TAREFA INACABADA, OU TEORÍA DA DÚBIDA.
Nono sei, certamente, quizáves, De algún xeito arbitrario, Quizáves, pode ser, non sei. Teño que pensalo, mira........ Din, ao mellor, Máis o que é branco non é máis que branco. As luces acesas na noite para dar un face luz, están, Aos teus ollos claros, coma a auga crara do mar lento, Podo mirar, sen dúda longo tempo habitante de si mesmo, Eu esperando a ser o que ti me pidas, Eu en pé no medio da marabunta Marmurio de xente alporizada, Queixume dun can doente, Laio do preso político, Da dor quebradiza, E os nenos felices Xogando as canicas de cores No xardín da fermosura Do ensono constante Onde a dor ten a coor cáseque Poidera ser unha inxustiza tremenda, Nenos que asulagades meu ser enteiro Da máis fermosa felicidade, Canto de menos os boto, meus queridos meniños Mais o tempo non perdóa, E a agulla do orloxo non da descansando. Tempo que non é pedra, Pedra sobre pedra, Verdín húmedo, Valado de pedras...