MARA
AMOR E DOZURA É VIVIR
Pontevedra, 24 de Xaneiro de 2.025
PERDA INDESEXADA.
Adicado a
MARA LORES ÁLVAREZ
Dicir O Grove, é dicir, unha illa dun tempo atrás,
é o feito de dicir península chea de encanto,
E fermosura na súa plenitude máxima,
Meus queridos amigos mecos e mecas,
E doutras terras achegadas ou afastadas,
Da infancia, adolescencia e xuventude.
Tempo pasado que non se esquence,
Aquel Grove de estreitas pistas,
E abundantes corredoiras, con
Laterais de moitas silvas e vermellas
amorias coa cor do viño tinto, tamén
muros de pedra aos lados, pedra
enriba de pedra con chan de terra
terra que se erguía pola la forza
do vento que axitaba as silveiras
vívida vida de xeito intenso,
máxicos acostumados a vivir
na maxia cotiá ou na maxia de vivir,
con xeito e sen sinistro, ledicia intensa do meu vivir.
Serafín, ti pasache moitas noites longas no Casino,
de ruleta, Black Jack ou Poker,pero somentes a sorte
contaba ou era a tristura de perder
moitos cartos no Casino ao estalar
de delicia pola suma ganada.
Perdela vida é un feito cheo de tristura.
é coma se algo que estivera no noso corpo
fora arrincado, sempre, compañeira de vida
esgotada, da arrincada vida, pranto duro
que doe, día a día, esgotadas esperanzas,
a un paso da paz constante ao sosego,
da vida máxica e fantástica,
soños cumpridos en pouco tempo,
a realidade é dura e difícil de asimilar,
unha pantasma de medo fondo e miserento,
día de sufrimento intenso, que non quixera repetir,
e a dor pertinente,regresión anímica, estado de tristura
o amor que ven e permanece no meu corazón,
diástole e sístole e moito amor querido,
Presente de tristura de morte, tempos
pasado de ledicia e gloria, xuventude pasada
e vai e o desamor que morre
con puro amor de
tódolos amores. Por momento
a vida parcial fáiseme dorosa.
pola pertinente,
dor correspondente,
non sei o lugar exacto do
teu destino pero choro
de enteira pena,
síntome triste pola dor
da túa morte, fico
mudo e falo as palabras
do silenzo e nomeo
o teu querido
nome, Mara, do Mar Meco
meca dos meus fermosos soños e sabrosos
agachados debaixo do camiño da vida
da Ría de Arousa, luz aberta
que nos meus ollos penetra
que o vento Norte pentea os meus cabelos
vitalista, valente
vidas, loitadoras
na percura
da xustiza, da verdadeira
palabra afastada
de teorías
falsas ou a filosofía
de bulos mintireiros que
invitan a falsedade
e as teorías da conspiración,
mentiras cotiás
hai quen publica
as mintiras da vida,
hai quen indica cales
indican os camiños
da vida verdadeira. Mara,
as derradeiras raiolas da tarde
Ían desaparecendo, estabamos
pertiño no Monumento ao Mariscador,
raiolas esquencidas, luces acesas, farois,
e coche, a noite chama a noite,
unha ampla bóveda celeste amosaba
o poderío estelar a estrela Mara,
alumeaba un espazo de ceo poderoso.
deixamos o pasado
En capítulos de lembranza,
aquel pasado, que
de cando en vez, repítese
no noso pensamento,
que ven e vai,
como as mareas do mar.
o Bar Marino,
O café quentiño,
unhas palabras amables
bailes sin fin
na Sala de Festas
“O Marino”,
sá de Cinema,
películas dabondo, versos
de fantásticos poetas,
manadas e patalexar
no chan do Cinema, froito
do desconteto dos espectadores,
percorrido por numerosos bares,
a contenteira ía subindo,
até chegar
ao límite permitido.
sentiámos
o pracer de ser
xóvenes, o noso eido
tan particular
a inozenza perdida,
os primeiros
intentos amorosos os
resultados positivos
e os negativos,
que quixera esquencer,
mellor non lembrar
os desenganos, rexeites
do desenganado amor
e prefiro non lembrarme.
O amor ben amado
a quentura obtida
De dous corpos amarrados,
e voar polo
espazo da vida duns
namorados.
Grupo de xóvenes,
Inconfosmistas,
fillos do tempo
Daquela, que iámonos
abrindo ao Mundo,
un Mundo Xusto, xusto
para todos e todas
e non somentes,
construído para “minorías”
manipuladores. Mara, cría
nun Mundo Xusto,
no que os Dereitos
humanos foran respetados.
parte da nosa xuventude
grovense,
Iámonos fondamente
namorando tanto,
máis que máis , parellas
que camiñábamos
polas beirarruas
e saudábamos
as parellas,
cómplices
cun certo sorriso
cheo da complicidade,
amistosa pero
a cara leda facía máis
bonita a nosa faciana.
