Pontevedra, ao 18 de agosto de 2009
NOITE ESCURA
A noite enteira me entrego, íntegro nela,
Acariño os minutos silenciosos,
O tempo pasa tan rápido, tan sensato,
E tanto tempo de contrabando,
Repartido inxustamente ao tempo natural vivido.
Afirmo enteiro toda a noite íntegra,
Decoro as horas enteiras con escritos fermosos
De Capitáns soñadores que deixaron as súas almas enteiras,
Nos portos da noite perdida, de soñar soños inútiles,
Da viaxes perdidos ao Mundo Enteiro da Nada,
Da noita agachada que esperaba detrás
Do derradeiro curruncho da Rúa da Illa da Noite Enteira.
As veces, vivo enteira a noite vestida de mouro
E sinto me me afasto do Mundo Real, ao que me debo,
Integramente. Máis a vida parcialemente,
Afaise nunha noite incompresible,
Na que os pantasmas mouras,
Son os habitantes do Mal,
Do Mal doente, da palabra insesata,
Da musculación inútil, do esforzo torpe e dominante,
Do quebramento do sentido da honestidade humana.
A noite negra parece non querer rematar
Cando eu quixera mirala rematada,
Coma, no seu tempo fóra un fenómeno extravagante.
Coma se a mentira absurda e destructora
Convertida na verdade invertida na verba falsa,
No desprezo a honestidade.
O concepto ético,
E un balón de futbol ao que se danlle patadas imprecisas.
Construir a verdade inexistente e facer da verdade
Un criterio falso e torpe. A dialéctica normal e corrente,
Queda invetidaza polo desprezo a verdade pura.
E a base dun acoso premditado, sen causa aparente,
Viase deformanrdo o Mundo Verdadeiro,
Ateigado de valores humanos
Ateigado de dereitos humanos,
Non exento, compremsiblemente
Das obligacións humanas,
Cocepto altruísta,
Non exento de darse aos demáis.
Se fóran a súa verdade o sufrimente calado
E silencioso que chora por dentro na alma fría.
Falar, de xeito inútil, para aparentar, sin ser
O que somos, o que debemos ser, sempre,
Pola nosa obrigo fortalecida
Por dar a man aos seres silenciosos
Que choran nas noites frías,
Que sufren pero que non fan
Que os demáis non se alteren,
Porque algo na súa hestoria vital.
Batéulles con moita forza doorosa,
Pero non había unha man amiga,
Que lle dera folgos para quitar o sufrimento xélido.
Porque somos, totalmente, imperfectos,
Pero non negamos o que somos,
Non temos vergoña absurda do que de nós diran,
Aceptamos as críticas febles ou fortes,
Para mellorar no noso Mundo Interno.
Non facemos da vida enteira,
Un perfecto sufrimento,
E cando estamos no medio dun túnel escuro,
Buscamos un ponto branca de lus,
Coma lugar de referencia,
Para comezar a liberación
Do Mundo Negro,
Da liberación persoal
Do sufrimento opresor, que non perdóa.
Necesito moito Amor para mirar a liberación.
O que non ama é o que non se ama si mesmo.
Miguel Dubois.
No hay comentarios:
Publicar un comentario