Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS--TRISTURA E DEMANDA DE LIBERDADE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS--TRISTURA E DEMANDA DE LIBERDADE. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de noviembre de 2008

TRISTURA E DEMANDA DE LIBERDADE

Ardán, Marín, ao 21 de novembro de 2008



Fiquei triste, enmudecido, totalmente, torpe,

Cando souben do teu silenzo perpetuo.

Sentín o apagado das luces íntimas.

Sentime na máis pura das derrotas.

Cando che atoperei , de novo, perdida, antre os camiños inválidos,

Onde quiteri a voz enérxica para derreter o xeo de morte tremenda.

Cando voltarán a piar os paxariños amarelos,

Cando deixarán de soar os sons da tremenda door

Que a piques estivo de desterrarme da ledicia, completamente.

Onde será o perdido lugar onde atoparei o camiño perdido.

Mais non abandóo ao dereito a liberdade persoal e colectiva.

Non deixo de ser o que debo ser.

Asumo e non presumo de mundos artificiais,

De iñoranza adequerida

Froita do abandono perpetuo.

E, a modo de berro fero e potente,

Reclamo o dereito elemental  a ser libre.


MIGUEL      DUBOIS