link. enlace http://mundodesalvora.blogspot.com http://mundoillainsuinamicaelarons.blogspot.com http://omundodeonsrepublicaindependentedomar.blogspot.com ,LITERATURA É UN MUNDO MARAVILLOSO. A POESÍA E A PARTE DA LITERATURA MENOS LIDA. DESCUBRE, ATRAVESO, DO UNIVERSO POÉTICO E MIRA O MUNDO CONTANDO A REALIDADE CUNHA LINGOAXE ATEIGADA DE BELEZA. BELEZA UN CONCEPTO UNIVERSAL, CON DÓUS POLOS: BELEZA INTERIOR E BELEZA EXTERIOR. A IMAXE NON É O MESMO QUE O CONCETO DA BELEZA.
viernes, 21 de agosto de 2009
VIGO, PASADO LATENTE
NOITE ESCURA
IRELAND
domingo, 16 de agosto de 2009
FAO FERMOSO--A MIÑA PRIMA CARME
jueves, 13 de agosto de 2009
domingo, 2 de agosto de 2009
FÃO--PORTUGAL
Fão, Portugal, ao 2 de agosto de 2009.
Percepción real do Mundo Pasado,
Habitantes reais e puros dos que foron e son.
Volto ao Porugal querido. Que sono de ambición
Inspirador dun pasado ateigado,
De historia viva que vive agora no Mundo da Lembranza.
Acende a lus pasado dun tempo vivo
Que non xeme e vive como unha historial real e penetrante.
Vivo querendo vivir o que son,
A distanza percorrida até o de agora.
Estou en Fão puro rodeado de pineiros de verde caruma,
Brisa marina que se extende até Esposende na beira do mar.
Falo dun campo sinxelo dun golf marítimo e fluvial
Pano verde natural aceso,
Descansan tamén,en uns pineiros ergueitos.
Paos de golfista puro e brancas pelotas duras,
E un burato como premio enteiro ao xogo realizado.
Primos como cómplices e amigos.
A Pôvóa do Varzim é un pobo grande
Cargado de máxicas lembranzas,
De neno pequeno e adolescente,
Sulagado nun mundo confuso.
Pôvóa de Varzím é unha fonte continuada
De lembranzas habitadas de nostalxias.
Nadales enteiros o vento forte de decembro
É unha testemuna enteira,
Daquelos nostálxicos Nadales máxicos.
Estou en Fão, Portugal, ben coidado
E non son un estranxeira na Terra da Lusitania.
Miguel Dubois
viernes, 31 de julio de 2009
CONDENADOS
Pontevedra, ao 30 de xulio de 2009.
Avante imos sumando tempos habitados,
De vivencias constantes,
Do pracer sumo
Do sufrimento non querido.
Que duro é sufrir sen querelo,
Que o medo conviva contigo,
Ou que unha bomba mortífera
Remate, absurdamente a vida xove.
A brutalidade a sen razón tremenda,
Fixo que no día de hoxe dous xoves
Morreran froito dun bombazo mortal.
Esa tremenda absurdade necesidade,
De rematar coas vidas alleas,
Converteuse na tristura tremenda,
De eleminar brutalmente,
De feito calado e sen previo aviso.
Quen poidera entendar
Un Mundo absurdo e sen senso.
Os mesmos chorarán
Aínda que diferentes suxeitos,
As almas da xuventude arrebata..
A impotencia constante
A desolación suprema e íntima,
Os espías das almas rubadas,
Todo acto feito con premeditación tremenda.
Como viviremos as nosas vidas,
De xeito quedo e sinxelo?
O tempo cae irrespetuosamente,
Diante dos corpos mortos.
Xa lles quiteron o tempo vital,
Tolemia brutal.
Dame a vida enteira
E quítame todas as políticas existentes.
Dame un pulo para facer o día a día.
Que política queredes se rematades
Coas vidas alléas?
Deixade todo ese outeiro da violenza,
Queimade todos os vosos explosivos
Mais non roubade o senso vital,
O amor que quenta e o bico agarimoso.
