Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS-PEDRA GRANÍTICA FRÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS-PEDRA GRANÍTICA FRÍA. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de noviembre de 2008

PEDRA GRANÍTICA FRÍA

Pontevedra, ao 20 de novembro de 2008.



Vida querida vida enteira,

Pasas rápida  e avanzas en silencio, queda e persuasiva.

Vas deixando atrás un mundo enteiro de perfectas lembranzas.

Queimas o tempo lento, avanzas pedindo máis tempo o tempo,

As avenidas longas, e as rúas estreitas,

Fican na fisonomía da paisaxe permanente,

E nós seguimos na percura de máis tempo.

Tempo que esgota ao tempo,

Días que suman anos enteiros,

Unha vida enteira as bóas lembranzas

O tempo silencioso

Os días de troula e risa continúa.

A vida pasa e pasa

E fica fría a pedra granítica.


       MIGUEL   DUBOIS