IN MEMORIAM: Miguel Delibes. UNHA LONGA VIAXE Pontevedra, 17/03/2010. A vida fermosa, a vida dorida, Que non perdoa a dor ferida sandante Remata nun segundo de tempo tope e punto. Os límites do sufriemento criminal e derradeiro Do estado vital vivido, paz, guerra e amor Transportámonos de contado Ao eido da inexistencia, á a carencia vital, Ao valeiro ao mundo sen mundo A vida tan, sumamente, vivida, Convídanos a un descanso fondo, Quizáves eterno, chamado Lus da Esperanza. Saltan as noticias importantes E as absurdas banalidades Que, degrazadamnete menos importan ou importan, Sen saber que é o importante e o efímero Polas radios transmiosoras, Saen polas novas tecnoloxias dixitalizadas, Por tódolos os medios da comunicación, Medios perversos ou deliranres, Nesa comunicación invasora, Manipulada, mais neste caso A nova no son dous polos opostos, Polo Norte pòla testa valeira Polo Sur polos pes espidos A según do suxeito ideolóxico. A noticia e fría e seca, Coma o fío dun coitelo afíado Coma se a neve branca, Ficárame prendida Na miña faciana conxelada. A nova, é que Miguel Delibes, Non resistíu o derradeiro combate. Seu corpo cansouse de regular As constantes vitais súas. Que tan feliz fixéronno, Antes de que morrera Ángeles Castro, Mae de sete fillos e compañeira dil Toda unha vida chea de enorme Creazón literario e abundantes vivencias Achegado a mae natureza sabía, Que imos aniquilidando, día a día. Non bastaron, Cinco horas con Mario, Nen As ratas, e aquel principalmente, A sombra do cipres é alongada, A maravilla dos Santos Iñocentes, O herexe, novela histórica, Nos tempos da Inquisición española. Seguía traballando naquel primeiro Diario, para el , El Norte de Castilla. Censurado polo Ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne, Abandoa a dirección do diario vallisoletano, E á sombra de despachos e rotativas, Na clandestinidade Seguirá a laboura directiva Longas tempadas en Molledo, Cantabria, rexistro dos primeiros tempos, Lectura a súa mae e irmá, O sombra do ciprés é aongada, A maravilla das dúas mulleres escoitaban, Con atención suprema e emocianadas A perfecta creazón do xove Miguel. Biblioteca ampla na casa de Molledo, Tempo para debatirse antre lectura e lectura. De Sedano era Ángeles, Súa muller querida e adorada. Fillos tiveron dabondo, Os premios e galardóns de Miguel, Que non foron poucas. Seu gosto polo vil deporte da caza, Súa delicia na pesca troiteira fermosa, O amor aos pobos rurais, Súa fonda pena, Pola desestructuración, Das familias rurais. A xente labrega, Abandóa os pobos mortos ou semimortos, As pedras xeádas, As paredes valeiras, As portas derrubadas E achéganse as grandes urbes De grandes fábricas coma a Renault, Da cidade de Valladolide. Pobos de Castela da cor do barro, Feitos con paredes de adobe pardo Solitarios pobos castelás, Con pequenas fiestras semifechadas, Cortinas baixas e luces decadentes De plástico coorido eran as pequenas contras, Lugares esquencidos e desabitados. Seus estadías na Universidade de Mariland Como Profesor Visitante na Área de Linguas Foráneas |
Seu achegamento a Universidades alemanas |
Chile destino, visión da América latina
Italia e os seus congresos na cidade de Alba,
Praga, chegada antes da invansión
Dos despiadados blindados
Sume moito o seu currículo amplo E os Premios Gañados A súa capacidade escritora, Mais el non amosaba fachenda, E non amaba as medallas que penduraba Dun peito tapado de roupa negra de gala Porque Miguel Delibes, Era un home homilde, Ocupaba o lugar que debía que ocupar, Non estar por enriba de ninguén Non facía seu o que non lle pertencía. Ia contruíndo o seu maravilloso mundo literario, Tan único como el mesmo, tan particular e peculiar Tan preciso e exacto, tan cargado de humanidade E ao vento ceibo, aquel que non volta As ideas voantes, desprendidas e amantes Que transmitía en diferentes idiomas. Soubo ser o que quería ser, Soubo entregarse a unha pluma de tinta, Ou a un bolígrafo común E a un papel branco e espido. A escritura non paraba, e palabra a palabra Oración a oración, capítulo a capítulo E volume a volume, Foi creando o Mundo Miguel Delibes. Non foron somentes as magnificas novelas Pasadas ao mundo cinematográfico, Ao a maxia da expresión corporal Dun actor teatral como Pepe Sacristán, Ou Lola Herrera, ou Paco Rabal. Querido Paco Rabal, Foron os Tratados Cinexéticos, Foron as súas guías turístiscas, Seus tratatos de viaxes Ao o cono sur Sudamericano, O viaxe a París, Ou aos Paises Escandinavos Un mundo pleno de vitalidade, A maxia do mundo que sabe vivir Fondamente a vida en pleno movemeto. Un día da túa fertil vida, Dámaso Alonso condecorouche Como menbro da Real Academia da Lingua Española, Designándoche o sillón e. Porque foste un home único, somentes Fostes o que tiñas que ser: Miguel Delibes. Miguel Dubois. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario