AMOR E DOZURA É VIVIR
Pontevedra, ao 31 xaneiro de 2009 PARA OS MEUS AMIGOS/AS, XUNGUIDOS POLA LINGUA DE WILLIAM SHAKESPEARE. Ledo resulta, gozar da gratitude vosa, Ledo resulta atparnos tranquilos, Falar do que nos ocorre agora, Do pasado saturado da lembranza E do non desexado. Que bonita é vivir en paz, Amarrado ao tempo Mais non estar invadido Pola presa que me consume. Como falar do sinxelo, Das cousas pequenas Da vida enteira, Unha comida amizable, Unha conversa agradable, Unha mirada cómplice Perdida e asumida ao recordo. De sácato, sen querelo, Veñe a miña testa Un flash traizoeiro e desexado De Norwich querido cómplice, A cara de Sandye Ou a cara de Susy, Ou xuventude do bon Chris. Ergo a mirada e estóu Convosco nos amados Broads As cámaras dabondo disparan, Fotos para a lembranza perpetúa, Que bonito é sentirse ben, Respirar un ar limpo e claro. Que bonito é estar convosvo Na cidade das termas das Burgas, Auga quente no centro da vila. Pero respiramos fondamente O ar da Terra da Chispa Aínda que non falamos O ourensano barallate. Xuntanza, palabras abertas, A un ar delicioamente perfecto. Que bonito é estar xuntos, Sen darlle importancia As cousas e as momentos. Miguel Dubois | |||