martes, 21 de octubre de 2008

POR Tí, EMIGDIO LÓPEZ LAMORA.

Con todo o meu agarimo, para:

Emigdio López Lamora.


Benquerido doutor, hoxe,

Non é un día calquera, para o Mundo de Fisterra.

O tempo que suma o tempo,

Fíxonos ir coñecéndonos mellor,paso a paso,

Eu, querido doutor afable,

Íache contando os meus sentimentos

As miñas contradiccións, o meu sofrimento e a miña ledicia

As millas marallas emocionáis, que me acorralaban,

Me aarrodeaban coma as Murallas de Lugo

O meu mundo interno e íntimo,

Sumario interno incontable.

Tí, atentamente, me escoitabas,

Coa a túa linguaxe da facaina atenta, correcta e fixa.

A mirada centrada na hestoria escoitada,

Abertas as orellas, sempre.

As veces, estabas sorprendido.

Pola falla da incoherencia habitada en min,

Ou a paisaxe espida do meu íntimo interior.

As veces, o meu corazón interno,

Consistía nun cúmulo constante

De valeiros pasaxeiros,
sen rumbo fixo.

Que, tí, doutor, de xeito agradable, enchías.

Escoitáste con todo o agarimo e atención,

Enseñácheme a quererme polo que eu son,

Me gratificaches bondadosamente,

Encendeche no meu corazón novo

Unha luceciña pequena de amor constante,

Doutor, segue acesa,

Igoal que o lume das antigas artesas,


Agora, emprendes rumbo a outra vila,

Non moi nlonxana por certo, pero fortemente bela e luminosa

Parés que quixeras retornar

Aos teus orixes pasados e queridos,

Achegarte aos tempos do máis remoto pasado.

O Atlántico visible, será o gran Oceáno belo

Que fará máis bela a beleza da Ría Fermosa.

Pero sei, meu amigo, Emigdio,

Que seguirás dando amor quente que dabondo gratifica,

Saberéi e nono dubido, que dos corazóns fríos,

Faras cacharelas fermosas unha praia aberta no

Verán luminoso e puro.

Andamos sen fachenda e presunción,

Porque queremos ser sencillos,

E de facer as mentes sufridoras,

Corazóns ledos e fermosos.

Por eso, Emigdio, eres moi humano,


Grandemente, por virtud grande e fermosa.

Tes grande capacidade de darlle vida enteira,

Ao que non ten interese pola vida rota.

Ti que animas ao que sofre,

Ao que lle doi seu interior íntimo e discreto.

A súa, propia, incomprensión

E a allea, tamén.

Segue dándolle folgos completos

Á aqueles que os necesiten.

Non te consumas na estúpida vanagloria,

Ataque o mal do mellor xeito posible.

Pero, eu, sempre, te levarei conmigo

No meu interior, no meu corazón interno e pequeno.

Terei presente a túa forma de ser humana e grata.

O teu saber estar,
o dar amor gratuito e sen esforzo, quizáves

Para facer das nosas mentes tristes,


Lugares perfectos para a convivencia fermosa.

Vaste, fisicamente, mais non te vas,

De todo.

Miguel Dubois

lunes, 20 de octubre de 2008

DIN--DON--DON--DON

Din que non ocorre pola sorpresa temida.

Din que é feito premedidato, froito da envexa,

E o poder dos baixos instintos humanos imperantes.

Din que se invieten os termos habidos,

Din que aquelo que é negativo é positivo,

E din ,por se as caso, que o positiva é unha perda temporal continúa.

Din que din que dixeron, que todo vale con tal

De propollerse os fines pensados e premeditados.

Din que que é como unha política mintireira e miserenta.

Din que minten dabondo e non lles importan, porque

Din que máis dolida queda a presa.

Din que hai ser severo, firme e persuasivo.

Din que Don, Din, Don, Din..

Din que convertírose en seres absurdos,

Din que non practican a democracia interna.

E Din, Don, Din, Don...

Din que son coma campanas tolas desafinadas.

Din que pouco ao pouco,

Vanse desfacendo, coma o vento inerte.


sábado, 18 de octubre de 2008

TEMPORALIDADE

Todo lento e inútil, na distancia turbia.

Unha verdade a medias, unha mentira enteira

O latexo lento e desestructurado,

Dun ser sufrindo o tremendo sufrindo.

Non estou e me atopo,

La livianidade do tempo vivido,

Na filosófia inútil do absurdo.

Que tremendo debate entre,

A utilidad necesitada

E a inutilidade persistente.

Sufrir porque queren deixar

O mundo vivido

Desvanerse nun sono liviano.

E tremendo cargado de verdade inmensa.

Irase sen pedir permiso.


Miguel Dubois

viernes, 17 de octubre de 2008

SUPORÍA

Suporía, tal vez a noite de día.

Suporía non estar, estando.

Suporía un silenzo mortífero de balas asasinas.

Suporía, poño por caso, que a verdade fora mentira.

Suporía que a fermosura fora fonda fealdada.

Suporía un Mundo se ter que supor nada.

Suporía que a morte fora a vida.

Suporía que o vento queimara o ar limpo.

Suporía que a tolemia fora un roubo a cabalidade.

