Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. RÚA.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. RÚA.. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de septiembre de 2008

RÚA

Substantivo claro e perfecto,

Lenidude da palabra amorosa,

Rexeito, totalmente,a feito violento.

Amo o verdadeiro amro, sempre,

Quero o feito de querer e ser querido.

Rexeito as mentiras asasiñas,

Namentres, coido, por desgraza,

Polas paredes da casa mitireira,

Van tecéndose teas de araña absurdas,

Cando a presa está a piques de ser degullada,

Faise a fame dun momento desesperado,

Apágase a lus do día pertinente e concreto

E queda instalasa a noite pecha.

Escoito na lonxanía perfecta,

On son dunha gaita acesa

Perdida no vento ferinte,

Namentras o vento absurdo

Fan que os corboráns negros

Planeen, soave e lenes, na superfice do ar freso.

Un cego con gafas de sol vende cupóns

Polas rúas estreitas,

Ganando a súa vida cotiá

Vendendo cupóns de sorte.


MIGUEL DUBOIS