Mostrando entradas con la etiqueta POEMA POR MIGUEL DUBOIS DORNA EN AGOSTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POEMA POR MIGUEL DUBOIS DORNA EN AGOSTO. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de agosto de 2008

DORNA EN AGOSTO

Pontevedra, ao 24 de agosto de 2008.




De que maneira, certeira, iba sintíndome

Como un ser asistente ao belo espectáculo vital.

A forza do vento do Norte,

Batía coa a súa forza agarimante,

Labazadas de ar ceibo E tépedo

Sentín que o vento era o dono intenso

Dos movementos dos nosos cabelos,

Fíos cansos e tensos que o vento penteaba

A súa vontande natural e decisa.

Sentín unha fonda beleza interior,

Cando eramos víctimas do movemento mariño,

Antre un intenso subir e baixar

De ondas vestidas de beleza extrema.

Namentras o que falabamos,

Era un producto de palabras belas,

Que o vento levaba, lixeiro

Entre vocablos carregados de amor intenso,

En lembranza pertinente e penitente.

Lémbraste meu amigo,

Lémbraste daqueles tempos de tódolos tempos?

Naqueles anos de maxia infantil,

Que eramos mariñeiros de dorna a vela latina e branca

Coa forza absoluta duns longos remos?

Fomos os derradeiros mariñeiros da infanza absoluta,

E o mar baticaba co Nortón traidor,

Nun serán perdido de mes de Agosto caluroso.

Barco e dorna grande,

Habitantes de longas lembranzas,

Illas de Pedra, a rente,

O Con do Roibo ao estribor,

E a babor as doces agarimos do amor en cío.

Canto amor, meu amor!

Amor fondo con mar de fondo,

E eu me sumiso me sumo a un paseo en dorna

Nun serán perdido do verán das lembranzas.




Miguel Dubois.