viernes, 31 de julio de 2009

CONDENADOS

AMOR E DOZURA É VIVIR

                                                Pontevedra, ao 30 de xulio de 2009.


Avante imos sumando tempos habitados,
De vivencias constantes,
Do pracer sumo
Do sufrimento non querido.
Que duro é sufrir sen querelo,
Que o medo conviva contigo,
Ou que unha bomba mortífera
Remate, absurdamente a vida xove.
A brutalidade a sen razón tremenda,
Fixo que no día de hoxe dous xoves
Morreran froito dun bombazo mortal.
Esa tremenda absurdade necesidade,
De rematar coas vidas alleas,
Converteuse na tristura tremenda,
De eleminar brutalmente,
De feito calado e sen previo aviso.
Quen poidera entendar
Un Mundo absurdo e sen senso.
Os mesmos chorarán
Aínda que diferentes suxeitos,
As almas  da xuventude arrebata..
A impotencia constante
A desolación suprema e íntima,
Os espías das almas rubadas,
Todo acto feito con premeditación tremenda.
Como viviremos as nosas vidas,
De xeito quedo e sinxelo?
O tempo cae irrespetuosamente,
Diante dos corpos mortos.
Xa lles quiteron o tempo vital,
Tolemia brutal.
Dame  a vida enteira
E quítame todas as políticas existentes.
Dame un pulo para facer o día a día.
Que política queredes se rematades
Coas vidas alléas?
Deixade todo ese outeiro da violenza,
Queimade todos os vosos explosivos
Mais non  roubade o senso  vital,
O amor que quenta e o bico agarimoso.


                      Miguel    Dubois.