O visto e prace dado a licenza de matar.
O absurdo, o comportamento hipócrita que invade
As economías máis perversas
A forza absoluta e o mercado do poder absoluto.
Non me mintas, perverso can mortífero,
Coa infamia do medo subversibo.
Non xeneres no mundo decadente.
A miseria que invade o Planeta ferido,
A riqueza ben se afae ao poder
Coma arma mortífera polas rúas de Bagdad.
Unha vez desfeito todo
Iremos na percura douto miserento.
Faremos da verdade casual,
Un mundo de poder esaxerado.
Entón o Mundo seguirá xirando,
De xeito absurdo e quebradizo
As leises naturáis,
Coma vidros escachadas
Das esquecidas fiestras,
Estalarán sen piedade algunha
A branca fermosura dos casquetes polares
Iniciando, por ende, a súa desaparción,
Froita tremenda,
Do comportamento irracional
O fume asulagará o ar limpo,
Da bela atmosfera
As fermosas praias
Afundiranse miserentamente,
No esquecemento do sólido
E pasarán a ser o mundo submarino
As areas finas e claras, nas que un día deitámonos,
Serán, mágoa. Unha cor crara sumerxida no fondo
Comentarios