Mostrando entradas con la etiqueta UN MUNDO TURBIO POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta UN MUNDO TURBIO POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de mayo de 2009

UN MUNDO TURBIO

AMOR E DOZURA É VIVIR




Pontevedra, 6 de maio de 2009.


UN MUNDO TURBIO


O silenzo constante,

Domina a maneira absurda,

De estar no mundo extraño,

Estou sen estar,

Por estar como un ser absoleto,

Coma un paxaro prisioneiro,

Que é dono da súa falla total

De libertade desexada,

Sentimento constante opresor,

Que che oprime no peito dooroso,

Unha gorxa seca, un sentimento amargo,

Unhas palabras torpes e inauditas,

Son o paxaro engaiolado,

Que perdeu o desexo cantor.

A ledicia roubada.

Asumo a miña prisión incalificable,

Desexo liberarme

De todo aquilo que me oprima,

Dor habida por inicios enórreos,

En situación de perda

Da personalidade propia,

Froito manipulado, cobardemente,

Polo mundo alléo,

Víctima manipulada.

Que constante pena,

Cando no me interior torpe,

A pena medra, sen xusticia.

Teño unha pena negra

No fondo escuro e negro.

Do meu partido peito..

Roto está meu peito.

Cal é o senso real e puro,

Da verdade intrínseca?

Onde morren os dereitos libres

De cada un de nós como seres humanos?

Que é o dereito persoal?

Cal é o dereito colectivo?

Con que criterios absurdos,

Barénmase os principios solidarios?

Cando faremos do verbo amar,

Unha constante vital,

Intríseca per sé a cada un de nós?

Cando confesarás ese secreto trémulo

Que che atormenta,

Que desfae o teu interior deformado,

E que ao mundo alléo castigas

Con suma perversidade,

Carente do máis pura lóxica,

Se é que o mundo lóxigo,

Pasa a ser o pasado filosófico..?

Eo tempo vainos pasando,

Ante crises económicas,

Substracións indebidas,

Corrupción política,

Demagoxia increíble,

E o virus da gripe a.

Os xoves africanos arriscan

A vida adolescente,

En fráxiles embarcacións,

Fletadas por extrañas mafias do Magreb.

Governos do rico continente negro,

Estas liderados por seres corruptos,

As diferentes etnias dun mesmo país,

Enfréntase armados por mor

Do odio mortal e a división continúa.

Mais, as veces, pregúntaste,

Porque teñen que suceder

Os acontecementos máis perversos,

Desta humanidade globalizado,

Que nun día gana millóns de dólares,

E noutro día non se sabe canto

Cartos perde, alomenos, aparentemente.

As industrias diversas pechan,

Ou ti soñas e que xan non hai moitos

Soños factible, que che poidan

Motivar, como home amante

Da xustiza roubada e da perda

Da paz estourada.

Que non recure ao feito aparente,

Para dicir que é algo,

E somente é unha apariencia,

Que ten valeiro o interior,

Aquel corazón que debería ser

Unha fonte continúa,

De sentimentos solidarios?

Que absurda contradicción.

Que cando un cidadan deste mundo,

Declara a paz roubada,

Hai outro ser distinto,

Que quere facer a guerra horrososa,

Aquela que non perdoa as vidas presentes

Para facer todo un mundo triste,

De morte inútil

Namentras o cabalo da Morte,

Galloupa velozmente.

Que grande pena, apéname.




Miguel Dubois