Algúns resistimos até
o combate último,
e outros desertaron,
outros colleron o camiño
da outra vida, con toda
a nosa pena.
Non é o mesmo marchar
que vir, vir da ledicia
e marchar da tristura
aínda despreocupados
do tempo que anda.
Unha xuventude aberta
ao mundo enteiro,
as corredoiras, camiños
e estradas do pobo
de aventura de mirar
o feito despreocupdo
e sentir a vida enteira
coma unha aventura
despreocupado, e berrar
polas rúas liberdade
E liberación, liberarnos
de tódolos males,
nametras outros caían
nas dependencias mortais
novios e novias da morte
que un día casaron
coa mortífera “heroína”
morrer conela
no cumio das frutracións
e unha caixa de pino
económica era o derradeiro
vestido da vítima,
en cuentión ,
namentras os pobos
ían aumentando
súas nóminas da morte.
a túa opción era apostar
pola vida ou a morte,
pola democracia ou dictadura.
as primeiras flores do Xardín
da Democracia, florecían
Nos Xardins da Democracia.
Os actos democráticos
íanse contruíndo
cando miramos a Rafael Alberti
no cine Marino
acompañado con Santiago Álvarez.
E grazas a Manolo Lueiro,
querido amigo, entón
O Cine Marino era
coma unh Illa libre
Rodeada de bestas famentas
Da vida xuvenil,
aventurarse no descoñecido
A vida que chama
as ganas de vivir e describir
Os sentimentos
máis intimos da existencia,
Unha existencia que sobe e baixa
o son do mar que ruxe
ruxe o son das
ondas que baten
nos duros cons de pedra.
o bico lene e a arte de amar.
o paso do tempo
polos días da vida pasada,
o camiñar da vida
polos vieiros descoñecidos,
onde atoparei novas
Paisaxes e Rías abertas
ao mar con rochas e illas
e barcos na superficie,
rumbo aos peiraos de dura
Pedra dos seus portos de chegada.
Choutar a superficie petrea
chan do peirao vello,
que perante tanto tempo
prestou o servizos
de meu pobo mariñeiro e algo
Labrego polas Terras
de San Vicenzo, pero meu
pobo dabondo traballa
por toda a Ría e por tódolas
Terras. Tempos
actúais diferentes,
tempos que preguntan
E non respostan, resposta sen
repostar no ar está a resposta,
Mara que contento estaba cando
cando facías uso da túa
valentía, Mara, nunca calabas e
expresabas os teus sentimentos.
Eras as palabras
da valentía e
da coraxe, facías do teu
Mundo un mundo clarividente
e a verdade por diante
malditas sexan
tódolas las infirmidades
que rematan
en mortes seguras
e pouco sabemos
depóis de atravesar
esa dorosa e misteriosa
barreira.
Por veces, a vida é dura
e da dificil asimilación
a verba ausencia,
provoca unha fonda
tristura irremediable
e cando as bágoas esbaran frías
polas brancas fadulas
os sentimentos
non están ausentes,
sentimentos de fondo decaimento
os espazos da vida son tempo contado
até un determinado número, mais
ao fin todo remata có derradeiro
suspiro o último latexo do corazón
de ida e volta, ausencia,
sentimento de tristura.
Repasar a memoria
que emerxe coma fonta
de auga. Mais quédanos
as lembranzas, o feito coma
me mirabas e a amplitude do teu
sorriso, sorrisas da lembranza en plenitude
o motivación para sorrir,
As cousas bonitas da vida ou,
por se acaso o vento que move os teus
cabelos, un Croupier de Casino;
Casino que fai bulir o diñeiro, perder
ou gañar o senso común. Fagan Xogo
Señores e Señoras, A Ruleta comeza
a dar voltas e voltas. Os xogadores
treman de medo e outros ríen con
intensidade. O Black Jack ou
o Poker e as máquinas traga cartos que
Entraba a moedamais non saía.
Co paso do tempo imparable
agora, de xeito rendido, digo Mara
Mara, tiña unha persoalidade forte
e matizaba as súas palabras
non n teñas ningún medo, discurso
a palabra nítida transparente,
transparente de corazón xusto
con consello axeitado ao mundo
existente, parte da vida enteira,
que se perde polo camiño da esistenxia.
Vida que se da e se quita , estancia temporal
polos camiño da vida,
que de xeito, similar
para todos e todas remata,
polos Campos de Descanso
por todos os tempos futuros.
Nacemos chorando
E abandonamos a vida facendo
chorar aos nosos
Seres queridos.
Mara, ere unha muller de palabras
verdadeiras e sans consellos,
potentes palabras verdadiras,
Mara. Era eu un neno e ía a oficiña có
Meu Pai, e presentoume a
D. Serafín, eu era pequeno
Mais D. Seafín,
pareceume moi grande
e moi grande. Home moi
grande de verbas
agarimosas, cheas de contido amable
E conquistador. Có paso do tempo quixen
moito a D. Serafín Romero
Pai de Mariló de Finsito.
A miña faciana enchíase de ledixia
Cando miraba a D. Serafín.
Pasoume, un caso,
similar con D. Manuel de La
Higuera y Núñez de Cepeda,
o Pai de Pablo de la Higuera, a quen
fiquei “adorando”, e non podo
esquecer a aquel Pablo, maravilloso.
Caso similar era o Sr. Boullosa,
da mesma ofociña. Tiña un fillo amigo
Meu, Raulito que morreu,
no accidente de autobús en Santa Cristina
Da Polvorosa, unha tristeza.
Inmesa unha dor moi forte. Tiña, tamén
Un agarimo especial
por Mariló , irma de Finsito
”Serafín fillo”, Era visible
A amabilidade de Maruja,
a Mae de Mariló e Finsito,
que viviran naquela
casa máxica de cores vivos,
fermosa e tan linda, cores ideadas
por Ernesto Goday, según teño entendido.
Eran veraos de nunca acabar
de Sol intenso e fermosa mar, Tiña,
daquela un potento sentido da vida
e vivia un Mundo Maravilloso infantil
y comenzaba a ver a vida en realidad,
Meu Pai era o meu ellor amigo e compañeiro
e iámos ao Bar Pepín
tomar un refresco Kas de laranxa. Pepin,
amable como sempre, a muller
De Pepín, contábache contos máxicos,
E faciáhe bromas simpáticas bromitas
Por veces presentes
os fillo de de
Pepín, un deles
sin Gogue, todavía,
Fernando, recentemente. Alecido,
Era ter as fiestras abertas
as portas da vida xuvenil
aberta ao Mundo novo
que ía coñendo
caras novas e vellos descoñecidos
por veces pechábame nas miñas
propias ideas e foron abríndome
portas abertas a vida dunha xuventude
que vivía, fondamente, e o tempo ía
pasando. Día a día e as noites eran
De día. O tempo daquela, espremiámolo
coma unha laranxa interminable
as ondas do mar ian de abaixo enriba.
Un día de intenso verán coñecin a Mara,
Dime de conta, da súa intelixente maneira
de mirar o Mundo, seu sorriso potente
a súa fermosa xuventude, personalidade
fonda, a súa maneira de mirar a vida,
a súa forza e o súa coraxe a súa valentía
o noso espíritu incorformista. O meu amigo
Vitiño, sorrinte eledo,
e cun gran espírito tranquilo
Alterado polo
acontecento triste.
Chiquilin un sabio
Moderado, que non se
daba a destacare e máis ben calado
pero Chiqui, deixábase querer
aprecieno moito.
Mara dos Mares,
Mares de Marita
de tódolos Mares.Mares
que viven,por enriba das
Ondas do movemento,
soben e baixan
coman crestas brancas de escuma
Outa admiración
a quen eu adoraba
Polo seu sentido humilde.O vento do Norte
Ía zoando por Peralto, dos fíos finos
Penduraba a roupa que ao Sol secaba
Pataraxos e polvos que o vento do Norte
Ía secando, fios tensados coma baras rectilíneas
Conversas e consellos con
Mara, descubriamos
os mundos casi perfectos
nas que a verba inxustiza
Era unha tremenda
barbaridade que apartaba
Da circulación a homes
e mulleres. O noso
Espírito reinvindicativo.
Escoitamos tantas veces
a Victor Jara, Violeta Parra, Quilapayun,
Paco Ibáñez, JoséAntonio
Labordeta, Suso Vaamonde,
Fuxan os Ventos, Milladoiro,
Miro Casavella,
unha cantiga para se libre
e non estar preso
aos costumes imposible
a verdade falasa
Lluis LLach e Raimon. “Al Vent”
“Al Vent” as areas das praias mecas
As ondas pentiadas có vento ceibo
namentras. Quérome lembrar de Oti
A quen tanto qixemos e tanto botamos
De menos. Oti foi, tamén unha gran amiga.
Querer a Oti, non era moi difícil, Deixou
Pegada en mi, porque era Oti. Meu Susiño,
Amigo enteiro, de bó corazon de desintersado.
Miguel Dubois.
Poetryoftheworld.wordpres.com
Comentarios