De algún xeito arbitrario,
Quizáves, pode ser, non sei.
Teño que pensalo, mira........
Din, ao mellor,
Máis o que é branco non é máis que branco.
As luces acesas na noite para dar un face luz, están,
Din, ao mellor,
Máis o que é branco non é máis que branco.
As luces acesas na noite para dar un face luz, están,
Aos teus ollos claros, coma a auga crara do mar lento,
Podo mirar, sen dúda longo tempo habitante de si mesmo,
Eu esperando a ser o que ti me pidas,
Eu en pé no medio da marabunta
Marmurio de xente alporizada,
Queixume dun can doente,
Laio do preso político,
Da dor quebradiza,
E os nenos felices
Xogando as canicas de cores
No xardín da fermosura
Do ensono constante
Onde a dor ten a coor cáseque
Poidera ser unha inxustiza tremenda,
Nenos que asulagades meu ser enteiro
Da máis fermosa felicidade,
Canto de menos os boto, meus queridos meniños
Mais o tempo non perdóa,
E a agulla do orloxo non da descansando.
Tempo que non é pedra,
Pedra sobre pedra,
Verdín húmedo,
Valado de pedras antergas,
Un mundo de lembranzas non rematadas,
Con campos de millo verde,
Lanzas verdes cravadas
Na negritude da terra
Na espera de fermosas espigas dourdas
Ou espigas brancas como o leite branco dunha vaca galega
Miguel Dubois
Miguel Dubois