Suporía que a tristura frustante fora ledicia absuda.

Suporía unha lúa brilante e cobarde

No medio da noite pecha cando os traidores bailan.

Suporía un mencer doce sosegado e lene.

Suporía, sen no querelo, o fin de todo sufrimento.


Miguel Dubois.

POESÍA DO ÍNTIMO

Porque o derradeiro suspiro do día vivido

É coma unha constante absurda inaudita,

Que remata no máis abusrdo sen sentido?

Porque aquecemos as nosas mans frías

Ao carón da chacharela acesa,

Facendo do frío perdido

Unha ilusión verdadeira?


Xúngome a ti, no bon e no malo,

No día aceso e no escuro da noita pecha.

Son contigo os dous que somos xuntos,

Que sentido ten o Mundo sen a túa presenza?

Asulagas meu pensar enteiro,

Botas fora de min os medos escuros

Fas de mi un Mundo enteiro

De luces brilantes e puras

Que derreten a parte escura do meu ser.

Miguel Dubois

sábado, 11 de octubre de 2008

AMOR CONSTANTE

Quérese, tanto e sempre,

No afastamento das Illas Perdidas,

Quéroche, perto e tanto,

Na distancia dun bico, perfectamente, bicado.

Darche agarimosamente, un cacho de bica quente,

Agacherme ao teu carón, moi agachadiño

Ao carón do teu corpo perfecto,

A carón do teu espíritu soave,

A delicia de estar, sempre, contigo,

E cando marchas cedo de mañanciña,

Sentirte no interior de min,

Achegada ao que son

Tal como ti me aceptas,

Non ben que procuro facer

Ou no mal que, equivocadamente, fago.

Son coma un camo de esperanza fertil

Ti eres o futuro da fertilidade íntegra,

Eres toda, enteira tí

Pola noite longa

E na perfección do día ben vivido.

Que delicia tan maravillosa

Resúltame as ondas do mar milenario

A túa querida beira bendita.

Bendita sexa a luz que nós alumea

Polos camiños longos desta vida incompleta,

E chegará o comenzo dunha noite longa,

Chea de ledicia na que

Ei hei de amar ata o fin

De tódolos noites, meu amor.



Miguel Dubois

lunes, 6 de octubre de 2008

POR TÍ

Por tí a ruptura total do silenzo nouturno,


Por tí o medo inaudito,


Por tí, o laio constante do sufrir tremendo,


Por tí, as noites de medo absurdo,


Por tí, os vidros dos vasos escachados,


Por tí, a verdade pura e constante,


Por tí, condeno o esprito velenoso,


Por tí venteo, para que os piñeiros movan,


Ao vento forte a verde caruma,


Que os verdea.


Por tí, o silenzo nocturno,


Por tí, as oracións piadosas,


Por tí ,as palabras miserentas,


Por tí, os galos simpáticos,


Por tí, as galiñas chocas,


Por tí as bágoas me esbaran, constantemente,


Pola fronte das miñas rosadas meixalas,


Por tí, a vida enteira,


Por tí, todo os nomes habidos,


Por ti, tódolos días vividos,


E a noite está doce, quizáves,


Estéa agachada no medio das luces soaves,


Namentras eu perdo a miña cabeza enteira,


Antre poemas malditos,


De mulleres tolas


E homes deformes.


Os bicos están tortos,


O sol non alumea,


E de noite é de día,


Por ti, o pranto mañanceiro,


Por tí o xemido da dor dura,


Por tí, o traballo perdido,


E os sonos perdidos,


Por tí, aqueles traicioneros,


Buscadores de mentiras baratas,


Por tí, os días perdidos,


Por ti a esperanza futura.





Miguel Dubois

sábado, 4 de octubre de 2008

O CURRAL ALPORIZADO

Canta canta galo Ki Ri Ko,


Canta con toda a túa

foooooorzaaaaaa,


Ki- Ki- Ki- Ri -Ki -Ki,


Galo dono enteiro do


galiñeiro sumiso,


Cantade todas xuntiñas,




Galiñas, galiñas chocas,


cantade,




Cantade forte Ka-Ka- Ka- Ka- Ka-




Cantade todas xuntas,




Afiáde con todos vosas

forzas


Os vosos longos e

Afiados peteiros,




Galiña tristes e


Desesperadas




Hai vai don Galo Ki-Ri-Kó




Facervos rir e abandonar




Todos os vosos pesares,




Galiñas enteiras e dereitas




Posuidoras de toda a


Verdade suprema




Abandonaron ao seu pesar




Unha mañá de comezos

De setembro,




Pola graza dun fermoso


Galo de Primeira,






Don Galo de Primeiro




Exemplo dá dabondo,




E o galiñairo enteiro




Depura a todo aquel




Que de acordo non está,




Galo Fermoso de longo


Peteiro,




Galiñas homildes




E desexosas de


Acontecementos curiosos,



Todos querendo, claro

Está, o ben da comunidade




De tan sotiles aves de

Curral fermosas.




Din que han de premiar




A don Galiño Pelexón




E tódolas simpáticas

Galiñas




Rin todas xuntas






A saúde de Don Ki-Ri-


Koooo








Miguel Dubois