Mostrando entradas con la etiqueta SOLSTICIO VERANCEIRO...POESÍA por MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOLSTICIO VERANCEIRO...POESÍA por MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de agosto de 2008

DÍA DE VERÁN


Abre o día estival

Coa enorme potencia vital

Da luz solar.

Non me firas meus ollos azuis

Amado día.

Non violentes a dozura

Da pasada noite fermosa

Longa de amor ferinte.

Coma doce coitelos de amor


Meu querido abrente

Miña amada e querida muller

Durme sonos fermosos.


O abrente é senlleiro e tranquilo

Non espertes

A muller querida.


Que a túa luminosidade fonda

Alumee seu terno corazón ledo.


O Sol mañanceiro

Estala no seu fermoso brillar intenso

O día rebenta

O día nace

O día estala

De intensa fermosura.

Deixamos soterrado

Toda unha noite

De amor intenso

Meu intenso amor.

Digamos “bos días”

A luminosidade aberta

Pola forza da luz solar.

Nada é comparable

A fermosura deste amencer gratuíto e cotiá

Xa comezou o día

Xa soterramos a noite

Dende que o día naceo

Polo fermoso abrente.

Mais polo día enteiro

Tamén, te amarei

Porque pola noite enteira

Tamén te amei.





Miguel Dubois.