Pontevedra, ao 10 de agosto de 2008
Grazas, cantante e poeta
Por regalarme tanta tan gran beleza,
Grazas por ensinarme a querer aos versos enteiros
Cargados de amor fondo e liberdade inmesa.
Ouh,Joan Manuel, canto me fixetes soñar,
Documentarme en sonos ocultos,
Entregarme á túa liguaxe sosegada,
Grazas por dicir grazas,
Por aquecer o frío da verdade
E transmitirme,
O amor enteiro por amar
Sempre á muller máis querida.
Pensaba nunha máxica Catalunya,
Namentras, nós viviamos en tempos de retraso,
Cantantes da Nova Canço, Pi de la Serra,
Ovidi Montllor ou Guillermina Mota.
Todo o meu país quedávame pequecho,
Cando escoitei falar,
De Salvador Spriu ou Joan Salvat Papaseit.
Nos ficamos coas Voces Ciebes,
Benedicto, Bibiano, Suso Vaamonde,
Con Xerardo Moscoso
Fícanos a lembranza dun pasado glorioso
Pero tí Joan Manuel
Sempre serás o que darás beleza gratuita,
En deliciosas cancións de amor e liberdade.Miguel Dubois
No hay comentarios:
Publicar un comentario