AMOR E DOZURA É VIVIR
Pontevedra, ao 21 de Agosto de 2014
DÍAS EN FAO
Un paseo lento en bicicleta,
facianos mover dun lugar a outra,
Cambiar a nosa constante visión.
Unha ponte estreita camiño de Esposende,
abría o camiño por enriba do Cávado,
cando deixaramos xa en Fao,
as vivendas dos indianos brasileiros,
o Hospital de Fao, a escola,
pola que pasaron tantos mestres.
Os edificios outos de Ofir,
erguíánse rompendo
o equilibrio paisaxístico,
e pedal a pedal iamos avantando,
deixamos os artiluxios de dúas rodas,
de motores de pernas longas,
non moi lonxe daquel museo marítimo
e lugareño daquela vila,
con fermosos monumentos
e igrexas pequenas ou non tan pequenas,
culto interior do silencio íntimo.
Unha volta andando, un doce delicioso
comemos gustosamente.
Visitamos unha botica
cun empregado alarmente.
Visitamos os lugaros das enfermeiras
que nos foron tranquilizando.
O pincho da palmeira de Balazar
fixo hinchar o dedo do meu primo.
Meu primo Zí, asou unhas sardiñas prateadas
e comemos e rimos e non nos esquencemos
de rir, a risa era un instrumento necesario
para facer máis bonita a estadía.
As grazas aos dous a estes queridos primos
da mesma idade que a miña.
Grazas pola vosa amabilidade,
pola vosa bondade,
e se atopades eses instrumentos
que abran as portas,facilemente,
dádeme aviso por favor.
hasta pronto meus primos queridos
desexando, de corazón enteiro
que marchedes a mirar
ao Kukiñas e demáis familia
aló na outra banda do Mundo.
O Miguelito
Entradas populares de este blog
A FINA CASALDERREY
AMOR E DOZURA É VIVIR Pontevedra ao 31 de Decembro de 2.021. A FINA CASALDERREY. VIDA DA VIDA Un día da vida Pasa voando, Coma un paxaro Ceibo que Peteirou Os aramios da gaiola. Un ano estirado Tempo consumido, Consumido para O ben ou conducido, Para o mal, mal parido Tempo, tempo do Descontento, Do prantiño E do desconsolo Outono da vida, Chan de follas mortas Quedamos a vida Amarrados Cando se pensa A ben pensar. Mal Penso de ti das tus Verbas irreverentes, continuas e lineáis, Unha liña recta Inacabable, Un castigo Progresivo, Que non para O parado, que para O curso da vida, Que sobe e baixa. A vida que viaxa En vagón de primeira Clase, ou peregrino de Pérdidas estradas, Camiños do fin do Mundo Fisterra, A morte programada, A derradeira Chamada, Vai indo, A éxito escolleis desfacer O descrito. Os días De diario son mais Levadeiros De construir días Livianos de ventó Cabalo invisible, Do ar en movemento Refres...
Comentarios