Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. LAR DO AMOR.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS. LAR DO AMOR.. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de septiembre de 2008

LAR DO AMOR

Luz da ledicia constante

Non me falles,

Aluméa os meus sonos réais,

Fai do día escuro

Unha constante luminosa.

Habito en min mesmo e no que son

Sendo, tamén, a resultante doutros froitos achegados.

Faremos das nosas noites

Constantes amorosas asulagadas

De cumios acesos de felicidade.

Abriremos as fiestras pechadas

E faremos da nosa porta

Un camiño ao mundo amoroso.

Pasaremos as noites achegados,

Apretados aos nosos corpos espidos

Acesos ao cumio do gozo e do amor,

E pasarán os tempos de tódolos tempos

E os dous amarrados estaremos a decisión de amarse constantemente.

Pasaba pertiño, da casa amorosa, un turista estranxeiro con compaña grata

E díxoo a súa querida compañeira:

Din , Lilliam que neste lar antigo

Habita, aínda unha parella cáseque lexendaria

E din que neles o amor nunca remata.



Miguel Dubois.