Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS...TRINADA DE VERÁN PERDIDO... Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS...TRINADA DE VERÁN PERDIDO... Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de diciembre de 2008

TRONADA DE VERÁN PERDIDO

AMOR E DOZURA É VIVIR

Pontevedra, ao 1 de decembro de 2008.


Vaise todo

E nada queda.

Estoura o potente trono matutino

Namentras lapas de lus fonda azule e espontenea,

Cobre o ar de tronanda tremenda.

O ar está quente,

A hunidade é intensa

E se perde polo ar perdido

Na inmensidade da perfecta transparencia.

Un tremendo lóstrego azulado

Pérdese na dimensión  etérea.

A Natureza fermosa axítase,

Como un enfermo epiléptico.

Ante un novo estrondo tremendo.

Comenzan a caer as primeiras pingas de choiva perfecta,

Saio o xardín  belo e me deixo mollar polas pindas grosas,

Dunha tronada de verán perdido no tempo de tódolos tempos perdidos.

Son eu, o mesmo, no medio deste fenómeno natural magnífico.

A calor pesada vai cedendo

E o cheiro a terra mollada,

É un cheiro natural que carece de artificiliadade.

É un día perdido no tempo perdido dun agosto quente,

Escravo de tódolos veráns.

Síntome un home feliz e molladao polas pingas prateadas

Dun choiva de verán esquencido e perdido.

Pingas de choiva esvarante

Esvaran polos cristais transparentes

Do pequeno salón de lindos mobles

Construídos con bimbios amarelos e castaños.

Os piñeiros de caruma verde

Parecen pantasmas mouros,

Antre os azul dos lóstregos definidos.

A aréa da praia do Mariñeiro Branco,

Móllase lentamente

As ondas mareiras

Érguense perfetas

Contruíndo brancas crenchas de neve branca.

Estamos vivindo, porque vivimos,

Unha tronada perfecta de verán perdido.

Como pasa ao tempo

Agora que vivo a cabalo do tempo.


MIGUEL    DUBOIS