martes, 14 de abril de 2009

AMOR E DOZURA É VIVIR.


Pontevedra, ó 7 de abril de 2009.


NOCTURNO DE NEGRO Este poema é para:

Priscila de Leme


Brazil


Poderosa noite escura,
Tebras encendidas, cumbre da pura obscuridade
Total esterilidade da lus existente.
Está todo tan quedo e sumiso,
As palabras son eidos desertos
Sinto unha tremenda ausenza luminosos
Collo coas miñas mans poderosas
Toda a noite enteira no meio
Das miñas mans espidas
Como podería medir o escuro poderío
Da noite que morre na súa propia negritude.
Sinto unha total ausencia do mundo visual.
Son o eterno cego da noite pecha,
Non miro nada e sinto tanto.
Sinto como caen as tebras poderosas,
Coma pingas de choiva negra.
Que esura está a noite pecha,
Diante dos meu ollos perdidos,
Na dimensión da pura escuridade.
Se alomenas a lúa vira,
Vería algunha lus fermosa no ceo negro.
Toda a noite pecha está afeita
A un candil que da unha extrana lus
Inexistente que nada ilumina.
Noite pechada a todas luces existentes,
Deíxame alomenos mirar as estreliñas brillantes,
Do ceu nocturno estival,
Pero non podo mirar nada,
Unha tremenda cor moura invade
A superfice do ceu triste e amargo.
Porque fiquei neste mundo negro,
Que lle ocorre a miña perdida visión,
Que tremenda acción cometín
Para que tal castigo se me impoña.
Deus, Meu Deus, dame a lus enteira,
Perdida ou arrebatada,
Non me condenes a este castigo tremendo,
De facerme vivir no mundo triste das tebras,
Dalle a lus aos meus ollos claros,
Que fóronlle arrebatadas, dame toda a lus necesitada.
Pensando e concentrado no meu pensamento
Pouco a pouco e lentamente,
Fun mirando a lus perdida,
Fun tocando os obxectos pequenos,
E aqueles que xa eran maiores,
Fun dibuxando a fisonomía completa
Da túa fermoso cara fresca.
Fun tocando o grosor dos teus beizos perfetos.
Fun perdendo o medo ao negro maldito,
Que me condeaba a escuridade suprema.
O pouco a pouco, xa cando o negro inexistente,
Foi un feito real e conciso,
Puiden mirar a fermosura do teu corpo espido,
Contemplar a fisonomía do contorno
Do teu fermoso corpo que tanto desexo,
Desexo que conmigo te xungas
E formemos un grande campo de amor,
E que a escurdidade do negro
Sexa xa un feito inexistente,


Miguel Dubois.

No hay comentarios: