miércoles, 6 de agosto de 2008

CASQUE QUE TORMENTA

A foto é moi bonita. Representa o peirao do lugar de RONS, no Concello de O Grove. Se vos fixades na punta do peirao, está atracando unha DORNA, típica embarcación galega, que pertence a unha persóa que eu quero moito. É FOFI POUSA, un home delicioso, eu polo menos o quero moito, non porque me albergue na súa casa cando vou a Madrid, se non porque é bon. Fofi ven acompañado polo marido de LOR, unha muller francesa que habita, tamén, nese gran Madrid. O GRIS é a cor dominate da fotografía. Enrina do dorna hai un punto vermello e eso quere dicir que a vela do barco é vermella e está feita por meu querido amigo JULIO POUSA, irmán de FOFI, e que somos amigos xa de tódola vida. O lugar da fotografía chámase RONS que é un lugar femoso do Concello de O Grove

Pontevedra, ao 11 de agosto de 2008.



Deíxame vivir, sempre, como eu quero vivir.

Quixera vivir amándome no sumo arte amar,

Quererte con toda a miña forza posible

Posibilidad máis que posible.

Máis ven verdadeira encantada de máxima beleza.


Deíxame vivir, coma quero eu vivir,

Porque así eu, son.

Vivo ao ar do vento ceibo,

Sustento a liberdade enteira,

Que me sobrevivir as mentiras cotiás.


Pero deixa vivir, si vivir, coma eu quero vivir.

Non molesto dabondo,

Non delinco absurdamente

Non xuro e non maldigo de cotío

Quixera vivir coma os abrentes abertos de lus enteira.

Quixera vivir coma a forza das ondas brancas,

Qu escachan no cumio da beleza,

Que o vento provoca.

Quixera vivir coma ave voadora,

Perdida no meio do vento Norte.

Os barcos cargan peixes prateados,

E nos mercados véndese a prezos dourados.

Quero vivir sen atrancos ,

Quero vivir sen falsos préstamos.



Miguel Dubois.

No hay comentarios: