Mostrando entradas con la etiqueta POEMA POR MIGUEL DUBOIS POEMA PARA JOSÉ ÁNGEL GRAÑA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POEMA POR MIGUEL DUBOIS POEMA PARA JOSÉ ÁNGEL GRAÑA. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de septiembre de 2008

POEMA PARA JOSÉ ÁNGEL

Por nós ,José Ángel.



Chámanme "O Graña"

E nacín na fermosa vila de Bueu Mariñeiro,

Á rente de deliciosos Piñeiros Verdes.

Praias lindas e areosas, brancas e douradas

Posuímos a beiriña do mar.

Barcos coloridos,

Barcos grandes e pequenos.

Toda unha flota forte,

Que ao mar bravo reta

Nas noites de invernía pura.

Non temos medo ao miserento "medo".

Erguemos a testa enteira dereita,

Por nós,

Cando de costado baten as ondas

Con forza co costado.

Son de Bueu Maravilloso,

Gozando da beleza enteira,

Das máis fermoosas postas de sol.

Altivo miro a Illa de Ons,

Que coma unha pantasma estrana

Atópase deitada

No medio do mar enteiro.

A Illa do Santo

É coma se fora un barco amarrado

Cargado de tódola fermosura.

Son amante fondo

Da miña paisaxe bela.

Amo fondamente a vida toda.

Antigas fábricas conserveiras

Naqueles anos estranos e duros

De peixe fresco

E latas de conserva prateadas.

Mírabase a necesidade polas rúas

Namentras o vento Norte de verán quente,

Batía con forza no peirao duro e pétreo.

E xa candos anos pasaron,

Candos xa se marcharon cansados

De loita coa vida,

E cantos viñeron a sustituir

Aos antigos loitadoes dos tempos duros,

Dos patacóns e das rotas botas

Dun mariñeiro de Bueu,

Perdido no tempo de tódolos tempos,

Pero, eu me lembro,

Sí seis da mañá anos sesenta,

Un tropoel de dornas negras

Con velas brancas

Marchaban pescar sen rumbo definido.


MIGUEL DUBOIS