Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS AMOR CONSTANTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS AMOR CONSTANTE. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de octubre de 2008

AMOR CONSTANTE

Quérese, tanto e sempre,

No afastamento das Illas Perdidas,

Quéroche, perto e tanto,

Na distancia dun bico, perfectamente, bicado.

Darche agarimosamente, un cacho de bica quente,

Agacherme ao teu carón, moi agachadiño

Ao carón do teu corpo perfecto,

A carón do teu espíritu soave,

A delicia de estar, sempre, contigo,

E cando marchas cedo de mañanciña,

Sentirte no interior de min,

Achegada ao que son

Tal como ti me aceptas,

Non ben que procuro facer

Ou no mal que, equivocadamente, fago.

Son coma un camo de esperanza fertil

Ti eres o futuro da fertilidade íntegra,

Eres toda, enteira tí

Pola noite longa

E na perfección do día ben vivido.

Que delicia tan maravillosa

Resúltame as ondas do mar milenario

A túa querida beira bendita.

Bendita sexa a luz que nós alumea

Polos camiños longos desta vida incompleta,

E chegará o comenzo dunha noite longa,

Chea de ledicia na que

Ei hei de amar ata o fin

De tódolos noites, meu amor.



Miguel Dubois