Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS..PORTUGAL CON BRASIL XUNGUIDOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS..PORTUGAL CON BRASIL XUNGUIDOS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de noviembre de 2008

DENDE A POVOA DO VARZIM ATÉ O LEME DO BRASIL

 
 
 
                   Pontevedra, ao  4 de novembro de  2008.
 
 
 
 
       A MIÑA QUERIDA FAMILIA DA POVOA DE VARZIM E LEME.
 
 
 
 
  Grazas pola túa bondade máxima,
 
Polo teu corazón aberto ao mundo.
 
Grazas pola túa bondade destinada,
 
A apagar o frío do desamor.
 
Grazas polos teus paseos deliciosos
 
Até a Vila do Conde ou até Ao-Ver-O-Mar.
 
A Povoa estaba fermosa e o ambente ateigado
 
De lembranzas, namentras as nosas palabras ceibas,
 
Ivadían o ar  supremo e luminoso
 
Da bela vila costeira.
 
O mar mesturaba a súa beleza constante,
 
Prata acuática suprema,
 
Antre a beleza da súa luz,
 
E o escume branco coma a neve derretida
 
Namentres a miña querida familia,
 
Encendía unha fogueira de lembrazas queridas,
 
Tí e máis eu paseabamos pola fermosa Praza da Almada.
 
E unha tarde dun sábado o teu amigo e máis tí,
 
Meu querido primo  fitababades os vosos ollos enteiros,
 
Na pantalla dun televisor grande,
 
Namentras os pilotos facían os seus perigrosos entrenamentos.
 
E no día seguinte non puidemos decer: gañou Filipe Massa. Mágoa!
 
E a maxía do tempo enteiro
 
Levounos ao lugar lindo de Fao.
 
Grazas por todo,
 
Mais eu non podo de deixar
 
De qerervos a todos
 
Miña querida familia da Povoa de Varzim e Leme
 
Moitas grazas polo voso amor tan querido.
 
 
                           Miguel.