Mostrando entradas con la etiqueta RÍO LÉREZ POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RÍO LÉREZ POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de marzo de 2009

RÍO LÉREZ


AMOR E DOZURA É VIVIR












Pontevedra, ao 19 de marzo de 2009.

QUERIDO RÍO LÉREZ

Que fermoso te miro querido río Lérez,
Serpe acuática e transgresora,
Longa superficie fluvial
Que atravesas de xeito belo e penetrante,
Esta cidade ateigada de fermosura
Concreta e particular,
Longo, ancho perfecto e animoso,
A túa auga grisácea e, as veces,
Verde escura, ou mezcla de perfectas coores
Tan verde coma as follas das arbres diversas
E plurales, beleza vertical e natural
O cor estoura na primavera pintada
De vexetación polícroma irresistible
Amante da máis pura belleza enxebre.
A beira dos edificios longos
Preparados para impartir sabedoría
Con múltiples fiestras e cristaleiras brillantes
Do Campus Universitario desta Pontevedra moderna
Traballa a xuventude soñadora e realista,
Que afastada queda para min,
Nos tempos deliciosos e máxicos,
Que xa non voltarán a aledar
A miña vida pasado,
A miña hestoria paricular e concreta
Según a hora que o reloxo marque,
Ou o día que a semá sinale,
No almanaque de números ateigado
Están as pequenas arbres cheas de follas rosas
Cubertas da fonda cor que os denomina
Raiñas da arborestería coorida.
Lindo Río Lérez, auga de ledicia,
Remanso acuatico chá.
Muxos prateados e brilantes,
Nadan na liberdade das augas fluviais,
Antre correntes pequenas.
Fervenza branca coma a neve viva,
Descende pola saia de Monte Porreiro,
Con caída vertical de auga branca e crara
Monumento natural en vertical e caída constante
De escuma viva e cortina densa.
No ceu estoura azúl o fondo e fermoso
E os paxaros torpes descansan
Sobre as barandas das pontes fluviais
De dura madeira resisitente.
Os cisnes brancos ou negros
Pasean elegantemente
Pola superfie da auga queda,
Parrulos torpes patalexan
A beiriña da negra terra
Os eucaliptus longos e ergueitos
Apuntan dereitillos ao ceo fermoso,
Coma se foran longas letras íes
Cun chapeu no azul do fermoso
Teito natural e luminoso
Ponto da mencionada letra vertical.
Un avión, sen retraso, abofé,
Vai deixando no ceo azul
Un ronsel branco e fermoso.
O mundo vive a aventura do progreso.
Os homes e mulleres maiores,
Van camiñando pola delicia de longos paseios,
Lembrándose dos seus tempos ledos,
E condenando a tristura do seu pasado de sufrimento.
Xoves montan a súas bibicletas rápidas e ledas,
Con sorrisos constantes e barullo discreto
E facendo piruetas máxicas espectaculares
A xeito de espectáculo gratuito.
As parellas amárranse e a calor enche
O delicioso arte do agarimo,
Agarima a túa beira meu amor querida
Na Illa das Esculturas,
A beira do Río Verde Lérez.
Un fermoso mosteiro de pedra,
Artisticamente traballada,
Érguese na outura da paisaxe,
Namentras unha ponte do ferrocaril
Atravesa de orela a orela,
Coa formación dun arco perfecto
Para que os modernos trens
Froito do progreso gañado no tempo,
Poidan chegar ao destino desexado.
Os piragüistas femeninos e masculinos
Entréan destramente de xeito disciplinado,
Namentras o adestrador severo,
E con voz grave e forte
Da as ordes aportunas
Aos disciplinados deportistas
Que con forza intensa
Agarran o remo longo.
As esculturas torpes e fermosas
Descansan a súa belenza íntegra,
Na súa quietude propia.
As diferentes pontes atravesan,
Insolentemente a fermosura do Río Lérez,
Lérez de tódolos tempos,
Lérez da vela e pailebotas,
Lérez dos barcos de vapor antigos,
Peirao das Corvaceiras,
Longas redes tendidas ao sol forte,
Barrio da Moureira,
Baldes de madeira e metal
Zocas de madeira de carballo autóctono,
Panos na testa,tanta lembranza,
Barrio de carnal pago,
Barrios dos mariñeiros pontevedreses,
Xa non existan na mundo presente,
