Esquezamos a dor que fira,
E xungamos a nosa delicia tenra,
Coas cancións de Rosie Thomas.
Fagamos do Mundo un espazo de Paz intensa.
Cubramos os campos de balas mortíferas,
De bandeiras brancas e grandas.
Miguel.
link. enlace http://mundodesalvora.blogspot.com http://mundoillainsuinamicaelarons.blogspot.com http://omundodeonsrepublicaindependentedomar.blogspot.com ,LITERATURA É UN MUNDO MARAVILLOSO. A POESÍA E A PARTE DA LITERATURA MENOS LIDA. DESCUBRE, ATRAVESO, DO UNIVERSO POÉTICO E MIRA O MUNDO CONTANDO A REALIDADE CUNHA LINGOAXE ATEIGADA DE BELEZA. BELEZA UN CONCEPTO UNIVERSAL, CON DÓUS POLOS: BELEZA INTERIOR E BELEZA EXTERIOR. A IMAXE NON É O MESMO QUE O CONCETO DA BELEZA.
martes, 19 de agosto de 2008
DÍA DE VERÁN
Abre o día estival
Coa enorme potencia vital
Da luz solar.
Non me firas meus ollos azuis
Amado día.
Non violentes a dozura
Da pasada noite fermosa
Longa de amor ferinte.
Coma doce coitelos de amor
Meu querido abrente
Miña amada e querida muller
Durme sonos fermosos.
O abrente é senlleiro e tranquilo
Non espertes
A muller querida.
Que a túa luminosidade fonda
Alumee seu terno corazón ledo.
O Sol mañanceiro
Estala no seu fermoso brillar intenso
O día rebenta
O día nace
O día estala
De intensa fermosura.
Deixamos soterrado
Toda unha noite
De amor intenso
Meu intenso amor.
Digamos “bos días”
A luminosidade aberta
Pola forza da luz solar.
Nada é comparable
A fermosura deste amencer gratuíto e cotiá
Xa comezou o día
Xa soterramos a noite
Dende que o día naceo
Polo fermoso abrente.
Mais polo día enteiro
Tamén, te amarei
Porque pola noite enteira
Tamén te amei.
Miguel Dubois.
miércoles, 13 de agosto de 2008
VIDA
Pontevedra, ao 21 de setembro de 2007. A vida vaise erguendo có paso da suma intacta dos tempos vividos. Un día falaremos do vivido e marcharemos paseniñamente O día consistía en fondas emocións Habitadas de ledicia intensa De medo absurdo e preto. Un tempo, foise convirtido Nunha total suma de horas parciáis. Eiquí estou a estas alturas desta vida, Sen cumplir os soños que poideron ser reáis. A vida é coma unha novela singular Ou unha verdade plural De múltples capítulos, Que ainda non remataron. Capítulos ledos, Sorrisos de meniños Asulagados de bicos tenros e apertas transparentes. Constantes. Amor de amores A vida foron aqueles días tristes e pretos. Nos que a negrura da noita fonda facía Fondo asugalamento do meu interior Valeiro e tremendo. De que me val a palabra morta e valeira? Cales serán as letras carregadas De espranza constante e aberta ao mundo Enteiro E as verdades ocultas? E a filosofía da miseria constante? Ou do deixade ser e deixade facer Anterga política gavacha ? De que xeito soterrraremos A mentira que fire e que mata? Cando falaremos coa verdade Nos beizos? Cando deixaremos de ser O que nos non queremos ser E ser perfectos actores mintiráns? Busca a verdade inmesa, A que enche dabondo. Rexeito , totalmente, e de certo, a palabra Miserenta. Día a día vou construíndo Un mundo diferente, Facendo do absurdo Un coxunto de verdades enteiras No meio das néboas outonolas. Cruzaréi o parques ateigados De follas castañas E as arbres espidas. Son o anunzamento Do cambio climático. Mais as augas do Río Lérez, Seguen quedas e verdes. A bela paisaxe é diferente, Pero ben sendo a mesma, Con menos engadidos. O corazón segue o seu constante latexo Incansable. E o testa fría pensa no que son, No intre exacto, Nas verbas perdidas de xeito absurdo. A dia segue, e sego ateigado no Pensamento activo. Algúns soños fun perdendo Polos camiños da vida, Mais xamáis, nunca,perderei A constante espranza, Aquela que me invita A sobrevivir o campo Da verdade no día a día.
|
AMOR AO PLANETA AZUL
| |||
POR TODOS NÓS, MELLOR
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)