Mostrando entradas con la etiqueta REPARACIÓN NAVAL..POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta REPARACIÓN NAVAL..POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas

martes, 31 de marzo de 2009

REPARACIÓN NAVAL




AMOR É DOZURA DE VIVIR







Ponvedra, ao 31 de marzo de 2009.




REPARACIÓN NAVAL


Morre marzo pimaveral, tolo,

Quente e, as veces, frío.

Van morrendo os meses enteiros,

Pedazos espaciáis de anos,

Gañados ao tempo vital.

Tempo para lembrar,

Que voltar nunca voltará.

Fican no mundo da memoria,

Memoria do mundo morto,

Que vive cando penso,

No tempo pasado.

Día a día imos facendo

O tempo das nosas vidas,

As vidas que compartimos.

Con tristura choroso ou ledicia brillante,

Có mundo achegado,

E cós seres queridos e amados.

Que sería da nosa estanza vital

Sen o sentido do amor fondo,

Que sería a miña vida enteira,

Sen a carencia do teu amor constante.

O mundo habitado polo sentido amoroso,

Ten un senso supremo e máximo.

Xenreira "torpe", conducta excusante,

Mundo trémulo,

Que afastada estás do verbo "amar",

Integrador e vivo.

Alomemos un cachiño das vinte catro horas cotiás.

Esqunce o mundo mezquino,

Xúngute ao sorriso constante,

Mais cando toca sufrir,

Admito plenamente o intre da door.

Habito o mundo como é,

Asumo, plenamente, a responsabilidade propia.

Non sexas covarde e non fagas uso

Absurdo e tremendo, do teu egoísmo continúo.

Recoñece a culpabilidade correspondente.

Tes que ser o responsable da túa falsedade.

Non fagas do mundo alléo a ti,

O único culpable dos mastros rotos

Dun barco perdido apiques de naufragar.

Non digas que o rumbo

Estaba marcado a modo de engaño.

Recoñece a túa culpa no naufraxio.

Agora dende este intre,

O barco carece de consistencia,

Sendo máis aparente que un barco

Para a navegación ceibe e resistente.

A tripulación está "tocada" pola falla de honra,

O barco navega de feito torpe,

Xa non ten a lixeireza para a singladura,

Que se asemella a liberdade pura,

Ser máis veloz có vento.

O barco está "tocado" por calquera costado,

Ten peso inútil dabondo.

Urxe poñelo en dique seco,

Está tocado, totalmente,

Por estribor e por babor.



Miguel Dubois