Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. ATRAVESO DUNHA FIESTRA DA CADRADOS VERDES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. ATRAVESO DUNHA FIESTRA DA CADRADOS VERDES. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de septiembre de 2008

ATRAVESO DUNHA FIESTRA DE CADRADOS VERDES

Enteiro, sempre, a tí.


Na friaxe da mañá de invernía, contigo.


Ao logo do día mundano, a túa rente constante.


Deitado na noite enteira, asulagado antre o teu peito branco.


No límite de tódolos amores posibles, sempre contigo.


Non me persigues, non, é certo,


E eu non te persigo,


Estamos xuntos por todo amor querido,


Sen trabucos absurdos,


Sen palabras ferintes,


Ao mediodía solar,


Ou na medianoite,


A lus dunha vela branca,


Amarrados os dous,


Achegados ao gran arte de amar,


Estou contigo, porque te quero tanto e moito.


Quéroche os días ateigados de amargo sudor inútil,


Ou os días trites de bágoas constantos. Sufrir.


Sempre contigo estou, a túa rente,


Aínda, meu amor, que non estes


Na túa presenza física


Que me amarro a tí


Cunha aperta de amor desesperado.


Aberta está a fiestra de cadradiños verdes,


Fóra caen as primeiras pingas do outono,


E na túa boca caen os primeriros bicos da mañá, lene e doce.








Miguel Dubois