Mostrando entradas con la etiqueta MARI CARMEN..POESÍA..POR MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MARI CARMEN..POESÍA..POR MIGUEL DUBOIS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de agosto de 2008

MARI CARMEN

O tempo pasa rápido,

O tempo suma nacementos

E resta mortes inxustas

O tempo vive instalado no tempo

E multiplícase

E divídese con concineza estricta

E termina restando

Cubrindo os eidos do pensamento

En lembranzas

Que de cotío

Coma un manatial

Azuza nas nostálgica lemmbranza.


Tempo dos tempos,

Comezar dos comenzos

Folla espida que disfrutas

Da forza do vento tremendo,

Escumas brancas constantes

Laio do mar inxenioso

Das praias espidas de Sol intenso,

Cubertas de nubes grises e brancas.

Laio tremedo da forza naturai,

Choiva que con toda a súa dura

Forma tremedora

Cobre os tellados das casas galegas

Na beiramar de Balea.


Pasou o tempo,

O tempo, un pouco, xa pasou,

Constriomos unha casa azul

Vivimos nun Cuco cantor

Derubamos lembranzas agarimosas

Como as dun un neno super máxico

Cheo de fantasia e ledicia, amigo antre todos,

Avisador de eventos importantes,

Cheos de importanza e filmografía,

Por que ía co vento,

Ía coma unha cometa senlleira no ar ceibo de Balea. Se non que llo preguntan

Aos que alí estaban

Antre sorrisos

E raiolas saores.

A mistura constante

Da maxia infantil,

As bonetcs e bonecas nos brazos

Das femosas nenas.

Comendo hermosos

Xeados nata branca


Entre piñeiros longos

E pesados penedos

Deixamos unha parte

De nos memos, quizaves

Un inocente xogo pasaxeiro

Un cacho de vida leda

Unha verdade estúpidade

Ou unha mentira a medias.



E os días ían sumando

Sobre se mesmos,

Construíndo meses ledos

Construíndo meses tristes

De anguria e medo.


E foron pasando os anos,

Sobre os anos,

Facéndose números de dous cifras,

Si e xa, e xa

Xa pasaron aquelas tempos de ledicia constante,

Do sorriso desinteresado,

De mirada cándida e sumisa.



Foron as causas arrancándose,

Fixemos do nóso mundo

O mundo que queriamos que fora.

Non habería lugar para absurdas mentiras

E fixemos dunha pequena sementeira

Un mundo que camiña

A carón da esperanza.


Non faledes de cobardías absurdas,

De falsos deberes inútiles.


Non, non faledes de absurdas guerras

nós que imos polas esquinas das beirarúas

Cachos de paz a cachón.


O tempo bule

E como bule o tempo

Meu amor

Mais de pe quedo estou


E no afastamento

Miro

Sosegadas eidos

Da memoria

Invadidas de hermosas

Illas da Lembranza

E entón cando

Fico pendurado

Na beleza do recordo

E quixera invadir

Aquel tempo pasado,

Pero non ha lugar

Por a suma dos minutos

É implacble.

Vou ficando

No afastamento da memoria

E entón pregúntome

Se aqueles anos foron mási felices,

Pero debo decirche que non o sei

Por que no fondo sei

Que non sei nada casque

Cando creo que sou sabedor

De algo importante.


O mundo que quer decir

Que é sabio e que ten dabondo

Pero escoeten

Que a todas as portas non chamaron

E dicen o que lles dixeron

Ou din o que lles din

Que deben de decir.


A pesar do mundo da palabra

Estamos aquí

Nestes intres importantes

Da nosa fonda esitencia

Tratando

De agarimar a doce froe

Da sabiduría humana

Aquela que sinte

E non se laia,

Dabondo.


E ate´o de agora

Sumamos grandes cifras

De anos ditosos

E algunhas noites escuras.


Pola esperanza que temos

Por aqueles sonos

Que quixeramos

A nosas vidas,

Cubertos de paz ,

Sosego e quietude.


Canto sereo

Da doce mañá,

Inicio

Dun día hermoso

A cando o serán chegue

Teremos o esprito aceso.