterno saludo

A ese país llamado Ausencia

Y os envío a todos y todas

Ciento noventa y dos besos de amor.



Miguel Dubois.





AMOR E DOZURA É VIVIR
Publicar entrada





Pontevedra, ao 10 de marzo de 2009.
INSOLIDARIEDADE SOCIAL.
Habito sendo o que eu son,
Habito nas palabras pronunciadas,
Cargadas de verdade suma.
Habito na escritura profunda dos meus versos,
Cachos do que eu son, espazos escritos de meu.
Habito na rotura profunda da liberdade roubada.
Condeo o que rompe o equilibrio xusto,
Habito no máis fondo do teu pensamento libre.
Van roubando espazos de liberdade aberta,
A cambio de mentiras sotiles,
Por mor á rotura do equilibrio da balanza,
Que rompe o máis puro sentido xusto,
Xustiza derrubada,
Por mor do movemento manipulativo,
Namentras, sen real solución social,
O miserento está queimado
Polos camiños falsos da vida
Na rúa, un fardo humán,
Despoxo e rexeite de todos,
Cuberto cunha manta rota ,
Durme sabendo que non existe,
Para vivir, de certo.
Polo día extende a súa petitoria man,
Mancada e cicatrizada,
E nun recipente plastificado,
Van caíndo unhas tristes moédas.
El habita e non habita,
Vive sen vivir,
Ela perde o seu rumbo exacto,
Vai perdendo o senso vital,
Antre denuncia e denuncia,
Ai vida que non tes sentido,
Cando o barco non leva rumbo fixo!
E vai camiño dun naufraxio innecesario.
Supervivintes dos Mares Mouros
Comercio inxusto,
Das noite miserentas
Ateigadas de tremendo fracaso vital e humán.
Totalmente fóra da limtitación do cálculo exacto.
Habito por habitar,
Habito por non vivir
Na perversidade,
Do máis puro esquenzo humano.
Sentado no borde dunha escada
Nunha aceira dunha cidade perdida.
Non sei onde habito,
Mais non vivo,
Porque non sei onde vivo.
Habito a vida e non deixo vivila,
Son un fardo humano, teño vida,
De cabelos despenteados
Está a miña teta cuberta,
E longa barba desarranxada,
Cobre parte da miña faciana
Se fora o caso masculino.
Nas camas quentes,
Din que xa no men queren,
Habito na miña prisión interna.
Din que somos febles,
Din que din, din e don,
Pero nada fan por nós,
Habitantes miserentos
Habito sin habitar.
O medo fondo e profundo
Para deixalo enteiro espido
De si mesmo,
E covertilo e valente existencia,
Procuro que no me invada.
Habito na metaformose vital,
No mundo da máis pura contradicción,
Mais a pesares deste Mundo Insoidario,
No que o verbo amar,
É unha acción luxosa,
Fico admirado dos tremendos constrastes,
Existentes antre o político manipulador,
O cidadán corrente,
A diversidade constante,
E aquel que ten por teito,
A noite fría e o desalento.
Habito no Mundo Inxusto,
Sálvese que poida!
Mesaxe contrasolidaria.
Miguel Dubois

martes, 10 de marzo de 2009

E CHEGARÁ A PRIMAVERA

AMOR E DOZURA É VIVIR

Pontevedra, ao 1o de marzo de 2009.
E CHEGARÁ A PRIMAVERA
Asulágama con palabras de amar,
Miráme coa intensa dozura dos teus ollos lindos.
Fálame esta linguaxe fonda e amarosa,
Amamos fondamente á vida enteira,
Afrontamos valentemente os problemas vitáis.
Meu amor, mon me invade o medo perverso.
Camiño tranquilo polos camiños da vida,
E sempre miro para diante.
No me intersan os instintos perversos,
Aqueles que magóan a linguaxe do corazón interno,
Sempre, debo, usar o verbo incluir,
Aquel que abrangue a plenitute
Da inclusión sen razón de cor, sexo ou raza.
Amo fondamente a diversidade cultural,
Non existen en min fronteiras divisorias
Que rexeiten o maravilloso arte de amar,
Na plenitude do que somos,
Seres humanos diversos,
Amantes da vida enteira,
Rexeitadores dos que rexeitan
O Mundo Libre,
Rexeito aquel que condéa,
perversamente,
Porque no seu fondo interior
Non se quere asemesmo.
Os xardíns están ateigados de fermosas flores.
A lus penetrante da primavera polímetra,
Me dí que o mundo enteiro
É un gran estourido
De fonda luminosidade.
As portas da luz forte,
Ateigan un ambente ledo e diverso,
Porque vou avazando na miña vida,
As veces, có paso cansado
E cargado dunha fonda tristura,
Máis me ergo con toda a miña enerxía,
Có poder da superación,
Que me é entregado gratuitamente,
Porque son un ser libre,
Son coma un paxaro ceibo,
Que nun día tremendo,
Quixeron irreverentemente ferir,
Máis curadas as feridas doorosas,
Camiño ao Mundo Ceibo,
Sen ataduras absurdas,
Que me impidan
O meu desenrolo persoal.
A traveso da práctica
Da libertade continúa,
Non hai máis preso,
Que o que se prende asi mesmo,
Porque ten un medo tremendo,
A que se lle sexa concedida
A lilberdade total.
Mágoa!
Miguel Dubois.