Miguel Dubois.
miércoles, 29 de julio de 2009
ACCIÓN
Pontevedra, ao 28 de xulio de 2009
Deíxane vivir a vida na plenitude máxima.
Habita có meu ser os intres ledos,
Carentes de miserias máximas.
Eres o mundo que ti quixeras ser,
Ilumnina a alborado da día
Cun sorriso ateigado de lus primeira.
Non te rendas ante a miseria do comportamente humano.
Emprega toda a túa destreza,
Para achegarte o un mundo perpetuo
De achegamente ao que ti eres.
Non serás a baixeza supusta,
Non serás o delirio inútil.
Serás liberdade en movemento continúo,
Serás a verba pura da delicia fonda.
Non máis derrubes absurdos.
Son habitante da verdade íntegra,
No xogo a debilidade inxénua.
Dime toda a verdade perfecta,
Canta conmigo as cantidas da liberdade íntegra.
Xuntos desfaremos os pactos falsos
E as terías mentireiras.
Son verdade lixeira
E rápida coma o vento ceibo.
domingo, 21 de junio de 2009
AMOR EN SAN XOÁN
Pontevedra, ao 20 de xuño de 2009
AMOR EN SAN XOÁN
Como explicarche o senso interno,
Dete amor enteiro que me ateiga,
Xa non sinto un absurdo medo,
Que quebrántame o paz interna,
Acedo, sen piedade nen omisión,
Ao fondo interno do teu lindo sorriso.
Non penas, de favor,
Sorrisos acesos dabondo quixer,
Non quero ser paxaro ferido
Dunha guerra inútil.
Verte a ti, enteira como eres,
Ver a fronte constande de ledicia,
Que comimigo compartes,
Significa para min, o feito de vivir contento.
As veces, cando durmes, fondamente,
Mírote atento e devagar,
Escoito o teu respirar fondo,
E non soño que estou de ti afastado.
Amar canto ti me digas,
Fuxir da dor dura e dos queixumes,
E crear o noso mundo placenteiro.
Amar, día a día, cun senso fondo
Interior de resucitar o tempo perdido,
Ou aquel soño incumplido.
Síntome ledo coa mirada fixa
Na beleza que non asfisia e enamora.
A vida carece de sentido,
Se non queres amar, de vagar,
Como estímulo vital a beleza interior.
Non ten senso a linguaxe inadecuada,
Hai palabras acabadas,
Que algúen, inútilmente,
Fai uso delas.
Ama a beleza enteira,
Ama ao ser amado,
Ama a vida enteira,
Ama os intres delicados,
As postas dun sol vermello e forte,
A Natureza está viva,
E cando a lúa saia,e as estrelillas cintileantes,
Sexan as súas compañeiras nouturnas
Observa a beleza do mar prateado
Que reflexa
A fermosa lúa de verán.
Ama, sempre, para seres amado,
Todo será máis doado,
Espantamos os sinistros verbais
E os queixumes lentos,
Das árbores escuras.
Dame máis vida,
Dame o xeito de vivir con xeito,
Dame senso a miña existencia.
En cada lugar senlleiro,
Hai un gran espazo para amar.
Queimamos a paixón correspondente,
Damos senso ao vivir enteiro,
E non perdemos o tempo para deixarnos de amar.
O amor ten unha dimensión fonda,
Que me fae achegarme aos demáis,
No que o sacrificio é recompensado
Co verbo amar.
Todo ten o correcto senso,
Senso para o amor,
Para esquencer calquera tipo
De doenza social como o odio o xenreira.
Vivo na paz miña interior,
Por eso son home feliz,
Que afronta o perigo
Coa valentía correspondente.
Que ben me sinto a túa beiriña
Trasparente o meu espírtu,
Porque nada teño que agacharte.
Son a fogueira acesa
Bela e fermosa con lapas azúis e amarelas,
Meu amor son a fogueira viva,
Son o lume en movemento,
A noite está fermosa
E a túa rente todo afáiseme máis cálido.
A ti achégome docemente,
Que bonita é estar a túa rentiña.
Mira a lúa chea nesta Noite Fermosa.
