AMOR E DOZURA É VIVIR
19 de 145
Hjjkkk
O CAUREL
Recibidos
a usuario
hace 1 horaDetalles
Este mensaje se ha modificado para adaptarlo a tu pantalla. Si quieres mostrar el original, toca aquí.
Miguel Dubois Thenaisie
6 h
Pontevedra, ao 18 de Xuño de 2016
DISFRUTAR DO CAUREL
Chegado ao pobo do O Incio,
comezamos a subir
longas custas de estreita
estrada negra. Sempre,
a cor verde mandaba,
polas esquinas da paisaxe,
devesas fermosas, arbres
fermosas de poderio e fortaleza
inigualable, regatos espallados
polos camiños, pequenas fervenzas,
a estraba estaba cuberta,
bóveda aerea verde,
por lindas árbres tupidas,
que deixaban un cacho
de ,sombra pola estrada,
sempre ascendendo hasta Paderne,
pasamos casas abandonadas,
casas doutrora de seres
que viven no máis puro
infinido da lembranza,
paredes desfeitas
e fiestras podres,
carentes de cristais
debaixo dun ceo grisaceo,
cor de chumbo forte,
e pasamos casas habitadas,
serradoiras para preparar a madeira,
e pequenas pontes estreitas,
que atravesaban os regatos
perdidos, na beleza da paisaxe,.
non exenta de belleza e frondosidade,
arbres hanchas de formas caprichosas,
o poder da natureza propia,
deixábase mirar por tódolas bandas,
a presenza humana, de momento,
era escasa, homes e mulleres
camiñando na soidade dos
seus propios pasos,
con seres posibles e acompañados
por cans, cáseque, sempre,
de tamaño grande e esbeltos e fortes.
Collemos a man dereita chegados a Paderne,
e un camiño curvilinio e sinuoso.
excesivamente, estreito
antigos camiños de vacas poderosas,
levounos a presenza dunha muller xoven,
entrada xa na súa madurez vital,
con voz leda e desenfadada,
danos a súa benvida as terras do seu casal.
Casas de non moita dimensión,
feitas para o que ían ser
para o lecer turístico
ou para a traballo cotiá
ese que danos o pan noso
e non perdoa, día a día.
Na nosa fronte, unha outa montaña,
miramos nas outas outuras da distanza,
toda ela vestida de verde fondo e uns
coches os mínimos, casas unhas cantas
arbres unha verde herba e agarimosa
que deixaba o chan máis fermoso.
Sentín a sensación de belleza,
moi a miña rente, descansando
a vista na fermosura de vivendas,
de tellado negro de pizarra,
de fiestras pequenas, preparadas
para o frío intenso da neve invernal,
cubertas dunhas pedras castañas,
semi alongadas e cunha caliza
casi vermella, que acompababa a pedra.
Víase, ao pasar, un pasado, intensamente, gandeiro,
con portas hanchas, cuadras dos animaís
e casas tamén de feito pequeno,
para gandeiros e músicos.
Parderne, foi un lugar para á música,
onde hoxe habita en mármore gris,
a lembranza, dos músicos de Paderne,
que, no seu tempo, ían gañenado
o seu salario, polos lugares ahegados
e non tan achegados. Adriana,
a muller, que dounos a benvida
cariñosamente, cóntábanos,
as historias de Paderne no pasado.
Contábanos ela, que ía con seis vacas
a pastar, e cando o aburrimento
chamaba dela, abría un libro entretido,
e de cando en vez, vixiaba as vacas,
que estaban, perfectamente,
documentadas, como se fora
un ser humano calquera.
A granxa daba un traballo constante,
no que o esforzo era continuo.
Doíalles as mans a Adriana,
e para quitar o leite das vacas,
tiña que facer un esforzo enorme
coa conseguinte dor provocada.
O home de Adriana, chámase
Xosé, con cara de bon home,
sinceiro e non moi falador,
namentras na outra esquina,
da mesa estaba, a Mae de Xosé,
con máis de oitenta anos,
e cun fermoso cutis natural.
Cordialidade a hora de comer,
boa conversa e alimento
caseiro, todo il moi natural,
porque gústame todo aquelo
que chamamos sencillo,
sobrando calquera tipo de luxo.
Noites de silenzo absoluto,
e polo día, somentes, escoitabamos
as nosas voces libres, voando
polo ar ceibo, ceibo ar do O Caurel,
Notei, en min o impacto da belleza,
extrema e ver que o ser humano
podía vivir afastado de calquera
barullo inútil. Iamos pola estricta
estrada, Natureza verde
campos verdes, o verde das arbres
e o verde das montañas poderosas
o gris da dura pedra
e os negros da pizarra,
Dimos voltas e voltas e chegamos a
Parada, á casa onde viviu Uxio Novoneyra,
e preguntamos a unha moza loira,
que dixo: isa que está na fronte!
Sentín un pequena emoción.
Recibiunos un mozo, que alí traballaba,
mais era de Sarria. Unha moza,
coa leccion ben aprendida,
amable e sorrinte,
tomou o seu lugar e comenzou
a explicarnos a vida de Uxía Novoneyra
nado no ano de 1930
e falecido en 1999, o día
30 de Outubro .
Materiais
de divérsa índole, un fermoso
cadro no que aparecía o poeta
Uxío, feito por Carlos Maside,
fomos ao coarto cun fermoso cadro
de carlos Oroza, poeta,
que viviu catro anos
naquel coarto acolledor e fermoso
coa súa moza nun periodo de catro anos
A pintura era diversa, coma
a cara de Uxío Novoneyra
pintado nun negro forte.
Os cadros podían estar firmados
por Laxeiro ou Carlos Maside,
dito xa, nun verso anterior
Luis Seoane, facía a súa presenza,
e os caligramas do Poeta Uxío,
moi amigo de Manuel María.
Todos aqueles poetas fenomenales
María Mario a súa amigo
tamén, pintores,
A mesa e a cadeira onde escribía
alí estaban , fermosas.
Uxío de discursos políticos
con motivo da volta a Galicia
dos restos de Castelao
feito nun sobre grande
da Deputación de Lugo,
e que lería Tareixa Navaza.
Un exemplar do Divino Sainete
de Curros Enriquez e tantas
outras cousas asociados
ao mundo cultural.
Miguel Dubois.
HAPPINESS
|