sábado, 7 de marzo de 2009

CARMEN DE ROSA

AMOR E DOZURA É VIVIR
Pontevedra, ao 7 de marzo de 2009.
TIVEN QUE DECIRVOS..ADEUS.
A door tremenda habitaba dentro de nós,
Aínda habitantes deste mundo vivinte,
Intres de impotencia ante nada poder facer.
O deserto da vida vivida, a nada,
O abandono da estancia temporal
No habitáculo vital,
Meu corpo acompañante do meu ser físico,
De que xeito poder contar cantas experiencias vividas.
Canta vida entregada a todos aqueles que tanto quixen.
Que suprema adoración a miña Terra Querida,
O miña pequena aldea, un mundo máxico e fantástico.
Que luxo de tempo vivido pertiño da Ría de Vila do Mar.
Miraba coma se fora unha Illa Máxica,
A Illa de Rei Deposto,
Lémbrome cando ti e máis eu,
Collíamos a pequena barca de remos pesados,
E ti vogabas e vogabas, sudando soños reais
Abertos ao mundo luminoso,
Coa forza suprema dos teus fortes brazos espidos,
E fitabas en min un sorriso delicioso.
Deixabas varada na pequena praia senlleira,
De branca area descasando a súa beleza limpa,
A pequena embarcación de forte madeira,
E os dóus na Illa do Rei Esquncido, faciamos de dous corpos
Xunguidos nun só bordeados das nosas continúas apertas
O símbolo do noso amor constante.
A mirada das outas arbres facáinme soñar,
Nun mundo fantástico no que a tí me entragaba enteiro.
Tardes de amor fondo na soidade da Illa do Rei Esquencido.
Rechouchío máxico de músicas lindas e amarelas,
Canto tempo contemplando o verbo máis amado,
Qurerte no cumio perfecto do verbo amar,
Sentir a fermosura linda vila de Porto Peirao, mariñeiro,
Mundo de polígonos acúaticos de ameixa fina.
Manxares deliciosos salgados de auga mariña,
E o Sol quentaba en días soleados e facían perfecta
A fisonomía da da beleza constante,
Desta Ría de Vila do Mar que enfeitízame,
Sen eu desexalo e querelo.
Somentes con mirala e aviscar,
A suprema beleza natural
En Aldea Linda, moito traballamos,
Cantas horas seguidas de sacho cavando,
E o carro das vacas marelas e lentas,
Era o noso medio de vida.
Cargabamos toda a nosa mercancía preciada,
Froito do noso traballo feito,
Camiño dun receptor que fora comprador
Do noso esforzo sudado de hora a hora,
De sol a sol. Trasego forza e desespernza.
Eran duros os momentos,
Non era o preciso instante dos laios perdidos
Nos cumios das montañas achegadas
E traballamos tanto,
Tanto, tanto, tanto,
E fun parindo o noso futuro,
Queridas criaturas benvidas ao mundo vital,
Que tempo tremendo, que dureza de feitos.
Fomos abrindo vieiros no mundo duro e real
E o tempos pasaba. Eu cáseque non podía medir
O tempo de tódolos días, e outro.
Días de pranto irreverente,
Días de festa continúa,
E a ledicia saía pola boca dun cantante xove,
E no adro todos bailamos,
Os bailes que non se esquecen.
O Xan do Con Negro, tocaba
Punteiros de gaita galega,
Eu suspiraba fonda,
E dábame a sensación
De vivir no Mundo da Máxia Fantástica.
Abría os meus ollos e ti na miña fronte,
Meu amor querido,
E os meniños xa tiñan anos,
Non moitos cumplidos,
Pero algúns sí,
E marchabas ao monte Bravo,
E coa toda a túa suprema forza,
E o fío recén afiado da machada nova,
Corbaban enérxicamente,
Os verdes piñeiros.
O carro estaba cheo e pesado.
Avante vaca bé.
E o tempo, sen darnos de conta,
Ía sumando anos diferentes.
E todo cambiaba.
Iamos saíndo para avante,
Xa podiamos cáseque esquecer
O mundo pobre e miserento,
E traías á casa recén feito,
As ledicias do mundo moderno.
Uxío o primoxénito responsable,
Tiña un cabelo loiro lindo,
Xa ía Uxío mocear.
Entón, pensei, rapidamente en ti, meu amor.
Cando iamos a Illa do Rei Esquncido naqueles tempos
De vellos botes de remo
E os pailebotes atracados no de Peirao fermoso
de Porto Peirao
E logo pensei naquel amigo teu de Vilarián,
Chamado Manoel Antonio.
Tatiana xa tiña corpo de muller,
E xa comezaba a enamoralos mozos miróns,
Porque Tati, era unha linda flor
Do xardín vital.
Alberte o máis novo,
Era o máis mimado,
A máis linda criatura vivinte,
Alberte,vivía antre o seu mundo máxico
E o mundo real, dóus mundos, totalmente,
Antagónicos.
O tempo afaciáse ao seu continúo paso.
Un día do verán fermoso,
Mirei a tristura definida.
No espazo da túa faciana
Faciana de casanzo,
E có paso días da vida enteira
Dixechénos Adeus ao Mundo e a Nós,
Xa non podía pensar naquel abrazo amarrado,
Na Illa do Rei Deposto,meu amado
Xa non había un fermoso bote
Mais ben un praia esquencida,
Un tempo deliciosa pasado.
Olvideime da miña identidade,
Don Mundo e dos demáis
Agora estamos os dóus xuntos
En amor, de novo e , en compañía absoluta,
Por tódolos tempos de tódolos tempos.
Miguel Dubois