Coma se fora cuberta que a auga fluvial cobre
A ponte peonil, de forma moderna,
Que racha calquera estructura clásica,
Facendo un tipo de ponte futurista,
Cheo de formas xeométricas e esféricas.
Miro á fronte, fitando a mirada e miro como
Pasan coches grandes e pequenos,
E peóns a rente da barandilla,
Na fermosa Ponte dos Tirantes,
Arquitetura da liña recta,
De rectas tirantes, extensa tensión
De grosos fíos de ferros fortes
Que dan fé da xeometría rectilinia
De tal singular contrucción vangardista,
A esquerda mirando, cara ao Concello de Poio,
Fica o edificio de Maxisterio,
Maxisterio de tempos pasados
De estudos inesquencibles,
Ou de libros de grandes pedagogos
Como Erich Fromn, Freinet, Paulo Freire,
Suchodolwsky, alumnos de Barbiana,
Ou Summerhill.
Maxisterio do cambate universitario.
Agonizaba a dictadura
E comezaba o Mundo Libre e Demócrata,
A dereita, da ponte dos Tirantes,
Un edifico verde vangardista,
Un fermoso teatro vestido de verde
A forma de groso cilindro,
Non de excesiva outura,
Un gran recinto feiral alongado,
Construído no perfecta vangarda arquitectónica
Edificios dabondo colexios de Educación Infantil,
Colexios de Educación Primaria,
Colexios de Educación Secundaria,
Facultades diversas, ensinadoras
Da Esperanza Futura,
Estudantes actuales, futuro en formación,
Campos deportivos fermosos
De verde herba sintética,
Onde nenos e xoves prepáranse,
Por mor do seu desenrolo físico.
Vou camiño da Ponte do Burgo,
Moi bela aínda e luxosamente decorada
Con fermosas cunchas de vierira,
Por mor do camiño a Compostela,
Capital da máis fermosa Galicia,
Sede do Parlamento de Galicia,
Praza do Obradoira,
Con Catedral da Beleza Pura
A Ponte de Burgo é de pedra constuída,
Cun ollos nen grandes nen pequenos,
Na forma de próas ergueitas
De barcos en seco
Arcos deliciosos a xeito,
Ollos abertos a lus pura e deliciosa
De contrucción clásica.
Farolas negras de caprichoso debuxo,
Barandas perfectamente feitas de forte ferro.
Ao fondo A Caeira, ateigada de excesivas
Construccións
Froito do movemento especulativo,
Que destrúe a paisaxe e rompe
O equilibrio paisaxístico e a armonía.
Casas e casas desordeadas,
Lugar ateigado e revolto.
Barcos deportivos amarrados
No seus peiraos modernos,
Todo un mundo luxoso
Que posúen as minorías adiñeiradas.
Camiña a beira do Río Lérez
E na miña fronte poderoso
Érguese a Ponte de Barca,
Ponte que divide a dous concellos diferentes,
Pontevedra fermosa vila, a Bóa Vila,
Encantadora Zona Monumental,
Ou Igrexa de Santa María,
E o Concello de Poio,
Con fermosas lugares,
Poño por caso Combarro,
O Casal de Ferreirós
Raxó delicia mariñeira
Areal ateigado de constante beleza,
Peiraos fermosos,
Casas antigas de pedra dura,
Verdadeiros monumentos
Da arquitectura galega tradicional,
Piornos curiosos de Combarro
Enorme piorno no Mosteiro
De monxes vestidos
Da brancas sotanas.
Ou cruceiros diversos
Que amosan beleza constante,
E longos traballos de expertos canteiros,
Na distancia unha ponte para o paso está feita
Do tráfico constante da Autoestrada do Atlántico,
A Ponde da Autoestrada
Que rompe o equilibrio visual
Facendo dil coma un monumento moderno,
Á prosperidade ou ao unha socidade máis
Doada no eido ca comunicación terrestre.
O serán ateigado de lus está,
O sol loce sen disimulalo
A súa potente lus viva
Que ilumina maravillosamente,
O mundo natural
E o mundo feito polo traballo d o home moderno,
Autovía camiño da Vila de Marín,
Longa e negra e dereita
A moi vista na distancia
E nunca coñecila nela, no seu hábitat
A Illa de Tambo,
Árbores fermosos de verde folla,
Faro fronte a Escola Naval
Marín de grandes peiraos posuidor,
De fábricas de frío poderoso
Ou de asteleiros importantes,
De flotas pesqueiras
Fai que a súa economía portuaria
Sexa unha poderosa fonta de riqueza.


Miguel Dubois.