Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS--LÉMBROME DE TI NOSO JORGE--. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA POR MIGUEL DUBOIS--LÉMBROME DE TI NOSO JORGE--. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de noviembre de 2008

LÉMBROME DE TI NOSO JORGE

























Pontevedra, ao 26 de novembro de 2008.
LÉMBROME DE TI, NOSO JORGE
Dígoche, certamente,
Que foron tempos tan bonitos,
Tempos da infancia e da adolescencia,
Tempos ancorados no fondo da memoria
absoluta, campo absurdo para o
esquenzo.
Tempos que atopo no fondo dos vasos
valeiros de cristal groso e antigo
Tempos que vou bebendo có tempo
Que pasa, ràpidamente, e non se
detén nada, velocidad temporal,
O corazón de Jorge paróu,
Xa non bate vitalmente,
O corazón de Jorge,
Está dentro do noso corazón vivo
Que latexa coa forza da intensa vida.
El era el; somentes como el era,
Sabedes ben, que tiña lindos ollos
azuis, dous redondos mares.
Cando era tempo de verán
Levaba a pel escura,
E era home ben parecido e ledo.
O seu sorriso era unha forza máxica
E intensa que algo queriános decir.
Era como foi e nada máis,
Polas veces a súa enerxía era patente
A súa voz forte, pero era el,

Jorge Osorio, era o meu primo,
Foi agarimoso, sempre, conmigo.
Jorge cansouse de habitar o mundo
vital,
E pasa a descansar o descanso total,
Quizáves a placided máxima,
Pero dalgunha maneira, Jorge,
Está, connosco,
Eu, seu primo Miguelito da Galiza,
O fillo da tía Heléne


O fillo do tío Eugéne,
E irmán do meu querido Gonzalo,
E irmán do meu querido Genito,
Non pode esquecelo, nunca,
Dalgunha maneira sempre
está,
Agachadiño no meu corazón interno.
Aló ficaron as tremendas guerras,
Os gritos de mando,
A quietude obligatoria
Polo mandato do Señor Coronel
Da nación portuguesa.
Meu Portugal querido,
Terra de nacemento
Da miña benquerida nai,
Miña Povoa do Varzim querida,
Na Rúa da Caverneira número 5,
Unha rúa estreita detrás do edificio
amarelo
Da fábrica das Conservas de peixe
A Poveira, fábrica ergueita,
Presente e viva agora e na lembranza
Alá ficaron a casa fermosa
Dos meus queridos Tíos
O Tío Pae e a Tía Mae,
A casa do querido Pepé e da querida
Memé,
Máis seguen vivos o día poveirense
E a noite da lembranzas queridas.
Que dificil resulta esquecer o que sou incapaz
De esquecer,
Porque aínda que fisicamente marcharas , noso
Jorge
Non de marchaste de todo.
Están connosco no noso corazón interno
E vives vivindo e habitando as nosas
Memoria vivas, meu ben querido Jorge.
Miguelito.