CARMEN DE ROSA
AMOR E DOZURA É VIVIR Pontevedra, ao 7 de marzo de 2009. TIVEN QUE DECIRVOS..ADEUS. A door tremenda habitaba dentro de nós, Aínda habitantes deste mundo vivinte, Intres de impotencia ante nada poder facer. O deserto da vida vivida, a nada, O abandono da estancia temporal No habitáculo vital, Meu corpo acompañante do meu ser físico, De que xeito poder contar cantas experiencias vividas. Canta vida entregada a todos aqueles que tanto quixen. Que suprema adoración a miña Terra Querida, O miña pequena aldea, un mundo máxico e fantástico. Que luxo de tempo vivido pertiño da Ría de Vila do Mar. Miraba coma se fora unha Illa Máxica, A Illa de Rei Deposto, Lémbrome cando ti e máis eu, Collíamos a pequena barca de remos pesados, E ti vogabas e vogabas, sudando soños reais Abertos ao mundo luminoso, Coa forza suprema dos teus fortes brazos espidos, E fitabas en min un sorriso delicioso. Deixabas varada na pequena praia senlleira, De branca area descasando a súa beleza limpa, A pequena embarc...