Mostrando entradas con la etiqueta INVERSIÓN DA VERDADE: MENTIRA..POESÍA POR MOGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INVERSIÓN DA VERDADE: MENTIRA..POESÍA POR MOGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de mayo de 2009

INVERSIÓN DA VERDADE: MENTIRA

AMOR E DOZURA É VIVIR


INVERSIÓN DA VERDADE: MENTIRA.




No fondo dos teus ollos fondos,
Sospestía unha mirada acesa,
Dun certo desprezo,
A un ser semellente.
Sentín pena fonda!
Preguntéime logo,
Porque así me mirabas,
Pensei que odio non existía.
Guindácheme palabras duras,
Perdiche o senso humano,
E me preguntei quen defenderá,
As túas ideas extrañas.
Porque te separache do verbo amar,
Amar,día a día, afrontar a verdade,
Non soporto a mentira sublime,
Que contradicción perversa!
Que traizoa a verdade querida.
Amarga teño a boca,
O pensamento libre
A feito miserento e inexistente,
Mais atacan polo baixo,
Secan as fontes da auga clara
Teñen a mirada seca,
E os beizos tensos
Coma fío de tanza tirante.
E cando se quere construir,
O verdade enteira,
Un acto benefector,
Voces vociferan tremendamenta.
Como facer e construir,
A verdade, necesario,
Como facer do mundo cotiá,
Un lagar non extraño e habitable.
Se acaso deíxame ser un ser ceibo,
Non afeito a estructuras matemáticas,
A ciencia de facer o ilóxico lóxico.
Como cubrir as palabras perversas,
Como xerar o feito de construir,
Traballando libre, correcto
E conciso. Non me fales,
Dos contos inexistentes,
E non me digas as habituales mentiras.
Dame anacos de verdade,
Contrúe, a conciencia o mundo verdadeiro.
Non valen invencións inútiles,
Fora de lugar, amárrate ao hoxe,
Non fiques ancorado nun inexistante pasado.
Xa pasóu, amigo, xa pasou,
Ergue a túa pesada áncora,
Vente ao tempo de agora,
Alimenta o teu corazón sabio,
Sabedoría recibida do mundo alleo.
Habita en tí, non sexas,
O que non eres.
Habitáte na máis pura dimensión humana.
Abre o teu corazón ao mundo exterior,
Recoñece os erros, a miudo,
E acertos, de cotío.




Miguel Dubois