|
TERRA ROUBADA E MALOGRADA Pontevedra, ao 28 de decembro de 2008. TERRA ROUBADA E MALOGRADA. Invasión indebida, Tremenda brutalidade bélica, Terra asoballada e acribillada Civíis mortos, Polo tremenda arma nemiga, Terra Santa, Santa das Bágoas Sacras, Oliveiras Benditas e secas, olivos queimados. Oracións frustados, Tiros mortáis e asasiños Aniquilamento bárbaro, Suburbio atestado de carencias, Carencias de amor roubado, Odio semiádo Semente de armas tremendas. Parolas rotas, bocas incendiadas, Discursos inútiles Corazón quebrado e roto, Laio constante e solidario, Marmurio de feridos tremendos, Hospitales brancos de sangue vermella, Matanzas bárbaras e tremendas. Ouh oracións prometidas, Ficaron en verdades enganadas. Que absurdo tiro mortal, Que queixume aberto de pánico constante, Falan a linguaxe das armas mortíferas, O que non pode defenderse, É pasado ao compo dos mortos absurdos, Productos do abuso permitido. Choran e choran maes cansadas de chorar, Berran, laian e xemen e gritan A palabra mortal A masacre absurda. De que nós val os mortos habidos, De que nós val a perda da credibilidade enganosa. Mentir minten dabondo E o tremendo mónstruo mortal Alcanza casas habitadas, Prazas algún día vivas. Todo asemella unha paz deserta, Todo é a contradición absurda. Xa nós dividiron para entre nós Desfacernos, crear a semente discordante. Europa olvidadiza mira para onde lle peta, Namentras o "poderoso coloso", Arma ao nemigo estratega mortífero. Todo é unha grande farsa inútil, Botáronnos das nosas terras queridas, Nós somos o pobo perseguido inxustamante. Porque no nos dades as nosas terras O lugares que a nós nos pertencen, Porque respirades un ar estranxeiro, Que a nós de xeito tremendo Foi quitado brutalmente. Anos e anos desesconcerto, De palabras hocas, De esperanzas cáseque mortas. Devolvédenos as nosas terras alleas a vós. Cada pobo habitado debe vivir No seu territorio propio. Non ao poderío bélico Ao aniquilamente dos seres humanos, Poñamos as terras quitadas, Nos seus verdadeiros donos. Miguel Dubois | ||||||
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario