Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA por MIGUEL DUBOIS. AMOR AO PLANETA AZUL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA por MIGUEL DUBOIS. AMOR AO PLANETA AZUL. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de agosto de 2008

AMOR AO PLANETA AZUL

Pontevedra, ao 22 de setembro de 2007.



AMOR AO PLANETA AZUL.





O mundo enteiro, o esquecemento tremendo, a

barbarie

Das armas mortíferas no chamado
"mundo covilizado".

O visto e prace dado a licenza de matar.
O absurdo, o comportamento hipócrita que invade

As economías máis perversas

A forza absoluta e o mercado do poder absoluto.

Non me mintas, perverso can mortífero,

Coa infamia do medo subversibo.

Non xeneres no mundo decadente.

A miseria que invade o Planeta ferido,

A riqueza ben se afae ao poder

Coma arma mortífera polas rúas de Bagdad.

Unha vez desfeito todo

Iremos na percura douto miserento.

Faremos da verdade casual,

Un mundo de poder esaxerado.

Entón o Mundo seguirá xirando,

De xeito absurdo e quebradizo

As leises naturáis,

Coma vidros escachadas

Das esquecidas fiestras,

Estalarán sen piedade algunha

A branca fermosura dos casquetes polares

Iniciando, por ende, a súa desaparción,

Froita tremenda,

Do comportamento irracional

O fume asulagará o ar limpo,

Da bela atmosfera

As fermosas praias

Afundiranse miserentamente,

No esquecemento do sólido

E pasarán a ser o mundo submarino

As areas finas e claras, nas que un día deitámonos,

Serán, mágoa. Unha cor crara sumerxida no fondo
mariño..

As casas da beiramar serán froito do verde mar.

E as bágoas, das nosas facianas,

Serán anguriadas fervenzas

Que expresen a irracionalidade humana,

Os intereses egoístas,

Xenerarán máis pobreza

A falla de soliedaridade ansiada,

E con absurdas mentiras

Emerxerá o tremendo mundo irracional.

Sobe, sen dúbida a temperatura interior terráquea

Ulo respecto a Nai Natureza?

É lóxica a linguaxe absurda da sen razón?

Vamos perdendo as esperanza da recuperación

Aínda que non nos rendemos ante o cataclismo
provocado,

Mans espidas medrosas e expresivas Poñeremos

nas nosas

Testas carregadas de fermosas lembranzas

pretéritas

Non embargantes a miserente política do absurdo

Invanden os camiños da vida.

Demóslle tempo a esperanza

Demóslle todo o noso respeto

Ao froito da vida.



Miguel Dubois.