A paisaxe pinta diversas cacharelas,
A xente canta e bebe viño,
San Xoan a Noite noitiña,
A Noite de San Xoan,
Comeza o verán querido,
Deséxovos a todos e todas vós,
Moita felicidade intensa,
Que déan sentido o verbo amar,
Por sempre.
Miguel Dubois.
VICENTE FERRER
AMOR E DOZURA É VIVIR
Fão- Portugal, ao 2 de agosto de 2009
Querido home honesto,
Benquerido Vicente Ferrer:
Entregache a túa vida fermosa e enteira
Aos seres máis necesitadas,
Deste inxusto Planeta Insolidario.
Abriches as portas da esperanza ao que sofre
E permanece inorante ao Mundo Equilibrado.
Diches de tí o teu corazón aberto,
A túa vida plena.
Deche de comer ao famento constante,
Até que deixou de ser famento.
Abriches os eidos da esperanza,
Corazón aberto ao Mundo Enteiro,
Por eso déboche amar, sempre,
Benquerido Vicente Ferrer.
Miguel Dubois
sábado, 20 de junio de 2009
XA TEMOS DABONDO
jueves, 18 de junio de 2009
Pontevedra, ó 7 xuno 2009.
O MUNDO DO REVÉS
Permítime escoitar
quedamente,
A auga crara,
trasparente,
E limpa dos regatos
continúas
Fontes sonoras de placer.
Palpo nas miñas torpes
mans,
Unha efervescente fonte
De enerxía continua.
Afástome do mundo
insensible
E doto meu ser,
Dunha fonte inagotable,
De esperanza
permanente.
Son eu, o que eu son,
Sen lerías constantes
Nen falsos devaneos.
Aparto silenzos absurdos
Que debería falar
dabondo.
Pido habitar co cumio da
paz
Onde non existen,
As guerras que nunca
Deberon existir.
Tremenda torpeza humá,
Queixume forte
Do ferido corpo,
Último laio mortal,
Na fronte da mortal
Bomba cargada
De morte continua.
Habito en min,
Para quererche forte
E inmenso, para amarnos,
Na imensidade dun eido
Verde cargado de amor
Maduro, cargado de
tenrrura, habitada
De silenzos continuos
Por mor de acariñar
A túa longas túas costas,
Deserto da pel espida,
Acariño lento e soave,
E ti sentes lenemente,
O meu deber de
acariñarte.
Penso que estamos eiquí,
Froito do esforzo tido,
A vida xoga connosco,
De cando en vez,
Afástanos da lingoaxe
Inorrecta e indebida,
Os valores afanse
Contravalores absurdos,
Creando conductas
insensibles,
Ás que nos lles dóe
O sufrimento alléo.
Están cheos de ambición,
Non lles impota,
Usar a mentira constante
No nome de Deus,
Ou no nome do semellante
Achegado ou afastado.
Máis medra e medran,
No cumio inxusto
Do mundo da sen razón,
En nome da total
corrupción.
Non importa, parés,
Que asasinen
As mulleres de Ciudad
Juarez. O ciclo continuo
Segue e parés
Que un presidende
Da América do Sul,
Quere rematar
Có verde pulmón da
Terra,.
Seguen vendendo
As armas mortíferas,
Para que en África,
Se maten por mor
Do odio irracinal.
Perversión
Da arma mortífera,
Venden armas mortales
Para que vós enchades
De irracionalide
As desastrosos linguaxes
Das armas acesas.
Arrinca de ti todo aquelo
Que non construa,
Arrinca de ti
O medo irracinal,
Arrinca de tí
O feito da traizón,
Coma o feito trizoeiro.
Vitaliza a fonte de amar,
E non te derrubes
Ante o mundo falso.
Sé o espazo ocupado,
Habítate íntegro,
Vive para vivir,
Para sentir
O sentimento equivocado,
De non rexitar ao
próximo,
Que deberías de querer.
Abrangue e non rexeites.
O que se rexeita,
Non se quere asemesmo.
Miguel Dubois
Letter Style by SonyaNancy
2007