Mostrando entradas con la etiqueta AMIGO--POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AMIGO--POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de febrero de 2009

A MANUEL LUEIRO REY, AMIGO

AMOR E DOZURA E VIVIR


Pontevedra, 11 de febreiro de 2009
A MANUEL LUEIRO REY, AMIGO.
Xa pasou algún tempo,
Dende aquel tempo habitado,
Doutros espazos temporáis.
Foron intres belos e deciliosos
Cargados de sencilla emotividade decivisa.
Ti eras para min un pai verdadeiro,
Un amigo querido, un compañeiro estupendo
Un poeta realista e, as veces,
Un loitador supremo,
Amante da verdade espida,
Demandante da xustiza roubada.
Demandabas a libertadade espida e completa,
Polas esquinas do Vento Norte,
Namentras Lordelo era un lugar fermoso.
Amigo que non miraba
O falso rango categórico social.
Porque eras amigos dos poetas ceibos,
Dos mariñeiros tan queridos, noso Casal querido,
Mariñeiros constantes e poetas defesonres da verdade decisiva.
Aberta ao Mundo da verdade completa,
Que asulagaban o ar do Cine Marino grovense
De enormes verdades que lles doían, dabondo,
Aos que dominaba o mundo falsario.
Persecucións tremendas,
Pola loita dun espazo "máis" gañado
A doce liberdade roubada.
Que acariña o ar limpo e ceibo.
Estás ainda que non estás,
Pero segues estando
Na Escolma Ferida,
o Sol da Crista do Galo,
Naquel Manso perfecto e espía non casual,
No túa fermosa fotografía, expresión
Viva da beleza perfecta,
Mirando ledamente,
Cabelo branco ben peiteado
E con expresión viva
E momento delicioso.
Túas conversas eran actos cómplices,
Segredos que berrabamos, continuamente,
Garrido, Serafín,
Pidindo o mínimo dos dereitos roubados,
Aos homes asoballados,
Polo engano visceral e perverso.
Sempre tiñamos un tramo da palabra
Para reinvindicar aquelo,
Que un día, sen querelo,
Foinos derrubado,
Como un sono roto.
Era un mundo fermoso,
Con tódolos poetas xunguidos,
Rafael Alberti,
Derrubou os fríos muros de Granada Libre,
Meu querido Federico García Lorca,
Manuel Cuña,
Constante soñador,
Antón Tovar,
Antre boticas ouresáns
E a tremenda dor vital
Arturo Cuadrado,
Feiticeiro recitador
Enxeneiro aberto de palabras máximas,
Cómplice do sono desperto e agarimo,
Fabricante de Botellas ao Mar,
Querido Arturo Cuadrado Moure,
Máxico, Carlos Oroza,
Antre unha noite,
De troula na discoteca vilensa,
Vestido de chaleco escuro.
Perdoade de de alguén me esquecera,
Trovaron todos naquel cine O Marino,
Dunha vila mariñaira perfecta,
Augas bicadas por a Ría de Arousa,
Monunemto acuático milenario,
A fermosura en movemento continúo,
Azúl, gris, verde ou gris, de novo,
Peirao longo e fermoso,
Namentras os barcos móviles e saltimbanques
Chotan sonos vivos.
Peirao duro que se adentra sen vergoña,
No mundo acuático da Ría Arousa.
Barcos pequenos, racús de coores,
Dornas fantásticas,
Peixes prateados belos
Comida esquisita,
Manxares de mar fermoso,
Pescada perto da Illa de Rúa
Ou da Illa de Arousa
Cargada de fermosos verdes piñeiros
Peiteados pola fermosura dos ventos ceibos.
Teñe que lembrarme de ti ,forzosamente,
Amigo querido, non esquencido, nunca,
Aquel día de adeuses con poesía triste,
O noso interior
Ficóu fundido de tristura,
De cando en vez emerxe
Sen eu pedilo, o teu vistalismo,
O túa fortaleza constante
E por iso que non te podo
Esquecer por nunca xamáis
Neste mundo quizáves absatracto,
E non demasiado definido,
O fin primordial da felicidade expresada.
Miguel Dubois