|
|
Asunto: 2008 ESTÁ MORRENDO Pontevedra, ao 31 de decembro de 2008. 2008 ESTÁ MORRENDO En pouco tempo engadiremos Un novo número, 2009, Neste Mundo cuantitativo e temporal. A estas outuras das nosas vidas vividas, Atopánomos en outo número cuantitativo Da Era do Mundo Cristiano. Imos deixando os días espidos Na lembranza querida, Ou as veces, pensamos, Mellor sería que non existiran Os intres creados para baterse fortemente, Como medo infecundo Ou a verdade inexistente, Esa quimera extraña Que queima a verdade íntima E a conversiona na perversidade absurda, Que utiliza o baixo fondo mental, E quebran absurdamente As leises elementáis éticas, Furando o concepto real E así convertilo Na máis tremendo absurda Hipocrersía existente, Creando o Mundo opaco, O Mundo agachado No máis fonda perversidade De nosos instintos máis animaís, Que humanos. Home forte Muller valente, Que non lle temes a fonda verdade Que non rexeitas de tí, Do que ti eres, como eres, Que non agachas as mesquindades, A preversdidad absurda. E, por eso, que,eu,canto con toda a miña forza, Ao Mundo Ceibo, A ese Mundo que non quere vivir dominado, Perversamente dominado, Pola ingratitudade cotía, Pola teoría farsaria Das verdadades inexistentes. Por eso digo, Érguete e libérate Da cobardía continúa Que cada mañá vital, Escomenza a castigarte Facendo de ti un externo fantasma, Un estrano actor teatral Que fai da súa vida Un esceario mentirán Sen Director algun, Que dirixa o espestáculo singular É articial. E así van pasando os días enteiros Antre verdades disfrazadas E mentiras constantes, Por eso digo: É fácil Atoparte ao que ti eres? É posible admitir O que ti eres? A vida avanza, As nosas facianas debuxan O tempo pasado E o tempo, sen remedio, Non se para, Mais, as veces, Como a modo de castigo Parés que se detén Coma unha pedra pesada, Como un home perido No medio do súa perversión A sensación do valeiro absurdo Como unha anguaria existencial, Ponme a proba e doume de conta, Que teño que erguerme, Coma se fora un animal ferido. Cantas cousas diversas Nos acontecen nos nosos días perfectos, Ou nos días controversiados. Pero a linguaxe vital segue. Algúns amigos nosos Deixan de loitar coa dor absurda, E asumen, sen remedio, Unha longa estancia atemporal Sen límites, fronteiras, Unha zóa atemporal Onde din que sempre Se descansa, por sempre. Outros pola maxia dos nacementos Van integrándose a temporalidade Existencial, quizáves, ao campo tranquilo Ao sosego do alimento e o descanso, No Mundo onde a necesidade Non significa a carencia absoluta. A door permanente. Xa imos chamar a porta Deste longo número de dous mil novo. Meus benqueridso amigos e amigas. Erguede o voso mundo Ao mundo común e solidario. Non sexades absurdas illas ireverentes. Meus benqueridos, benqueridas amigos e amigos, Que teñamos a sorte merecida neste achegado futuro. Non usemos os sentimentos inútiles Nunha fonte próspera. Sexamos o que somos E chamemos a cada cousa Polo nome real O nome fictio E un clase de mentira absurda. Entrego este poema con amor E auténtica dozura Nunca e xamáis con engano. MIGUEL DUBOIS | |||
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario