Mostrando entradas con la etiqueta ***INTERESANTE***HISTORIAS DE IRLANDA. POESÍA de 2000 versos nun só poema.Por MIGUEL DUBOIS.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ***INTERESANTE***HISTORIAS DE IRLANDA. POESÍA de 2000 versos nun só poema.Por MIGUEL DUBOIS.. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de septiembre de 2008

NOITE

Entro lento nesta noite enteira


De silenzos longos.


A quietude da noite pecha, silencio continúo.


A carencia da luz que alumea polo día enteiro.


Entro no silencio, quedo,


Durmos as derradeiras palabras pronunciadas,


Pecho os meus ollos craros,


Entrégome enteiro o mundo dos sonos íntimos,


Sou eu un soñador constante,


Que deixa a consciencia de noite,


Que erga a ledicia a mañanciña,


Pero pola noita queda,


Esquezo enteiro,


Que o Mundo enteiro, existe,


Achégome as sensacións lentas e ilustres


Das verbas nocturnas


Que son nada máis que silencios constantes.


Deitado estou nun lugar, na miña cama longa


Durmindo estou en fermosos lugares,


Tódolas noitas a miña xeografía cerebral


Percura lugares diferentes


No que vivir soñando,


Nametras descanso,


No fondo das noites constantes






Miguel Dubois

miércoles, 13 de agosto de 2008

CREBAR A PAZ A 160 OU HISTORIAS DA IILA ESMERALDA


BENQUERIDO CARLOS: e para min unha grande ledicia poderche enviar este pequeño traballo feito unha vez vido de Irlanda, para a súa presentación ao IV Premio de Poesía de Caixanova, no que, unha vez máis, participei e, por outra banda, decir que o gañador, coma supoño que ben saberás foi Arcadio López Casanova. O ano pasado, tamén, participei e o gañador foi o noso colega Román Raña. Esto dos premios, oblígame a escribir, a traballar un pouquiño e ter, de cando en vez, a satisfación dalgún amigo ou compañeiro, que che dí: gustoume o teu traballo! Penso que nos senta moi ben que nos digan cousas “bonitas” e solemos rexeitar, automaticamente, o descontento e o disgusto pola propia dimensión do ser humano; é algo natural. Agora tocouche a ti darme a tua, opinión sinceira deste traballo, que, as veces, gústame e, outras veces, disgústame. Ti eres un amigo que ten experiencia dabondo neste mundo literario; gañador de premios, dos que eu sentinme moi contento de verte sentado naquela dorna, quizaves da Pobra do Caramiñal, mais penso que me dixeches que a devandita foto non se fixo no Caramiñal. Tamén a fermosa foto túa, que se mode mirar, no libro de Manual de instrucciones para querer a Irene. O Ferrol, o río, a fatal caída, o hospital, os conserveiros señoritos, a casa dos señoritos, o neno guapito, o campo de fútbol, o colexio, as clases, o máquina con cámara anticopiadora, a excursión e a farmacia en Oviedo, tratando de conseguir a
novela e mereceu o premio, porque se fora mala, sería imposible de me lembrar de todo o que escribiches. Antes de que se me esqueza: dalle un bico da miña banda

Por outra banda decirche, que si queres, se ves que val a pena imprimilo, faino. Vas unha copistería, ponche as pastillas plastificadas trasparentes pola portada, os aramios enrolados para facer un pequeño caderno e todo pódeche sair por 2 €. É a única maneira que teño para darme a coñecer un pouquiño. A min gústame moitísimo escribir e creo que vivo, intensamente, a escritura ou polo menos eso pretendo. Encantaríame publicar cunha eiditorial pero a quen lle pode interesar a miña poesía? Penso que, prácticamente, a ninguén por non decir a verdade: aninguén.

Por outra banda, teño que decirche que estou releendo a Antón Aviles, nun libro que me mercaron os reises: A Poesía Completa, editada por Espiral Maior, na colección Mágnum. Foi un gran poeta. As veces fico impresionado da súa sensibilade extraordinaria. Ten uns pequenos toques con Mantel Antonio. Ous dous veciños da femosa e cristalina Ría de Arousa. Eu levara a Irlanda unha antoloxía dil, e algunhas veces, aos compañeiros/as de apartamento reciteilles algún poema de Antón Aviles. Decirche, non sei si xa cho escribín que lin as obras completas de Oscar Wilde, en inglés. Wilde foi un fenómeno, impresionate e único. Vou ler a Seamus Heynei que sei que ti andabas, non vai moito tempo con esa bonita terefa edificadora e gratificante. Decirche que eu lin algo en inglés de William Butller Yeats. Gustoume pero necesito aprender máis inglés. Metinme con Shakespeare, pero necesito saber máis inglés. Agora, non sei si cho conte,i estou facendo quinto de inglés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Por outra banda, non sei, si, tamén, cho contei, solicitei unha praza para EE. UU. Coma profesor visitante, no estado de California. De momento, non teño noticias de que fora admitido. En caso de que fora admitido, tería que ir a Madrid, ao Ministerio de Educación e ter unha entrevista persoal, con personal norteamericán; resumindo que a cousa eatá moi” fodida”. Se todo saira ben, a decir verdade, sería un sono. Todas estas ideas da EOI, e de EE. UU, naceron en Irlanda na Universidade de Limerick. Non te asustes destas palabras tan “rimbombantes” de universidade de..

Benquerido Carlos: coídate.

Carliños con todo o meu cariño. Eu quéroche e apre
MIGUEL.

*********

Como sentín que o tempo inesquencible,
deixara doces testemuños nas paredes da memoria;
como me chamaban, inces
as lembranzas dun tempo prohibido
que asímesmo
non era nin máis nin menos
que un concreto reflexo de min mesmo.
Pensei que non existían as primaveras belas
e que as ondas do mar bravo,
furia constante en movemento,
eran pantasmas brancas e móbiles
e que a néboa branca e tupida
eran as palabras caladas,
aquelas que non falaban
nin na noite neboenta
nin no día tremendo.
Aquelas ondas constantes
que morrían nas areas das praias olvidadas
polo ser humano diverso,
múltiple habitante
de diferentes sitios,
dun lugar segredo
onde os amores doces
agachábanse
do mundo circundante
na dozura suave
dun sorriso delicioso.
Que absurdo parecía
aquel pasado inxusto
de formas irrisorias,
de falsos títeres traizoeiros
e elementais cabezudos,
cabezudos de moita cabeza,
cerebros de moito inxenio
indeciso e falta absoluta
de criterio elemental,
sempre cubertos de aparencias externas
de brancas camisas de branco liño
e puños con xemelos dourados
e o falso sorriso altivo
de fondo contido soberbio;
Mundo abstracto,
mundo indefinido
da mentira cotiá,
da verdade disfrazada
coa promesa falsa afirmativa:
Como non!
E non faltaría máis!
E canta absurda palabra,
linguaxe do miserable,
que asolaga o mundo enteiro
de falsas realidades creadas,
mundos enteiros de mentiras reais
vendidas a prezos prohibitivos.
Cantas medallas ganadas
polo mérito absurdo
ao non necesitado!
Que deserto cuberto
de area seca e estéril
de sangue seco e escuro
que sanda de recente ferida!
Un sol, fondamente, espido
que cae a cachón
na absurda testa obstinada
dun elemento discordante,
todo un mundo do deserto puro e chan,
todo un deserto de palabras tremendas,
para dicir auga deserta
no deserto da palabra auga,
planicie da quietude e o sosego,
namentres a cor negra final
que como a absurda morte irreverente
de seres enganados
pola suprema traizón,
por temibles falsidad
que converten o mundo produtivo
nunha negra fonte continua.
Coma dicirche: basta!
Xa temos dabondo!
Xa existen criterios arbitrarios e absurdos
que creban o mundo do benestar parcial.
Por eso dígoche: abandona.
e deixa que os exércitos morran
con sede de paz roubada,
ausente total de campos de batalla,
que vaian camiño do desarme.
Fálame de pombas brancase
do mundo xusto e equilibrado
e non partas as realidades vitais
de absurdos intereses
cubertos de sangue vermell
e un po grisáceo
que xa non ten tempo de perdón.
O perdón finou nos seráns gastados,
cubertos de todo de esquezo;
mais eu dicíache: como pasa o tempo,
meu amigo,
compañeiro constante e xusto,
na ledicia pasaxeira
e no pranto absurdo e verdadeiro.
Como morren as brancas pombas
das vilas esquecidas,
monumentos á paz roubada
por cada segundo vivido
no mundo anguriante
das balas absurdas
dos fusís covardes.
E cando poderemos
darnos a man, irmáns diferentes
de diferentes nacións?
Cando os nosos ergueitos mastros
de bandeiras multicolor
de diferentes países
voarán xuntas
os ritmos dos ventos ceibos?
Non coma un absurdo símbolo
a total indiferencia
ao sufrimento habido
no mundo necesitado.
Cando poderemos
sentarnos na mesma mesa longa,
comer o mesmo prato
e beber o mesmo líquido
que aplaque esa absurda sede
de morte incoherente?
Cando rematará
a morte asasina
que os homes fanáticos
ordenan no nome de deuses absurdos?
Cando será posible
a perfecta convivencia
entre tódalas razas habitadas
deste fermoso Planeta irracional,
acosado, terriblemente,
pola falsa de sensibilidade ecolóxica.?
Chegará o día do respecto
a masa forestal existente
en lugares da Amazonía
pulmón verde ferido
do Planeta Azul?
Deixarán de escachar,
desastrosamente,
as enormes masas brancas
glaciares á deriva
do Océano Glaciar Ártico?
Deixaremos a Natureza libre?
Deixaremos que o vento sexa o elemento
que simboliza a máis absoluta liberdade?
Incháranse as velas brancas dos barcos
camiño das illas de Aran,
Atlántico Norte,
deixando pola popa indiferente
a deliciosa cidade de Galway,
asolagada de fermosas canais
rúas cheas de colorido extremo e forte
cúpulas ovaladas de igrexas grandes
nas que as pequenas oracións
dos visitantes habituais
son símbolos da máis intima espiritualidade
todo un silencio continuo
unha pregaria inacabada
unha obsesión constante?
Mais o tempo imparable
non admitía
posible descanso
e parecía o mundo,
unha aventura sen rematar
un libro ao medio facer,
un deseño abstracto
un proxecto estraño.
Sempre todo sen acabar
ou había que desfacer
para construír.
O proxecto humano
era unha dimensión inacabada;
as máquinas destrutoras,
aquelas que nunca perdoaban,
aquelas que mataban sen permiso,
as que sempre daban no branco exacto
facían, sen ningún remedio
o maior dano posible:
feroz destrución!
Os edificios derrubábanse,
os nenos berraban,
as mulleres xemían,
os homes morrían
e o medo constante
atravesaba as rúas das cidades.
Maquinaria militar destrutora,
maquinaria civil construtora.
Moita morte inútil
e despois, se cadra, vida.
Os camposantos negros
cubríanse de lembranzas
daqueles absurdos mortos,
vítimas incoherentes
das armas tremendas.
Xa non están.
Xa se foron ou no íntimo silenzo
ou no máis espantoso laio.
Invádeme un absurdo
silenzo de morte tremenda
que me fai sentir
o meu corazón cando latexa
e a miña respiración
cando respiro,
con toda a miña forza existente
o medo que se escribe
con absoluta maiúscula.
E o ar triste
desta mañá absurda
que divide
os seres humanos
en fortes, supostamente,
nemigos das palabras,
amigos da acción violenta
e febles, como non,
afeitos a constante orde verbal
de inmediato cumprimento.
O home que loita por si mesmo
e que di que: non teño medo!
Coa mirada fixa
no movemento sospeitoso
naquelo que é diferente así mesmo:
unha sombra oculta
nunha noite perdida,
unha chamada a falsa valentía,
a seguridade de sentirse forte e potente,
quizabes superior
ao máis covarde
cuxa valentía suposta e vaga
a forza bruta
e o descontento absoluto,
á súa miseria persoal.
Continxente de múltiples rodas,
caravana compacta
tecnicamente invencible.
Solución rápida,
persecución atroz,
puntualidade absoluta e extrema,
seguro de vida
que van avanzando
con absoluta seguridade armada;
berro difuso, decisivo
e sexa todo
polo silenzo absurdo
dos disparos perdidos.
E todo por un Mundo crebado,
arrimado ao medo
habitante da indulxencia,
temeroso do invasor estranxeiro,
dono e señor do material bélico existente;
Cando mirarei, no meu pobo pequeno,
a ledicia infantil
escoitarse polas rúas?
Seus xogos torpes
e as súas mentiras piadosas.
Cando será normal dicir:
mañá será un día tranquilo
sen máis ruído
que o pequeno vento
que chega dos outeiros
das Verdes Palmeiras.
Entón direi:
o mundo fíxose mundo
e o meu pobo enteiro
respira un aire limpo,
con cheiro de frescura,
a regato de auga limpa
que na tranquilidade
do oasis desértico
dorme un fondo sono.
Faime mirar
o sol tranquilo
ao mediodía sosegado,
sen presa e sen medo
e darame a impresión lene
que o tempo se deteña
no descanso do mediodía quedo.
Como queredes que viva
cun sentimento absurdo
sen respecto a vida?
Linguaxe absurda
da morte cotiá.
Que as armas mortíferas
durman un extenso e continuo
longo sono, esquezo da violencia.
Convidados de pedra,
falsos aliados
asisten ás reunións
da paz que derrama
o sangue absurdo,
aquela paz rota e derrubada
polas absurdas palabras,
polas palabras mentireiras
que desfán, absurdamente,
o correcto uso da palabra falada.
Aló ficaron os documentos firmados,
as falsas promesas
e os viles xuramentos.
E o meu pobo enteiro
morre de fondo medo
ás incoherencias firmadas.
Ou a ese tempo prohibido
no que as bombas estalan
e todo nun segundo miserable
afaise a un montón
de ferros dobrados,
de cascotes torpes e mortíferos.
E cando miro o ceo azul,
me pregunto se existe a paz
nos lugares fermosos.
Aló onde a paz continua
é un feito constante.
Se as mozas namoradas
te bican cando as desexas e as amas.
Se existe o amor fondo
aquel que non esixe
resposta devolta.
A vida é un mundo en movemento
que non se para
entre a vida enteira
e a morte absurda
no vil acto bélico
que mata desapiadadamente.
Xa non me lembro
coma era a escola,
infancia deliciosa.
Xa non me lembro
da cara leda e sorrinte
do mestre bondadoso
que nos contaba daquela
que as guerras da luz falsa
e a tebra permanente e mortífera
ocorrían nos países moi afastados.
Onde estás querido mestre,
mestre que me facías feliz
cun contiño de personaxes máxicos
no crepúsculo auténtico
do serán incerto?
Vello profesor querido,
bonachón de longo
e arranxado mostacho gris
sabichón,
soñador de grandes ollos negros,
túas palabras vivas
foron soños esquecidos
nos fondos das noites pretéritas.
Xa non me lembro non
onde está o Norte ventoso
e o Sur chuvioso
que deriva en extensos campos verdes.
E agora
sinto a palabra do deserto seco
e lémbraste, Lilliam,
cando se puña o sol vermello
na decadencia
doutro día absurdo?
Días da dor constante
que anuncia unha noite de medo
Terá solución
o tratado de paz
asinado onte?
Tódolos días
vexo as casas desfeitas
no que no seu día
foi a cidade da Luz Fonda;
mais a luz asemella
unha tebra negra
que asusta os pícaros
no cumio dos seus soños espertos.
E que no me levarás?
Que nome levará
o neno ou nena
que gardas no teu ventre de futuro?
Chamarémoslle Esperanza
se é unha nena
Paz do mundo enteiro,
sosego das guerras,
paz esperada.
E voltarán os paxariños
a piar nas alamedas.
Das fontes sairán
figuras de auga transparente.
Os políticos terán
o corazón casque brando.
Os enterros non serán
actos de inmediata frecuencia
e a paz cubrirá esta terra castigada
polo odio, polo poder
e por toda a miseria existente.
Entón sentirei
o respirar do teu peito
o alento quente
da túa boca
no que a paz
non é unha burla constante.
Os coches multicolores
atravesarán as avenidas,
os civís acudirán
o seu traballo cotiá
e a linguaxe absurda
das armas ficarán
como tremenda lembranza
nos museos do medo e do absurdo.
E agora podo dicir
que vou ceibo pola rúa estreita
en busca dos meus amigos.
Agora é cando estou
no cumio máis alto
de min mesmo,
un lugar tranquilo
dono do sosego.
Murmurio das palabras cantoras,
aire limpo de meianoite,
descanso aberto,
fachos de luz pura e acesa
no intenso dominio nocturno
da tranquilidade absoluta.
É noite acesa de luz,
a xente está leda.
Os instrumentos
de corda
comezan a soar.
As frautas doces
engaden
a noite luar
un encanto especial
de reviravoltas circulares e máxicas.
Lilliam comeza a bailar
amosando no seu conxunto total
a fermosura intensa
do seu corpo xove.
Paréceme todo
a invasión dun soño casual e absurdo.
Segue bailando
deixando o seu ventre espido
á vista incesante
dos curiosos asistentes masculinos.
A música non cesa.
Ela xúnguete, coma se non quixera,
ao seu ritmo máxico casque frenético.
As palmeiras de cando en vez
moven súas ramas verdes
por mor da lene forza do vento.
Meus pensamentos
son xardíns de flores:
dalias, alelís, margaridas, xeranios...
Penso nun mundo ledo
dono total da policromía
e Lilliam invade todo meu pensamento,
invade toda a miña visión
namentres os seus espidos pés
xogan coa area branca
e os seus ollos negros grandes
invádeme na festa nocturna.
A ledicia dunha noite fermosa,
dun verán quente
nesta noite de música intensa
tépeda, trepidante
e, ás veces, os meus ollos castaños
humedécense e entón
deixan caer
unha bágoa pola delicia enteir
e outra bágoa
pola tristura pasada.
Por aqueles conquistadores
do medo e da vergonza.
Fiquei nun intre
mirando ao ceo,
manto azul ,
fermosura dunha noite estival,
namentres as estreliñas brancas
cintileaban no fondo do outo ceo trepidant
De súpeto
abranguíame
unha grande tranquilidade,
namentres,
a redonda lúa chea,
lembranzas lorquianas incesantes,
deixábase ver fermosa e enteira.
Tellado nocturno natural,
cintileo estelar,
constelacións debuxadas
polo mellor dos debuxantes existentes.
Todo o poder da forza nocturna
namentres a beleza de Lilliam
facíase demasiado poderosa
e deixei de ver a nocturnidade
do ceo impresionante,
para fixarme máis nela,
no seu fermoso corpo máxico cuberto
cun vestido azul de tule
namentres amosaba
parte da fermosura
o seu peito afeito,
dereito e fermoso.
As frautas non deixaban
de xemer constantemente
e aqueles grandes instrumentos
de cordas longas
facían do ambiente
máis vigorosamente festeiro.
Lilliam tiña que parar
despois daquel baile.
Asolagábame na súa fonda beleza
que cos seus movementos continuos
me facían máis intensa e trepidante.
O barullo seguía
namentres unha música ideal
de cantos fermosos,
de delicia dun oriente
non tan afastado,
dun oriente atrevido,
do oriente que quer esquecer
deixábase escoitar
rompendo có tremendo medo
dos tempos violentos.
Logo agarimei o silenzo tranquilo
as augas claras
das fontes tranquilas.
Silenzo do regato manso,
murmurio da fontiña fresca,
cheiro a terra mollada.
Sen darme conta
a luz clara
do amencer do verán
petou na clara fenestra
dos meus ollos tranquilos.
Fun erguéndome
de vagar,
desperguizándome a modo
e non a miúdo
namentres,
a suave fisionomía
da paisaxe lene e inevitable
deixábase ver,
lentamente, sen presa concreta.
A mañá era suave
e as liñas da fermosa paisaxe
debuxaban
a ledicia da paisaxe na alborada nacida.
Sentía que pertencía ao mundo.
Sentía o frescor da mañanciña,
a ledicia do meu interior,
o canto dos pequenos paxariños.
Sentín fondamente
a ausencia da dor
que con forza me tocou na ferida.
Deime conta da irracionalidade,
do mundo violento
e da xustificación total
da ausencia da paz desexada
Puiden escoitar a auga limpa
dos regatos pequenos estreitos e longos
e calmar a sede
coa limpeza e claridade
da súa perfecta auga.
Vivo porque teño que vivir,
vivir dende que me ergo cedo
pola mañanciña ,espido
até a morte dun día enteiro
morto e cansino
senlleiro enriba dun leito solitario,
no espazo da noite enteira.
Á miña angueira vou
gañar o meu sustento,
ensinando a quen non sabe,
que necesita
a sabedoría
do coñecemento mínimo.
E os días van pasando e vanse quitando
as follas do calendario
e canto tempo xa pasou;
como creceron os nenos,
como pasou o tempo,
este tempo que non perdoa
os intres estúpidos,
ou os intres máis interesantes
que se engaden a aprendizaxe vital.
Con interese repaso a memoria,
o mundo inexistente,
o que foi
e xa non existe.
Abrángueme unha fonda melancolía
e unha morriña tremenda.
Apodérase de min
do meu sentimento,
do meu pensar.
Xa foi.
Xa pasou.
Ás veces, as lembranzas
fánseme tremendamente claras
dando a impresión
de que de novo son un habitante do pasado.
Outras veces,
as lembranzas
fánseme difusas,
coma un cadro abstracto
que non entendera;
coma unha luz difusa fóra
e entón teño que voltar
de novo ao mundo de agora,
a este presente
que me agarima
nun mundo tranquilo.
Penso no poderío do Sol,
ese gran astro dador de vida.
Penso na beleza da luz intensa,
esta luz diaria que todo o ilumina,
que fai do día
unha fonte de luz continua,
un segredo real
de toda unha vida.
E chegada a hora,
o gran astro vermello e poderoso,
descansa con toda a súa fermosura,
no oeste xa ansioso
de ter o gran astro con el.
E ao longo de todo o día
estivo dándonos
toda a súa luz
e dando vida
aos moitos seres viventes.
Todo o ciclo vital
facíase
con astro grande, día a día,
con esa luz regalada
desde unha altura marabillosa
namentres as augas do mar
perfilaban seus tons prateados,
seus tons dourados,
e parecía que estreliñas do ceo
brillaban sobre o gran manto de auga.
Os campos verdes,
o ceo azul
e a mirada cravada
na beleza dunha paisaxe esquecida,
onde casque o ser humano non habita.
Si, algúns perdidos soñadores.
Si os namorados da luz presente.
Si os amantes dos lugares quedos,
nos que o máximos ruídos
son o xemer do vento perdido,
o barullo das follas das árbores
e o son irremediable
dalgunha onda despistada
que morre nun pequeno areal.
Mundo da doce tranquilidade,
hexemonía da natureza enteira.
Mundo da beleza extrema,
do sorriso perfecto.
Mundo da gratitude
do traballo.
Do día a día,
e os anos son gratos
nas beiras do camiños.
Non tes que ter présa.
É unha absurda perda de tempo
a présa indebida.
Vida enteira.
Vida que se enreda á vida.
Bico dado adrede.
Beizos contras beizos,
amor fondo
dos lugares afastados.
Cumios da beleza natural.
Anos de vento constante.
Que doce dozura
vai peiteando
as follas das árbores.
Intenso cheiro ao salitre.
Laio do can ferido.
Lapas azuis , vermellas e marelas
que finalizan nun mar de grises brasas.
Peixe azul e branco que derrama
o seu sangue vermello e escuro
na superficie das brasas quentes.
Cheiro a peixe asado.
Manxar delicioso
na espera da súa proba perfecta.
Pan de millo
na man ocupada,
e o froito do mar
fai delicia absoluta.
Intre fermoso,
parolada intensa,
parolas e parolas.
Mundo da verdade.
Paixón queimada
nun absurdo insulto irreverente.
Palabra doce,
sorriso que non pesa ,
dozura suave,
grolos de viño branco
asolagan o fondo das fondas gorxas
e algún berro incontrolado
espállase no ar tranquilo.
A tarde vai morrendo.
sen absoluta piedade.
A tarde morre
 fonda dor penetrante.
As primeiras luces nocturnas
vanse ascendendo.
Segue a festa acesa
ante grolos de viño
e toque de gaita galega
nas primeira horas
dunha noite de verán,
na que non existen
os berros irreverentes
e o silencio
é un absurdo inexistente.
O ceo amosa a súa intensa fermosura.
As estrelas brancas brillantes e centileantes
déitanse no fermoso tellado azul,
da fonda noite estelar.
As brancas constelacións
debuxan algún carro no ceo
froito da astronomía existente,
e a gran lúa enteira,
a lúa entre un branco, gris e amarelo,
fan de fermoso candil celeste,
a unha xove parella de namorados.
Xove parella
de amor recente
que queima seus amores cedos
na doce noite,
da lúa chea.
Entre bico e bico
amárranse cos seus brazos
facendo do intre de ama,
o momento máis grato e esperado do día.
Amor cotián de abondo,
esa internecesidade
de quererse,
de sentirse fondamente amado
de amar con toda intensidade,
de voar de amor constante,
de asumir o reto amado
de esquecer
a doce amargos
dos días tristes de intenso inverno.
Por eso estou eiquí
á túa rente,
no límite do meu esquecemento,
namentres ti es o ser máis importante,
o ser amado,
o ser que acalas as tristuras,
o ser que encende fogueiras
de intensa alegría
e a túa rente pásame
o tempo enteiro,
coma se non pasaran
os minutos rápidos
non teñen descanso absoluto.
É o tempo
que parece que non o é.
É a verdade enteira,
é a miña vontade
entregada ás túas palabras,
palabras non absurdas,
linguaxe enteira
que abrangue máis aló de ti mesma.
Esquezo toda a miña miseria posible
para invadir e asolaga
a túa inmensa riqueza
e obter así
a rendición absoluta
dos meus intres febles
e concibir a vida
nunha absoluta necesidade de entrega,
esquecéndome dun ego desmesurado
que derrota a miña persoa
coma un ser posesivo
que destrúe as palabras dos seres libres.
Palabras absurdas,
palabras cargadas dunha absurda falsidade,
que caen en amplos espazos baleiros
con carencia dun sentido lóxico.
Palabras falsas
que menten nas derradeiras liñas
dos discursos políticos
nos que nada se di
e un montón de palabras
forman un conxunto absurdo
no que o absurdo
é a finalidade da mensaxe.
É por iso que as noites deben estar claras.
Os días cargados de luminosidade
e as palabras verdadeiras
deben emitir a xusta imaxe
e concepto do equilibrio
onde a verdade,
terá o definitivo peso
e a mentira
serán palabras sen sentido
que anuncian a falsidade.
Todo no seu perfecto equilibrio
da balanza da xustiza.
Ás veces, unha verdade, por partes,
outras veces mentiras a cotío.
Esquezo o mundo baleiro de verdade
xúngome a ela, abridora de camiños pechados,
sen medo e con toda a miña valentía
coa certeza que ela me levará
a lugar seguro
onde non existan os mundos absurdos
dos homes miserentos
aqueles homes que desprezan a outros
pola inxustiza cotiá,
que derruba a paz enteira
de moitos países necesitados,
sendo obxecto de tremendo abuso,
desequilibrio e rotura.
Como atopar a tranquilidade
de tódolos días vividos,
polo menos, dalgúns días,
de constante existencia.
Como facer da miseria
un baleiro absoluto,
un fantasma inadvertido.
Como calmar a fame constante
nos lugares secos ou castigados.
Como calmar a sede continua
a que nunca perdoa
nos lugares onde as fontes secas
atravesan os camiños estreito
ou poboan as prazas pequenas
dos pobos destruídos
e habitado
por un tremendo sentimento
de continua impotencia.
Os soños derrúbanse
e nada máis queda:
un pequeno fío de esperanza incerta.
Mais esta tremenda cicatriz
non se pecha, sinxelamente,
e de cando en vez, sen pensalo,
ábrese sen piedade pero con tiranía
e con dura intensidade doe
coma se fora unha ferida de morte.
O mundo xira,
xira o mundo.
A xente vive, día a día.
A xente, morre, día día,
alimento non ten que levar á boca.
Fonte de auga seca,
sede constante inhumana
laios delirantes
queixumes desesperados.
Desequilibrio dun planeta inxusto.
Mundo dos seres castigados
a vivir a súa existencia
na máis absoluta indignidade.
Mundo desequilibrado,
inxustiza continua e miserenta.
Mundo insolidario,
egoísmo fondo,
coitelo que se crava no ser feble,
atrocidades humanas dispersas e continuas.
Esquecemento absoluto.
Lugares de ledicia constante.
Lugares de tristura continua.
A risa aberta
que se perde no ar ceibo,
as bágoas da dor constante
que non teñen piedade absoluta.
Mundo bipolar:
mundo que ri
e mundo que chora.
Os cantos de denuncia,
os dereitos elementais
son constantes negacións.
Asolagueime dos versos tristes
daqueles dos que ninguén
quer falar, quizabes mencionar
e fiquei mudo,
sen máis palabras
que un sinistro silencio de medo.
Tiña moito frío:
un frío de morte constante
namentres no meu corazón
habitaba unha fonda calor durmida ,
que de cando en cando
parecía converterse
no punto máis xeado
dun planeta absurdo
que impunemente se castigaba
a si mesmo
cunha filosofía irracional e torpe
dun querer facer, desfacendo,
destruíndo o elemental:
o dereito elemental
á dignidade humana.
Pola contra,
os recén nacidos,
ou os nenos pequenos,
apagaban as risas
das súas facianas
co medo constante,
debuxado, sen remedio,
na súa expresión impotente
a dor constante.
Vidas de pouco tempo,
rematadas, sempre,
co sinal da fame inxusta,
inmenso ventre inchado e inmerecido,
que non perdoa vidas infantís
nas pallozas pequenas
das aldeas esquecidas
onde ninguén quer vivir xa,
no continente esquecido
do que ninguén se ocupa
e todo o mundo esquece,
ao que ninguén acode,
excepto algúns altruístas e soñadores,
amantes do máis puro idealismo
doantes dos bos sentimentos
que entregan a súa vida enteira
por unha causa xusta,
por dar a súa vida completa,
se for preciso,
por aquel ser que necesita
a calor desexada
que lle proporciona
os alimentos imprescindibles
e a calor humana,
que quenta os corazóns
máis abandonados e xélidos,
aqueles corazóns
que din non merecer a pena,
no que o amor humano
é un luxo ocasinal
que non pasa a cotío
polas esquecidas pallozas
asolagadas dun tremendo espanto.
Laios da dor constante
que atravesa os límites
do tempo establecido.
Pobo enteiro
que chora a súa traxedia inxusta.
Persoas traizoadas
polo feito de nacer
nun lugar deshabitado
de sentimentos xustos.
Mundo do desequilibrio.
Crueldade existencial.
Un día, derrotado polo sufrimento,
dixen adeus a aquel
cruel mundo da inxustiza constante.
Coa cabeza gacha
pensando
a non pensar,
a esquecer
o sufrimento duro e forte.
Subíndome no paxaro veloz e prateado
das grandes azas longas e abertas
que subía altura tremendas,
máis alto que as brancas nubes.
E vía pola pequena fiestra
do artefacto voador
a paisaxe aérea
pintada de montañas
de brancura extensa,
cumio dun ceo nevado
de brancos algodóns
que asolagan
a superficie do ar enteiro.
Entregueime a un soño fondo,
deime a os soños reais
e non tan reais:
as verdades cotiás
e as mentiras continuas.
A fundíame nun sono fondo
nun asento cómodo e numerado
dun artiluxio metálico,
eterno amante das alturas.
O tempo, tamén, voaba,
e, de súpeto,
atopeime aterrando no aeroporto
de Cork,
Sur da fermoso Irlanda,
a máis fermosa e verde.
Sentíame ledo,
camiñaba sen présa polas rúas
e dábame conta
da fonda beleza daquela pequena cidade.
Esquecín a dor constante pasada
aquela que deixaba o corazón ferido
e Cork parecíame un soño ilusorio
no que a vida era constante
e o sorriso amosábase
na maioría dos seus habitantes.
Sentíame fondamente ledo
e desexaba ver xa a Lilliam.
A súa faciana deliciosa
amosaba un mundo de extrema beleza;
unha beleza non demasiado corrente
que asolagaba os meus ollos enteiros
na súa fermosa mirada.
Lentamente vina chegar
pola beirarrúa estreita
de O´Connell Street.
Ía tranquila,
coa mirada posta
no azul do ceo de Cork.
O seu sorriso tenro
sentino coma un suave sinal
de recibimento improvisado.
A miña faciana amosaba
unha expresión de felicidade máxima.
Era un sentimento fantástico
que nos xunguía máis
nun mundo real
que nun mundo artificial e ficticio.
Os corazóns enchidos de felicidade máxima
batían con toda a súa forza
namentres podía sentir
a dozura e suavidade
do seu peito erguido
creándome unha sensación pracenteira,
xunguíndome aos intres de felicidade absoluta
e os dous eternos amantes
estabamos nunha cidade irlandesa
do chamado Mar Céltico
namentres no fondo
da fermosa rúa
escoitábase un violín laiándose,
unha fermosa guitarra
acompañábao.
O abrazo continuo
e a música perfecta,
o amor constante,
afastado e doutrora,
amarrado agora
pola extrema necesidade
namentres as notas musicais
da música da Gran Illa
deixábanse escoitar
ao longo e polas beirarrúas
e O´Connel Street.
Pasado un intre vinme
recitándolle versos intimistas
de W. B.Yeats a Lilliam
na inmensa noite iluminada
do fermoso Cork.
Todo se afacía
a un marabilloso conxunto
de música celta
e poesía irlandesa
Era o amor constante,
bicos longos que non remataban,
apertas decisivas,
soños de outono,
follas que voan,
soños rematados
no cumio das decisións,
Camiñamos polas rúas estreitas,
e camiñamos polas longas avenidas,
namentres o irreverente Río Lee
adentrábase nas entrañas da cidade.
Os focos de luz irreverente
cravábanse na auga doce
coma coitelos prateados.
Era fermosa a noite de Cork
naquel outono, daquel tempo,
dun tempo que se perdeu
nalgún espazo concreto
da súa total existencia.
E que non o podo esquecer
por máis que eu quixera;
penso nela, dabondo,
e retrocedo a aqueles intres deliciosos
e son feliz, constantemente,
aínda que fora un tempo xa pasado,
un tempo de lembranzas constantes
que batían con forza extrema
no mundo real de memoria,
memoria que xordes
coma a forza dun surtidor irreverente
 coma as lembranzas asemellan
a dozura constante
do que non se esquece,
daquelo que fica preso e amarrado
no corazón constante.
Aquelo que xa pasou
e aínda non morreu
que coma unha luz acesa
invádeme no mundo actual.
Son diverso e sentimental
e vivindo o hoxendía,
amárrome o mundo pretérito,
aos soños asolagados,
aqueles que descansan
no fondo dos vasos,
aqueles vasos enteiros
que remataban
co proceso dunha sede continua.
Sede de aplicar verdades,
verdades habitadas
de fondos sentimentos.
Sentimentos que durmían
no colo do vento Norte,
namentres o ar invisible
batía con forza
nas paredes das casas
nun outono afundido
de parellas namoradas,
sentadas nos bancos
dos parques deliciosos,
combatendo o frío intenso
con apertas grandes e incontroladas
e bicos adolescentes, de estrea,
que morrían no cumio pracenteiro.
A cidade, de certo, estaba fermosa:
a xente diversa e plural entraba nos Pubs
e a negra cervexa, bebida nacional da Irlanda Verde,
asolagaba enormes vasos cilíndricos,
que apagaban tódalas sedes posibles
e todas as sedes imposibles;
as voces negras
rubían con tons imperativos
e as respostas estériles
lotaban nun ambiente demente.
As voces cantaban
sobre os tristes campos de Athenry
guiados pola fermosa e potente voz
de Paul Braddy,
ou sobre a gloria de Michael Collins
valente loitador nas rúas de Dublín
símbolo da liberdade de Irlanda
na oficina de correos dublinesa.
E os instrumentos eran tocados
por expertos músicos experimentados
e grandes bebedores do líquido negro.
Alguén emocionábase de máis
cando a gaita solitaria irlandesa
choraba, de abondo, e en remedio algún,
lembrando a emigrantes irlandeses
que marcharon os Estados Unidos,
Reino Unido, Australia ou Canadá
Era o entón cando aos que non foran
irlandeses sentíase máis xunguidos
á chamada dos emigrantes
que un día deixaron a fermosas
terras de Killaloe,
verdes coma a esperanza,
o Río Shannon fermoso,
no máis fondo da miseria.
Tomar terra estranxeira
rumbo a Nova York
nos tempo da temida Famine,
polo ano de 1860.
Irlanda choraba dabondo.
Seu pobo morría
pola miseria absoluta
da fame incontida.
E de diferentes portos de Irlanda
e dende Cork, por certo,
onde agora me atopo,
os famentos irlandeses
marchaban cubertos de pánico,
fuxindo da fame que mataba
sen piedade.
Entón parte
da Verde Esmeralda
ficou asolagada
na ausencia de moitos,
namentres a Famine
facía das súas
e o país sufría
unha fonda crise
sen remedio.
Os cemiterios católicos,
a maioría,
e outros protestantes
e o cemiterios civís
ían aumentando
o número de tumbas xacentes.
País asumido
na fonda tristura
e no medo.
Illa Fermosa,
a pesares dos pesares,
loitaba
con toas súas forzas.
Os habitantes valentes
que alí decidiron ficar
loitaban en contra
da enfermidade continua
e a fame constante.
Días de dura miseria,
miseria que doe
e que mata
no lugar onde máis lles doeu.
Sumidos nas tritura, dicían:
cando nos deixará
esta dor tremenda
que rebenta
tódolos soños dun pobo enteiro?
Cando será o día,
a pesares da fame,
irmáns irlandeses
do Norte ou do Sur
de Leste ou Oeste
podamos berrar,
fonda liberdade para o Eire?
E con toda a forza súa,
Irlanda superou a desesperanza
daqueles tremendos campos de Athenry,
terra miserable, enferma e improdutiva
froito dunha pataca envelenada.
Masivo abandono de terras,
asumidas nas máis pura soidade.
Irlanda, Illa Esquecida,
ao oeste da Gran Bretaña,
Illa que parecía que ía
como barco sen rumbo
no medio do Océano Atlántico
Illa Castigada
pola dureza do vento,
do seu inverno duro
no que as ondas grandes
escachan con toda
a súa potente forza
nas Illas de Aran,
Illas da Pesca Arriscada,
redes cheas de peixes diversos
Illas da Forte La,
nomes diversos
para a Illa Fermosa
Ovellas brancas ou negras
pastando na herba,
tapiz verde nacional,
fronte aos cantís abertos
pola forza do mar potente:
volcán mariño
con potentes ondas brancas,
escuma flotante
á beira das ondas
e das duras pedras milenarias.
Lembranzas de tempos de dureza extrema,
de noites tremendas de forte vento
nas que a espera do navegante
era unha dura anguria
que se asolagado
no fondo do peito
aí onde os sentimentos íntimos
doen coa forza extrema.
E o corazón triste
chora bágoas dolorosas
polos navegantes valentes
que partiron polo serán tranquilo
do peirao do Porto Ledo,
dunha illa mergullada
no Océano Atlántico
cuxa parte emerxente
está acostumada
a tempos diversos
e a invernos temidos
pola forza ventosa
 pola invasión rápida
dun tremendo respecto
que de cando en vez
ensina a súa cabeza
coma un medo intenso
que penetra no fondo
da curtida pel mariñeira
que fai poñer a carne de galiña
namentres unha suor fría me invade
a fronte de extremo a extremo
perdéndome nun pensamento impotente,
asumindo o intenso perigo
arrimando os limites da vida.
Toda unha vida enteira, diversa:
vida da abundancia.
a que dá e crece.
Vida da absoluta carencia:
a que quita todo
a que somentes
coñece o verbo restar
e se for preciso
réstache toda unha vida enteira.
Vida que bica unha bela faciana
maquillada coas cores da abundancia.
Vida que carece
do xusto bico necesario
querido, necesitado,
e rexeitado pola inxustiza,
pola absoluta carencia
de regalar fondos amores
de primaveras cheas
das cores máis fermosas.
Sempre, sempre, a necesidade
e a carencia galloupan
en cabalos negros de morte.
Morte que rube polas alambradas
da morte, deixando toda a súa xove vida
na fronteira do medo e da necesidade extrema.
Os silenzos curtos de setembro
son tempos de fonda reflexión
na súa intención diversa
de chamar todas as cousas
polo seu verdadeiro nome.
As verdades absolutas disfrázanse
con adxectivos inxeniosos
que invaden máis confusión
ao desorde reinante.
A Estrela Polar
sempre indicará o Norte,
ese Norte que me orienta,
ese Sur necesitado que se esquece,
ferido de min
ou, ás veces, abatido
e rendido pola profunda dor
e o sacrificio real.
Por un mundo enteiro
xunguido pola unión constante
rexeitando calquera criterio violento,
asumindo a nosa faceta humana
como fin único, esencial.
Cumprindo có labor cotiá,
eludindo calquera xesto irrespectuoso
aos seres febles,
aos seres condenados
ao sufrimento total.
Cando o mundo será
máis respectuoso
co ser necesitado?
Cando chamaremos
nas fronteiras doutros pobos
en nome da liberdade absoluta
sen xesto irreverente
e có máis absoluto respecto
os dereitos reflectidos
dos seres que deben ser, ineludiblemente,
libres coma o vento constante e puro
do inverno duro e longo,
que ergue as augas dos mares
rizando as súas augas
en ondas de branca escuma,
sinal constante
da forza do vento mareiro
en constante movemento.
As cancelas de medo
rematarán
en absurdas lembranzas
de tempos pretéritos
e dentro de cada un de nós
haberá unha estrela acesa
xunguida a un mundo tranquilo,
un mundo no que a paz
non sexa unha utopía
e que o instinto bélico e destrutor
sexa eliminado
dos seres humanos responsables.
Fagamos un canto continuo
á paz mundial
e que aqueles que desexan
a violencia tremenda,
caian deses falsos mundos
decadentes.
Polo mundo tranquilo
e pola paz mundial
merece a pena
consumir versos , palabra
e cancións xustas
polo xusto equilibrio
e pola caída de deuses
falsos e insolidarios.
E nos campos de absurdas batallas
cravaron os mastros
das bandeiras brancas
e a partires dese momento
o mundo xenerou a felicidade.
E foi entón cando en ti, Lilliam
desfixen as fronteiras
derrubei os absurdos valados
que me separaban
dos campos da paz.
Perdinme nos eidos
das túas palabras espidas.
Afasteime do tempo perdido
e marchei na busca
do sosego,
dos silenzos curtos
de setembro.















Miguel Dubois