jueves, 18 de junio de 2009

AMOR E DOZURA E VIVIR
Pontevedra, ó 7 xuno 2009.



O MUNDO DO REVÉS

Permítime escoitar

quedamente,

A auga crara,

trasparente,

E limpa dos regatos

continúas

Fontes sonoras de placer.

Palpo nas miñas torpes

mans,

Unha efervescente fonte

De enerxía continua.

Afástome do mundo

insensible

E doto meu ser,

Dunha fonte inagotable,

De esperanza

permanente.

Son eu, o que eu son,

Sen lerías constantes

Nen falsos devaneos.

Aparto silenzos absurdos

Que debería falar

dabondo.

Pido habitar co cumio da

paz

Onde non existen,

As guerras que nunca

Deberon existir.

Tremenda torpeza humá,

Queixume forte

Do ferido corpo,

Último laio mortal,

Na fronte da mortal

Bomba cargada

De morte continua.

Habito en min,

Para quererche forte

E inmenso, para amarnos,

Na imensidade dun eido

Verde cargado de amor

Maduro, cargado de

tenrrura, habitada

De silenzos continuos

Por mor de acariñar

A túa longas túas costas,

Deserto da pel espida,

Acariño lento e soave,

E ti sentes lenemente,

O meu deber de

acariñarte.

Penso que estamos eiquí,

Froito do esforzo tido,

A vida xoga connosco,

De cando en vez,

Afástanos da lingoaxe

Inorrecta e indebida,

Os valores afanse

Contravalores absurdos,

Creando conductas

insensibles,

Ás que nos lles dóe

O sufrimento alléo.

Están cheos de ambición,

Non lles impota,

Usar a mentira constante

No nome de Deus,

Ou no nome do semellante

Achegado ou afastado.

Máis medra e medran,

No cumio inxusto

Do mundo da sen razón,

En nome da total

corrupción.

Non importa, parés,

Que asasinen

As mulleres de Ciudad

Juarez. O ciclo continuo

Segue e parés

Que un presidende

Da América do Sul,

Quere rematar

Có verde pulmón da

Terra,.

Seguen vendendo

As armas mortíferas,

Para que en África,

Se maten por mor

Do odio irracinal.

Perversión

Da arma mortífera,

Venden armas mortales

Para que vós enchades

De irracionalide

As desastrosos linguaxes

Das armas acesas.

Arrinca de ti todo aquelo

Que non construa,

Arrinca de ti

O medo irracinal,

Arrinca de tí

O feito da traizón,

Coma o feito trizoeiro.

Vitaliza a fonte de amar,

E non te derrubes

Ante o mundo falso.

Sé o espazo ocupado,

Habítate íntegro,

Vive para vivir,

Para sentir

O sentimento equivocado,

De non rexitar ao

próximo,

Que deberías de querer.

Abrangue e non rexeites.

O que se rexeita,

Non se quere asemesmo.



Miguel Dubois
Letter Style by SonyaNancy

2007

-CRISE-

AMOR E DOZURA É VIVIR
De: Miguel Dubois Thenaisie


Fecha: 16/06/2009 2:08:53

Para: sbcastro@edu.xunta.es

Asunto: Reenviar: CRISE











Pontevedra, ao 16 de xuño de 2009









CRISE


O temmo medra e non para de facelo.
Constue horas perdidas,
Momentos de delicia intensa,
E anos pasados mecánicamente,
A feito de reloxo imparable,
E, as veces, voto a vista ao mundo pasado
E digo: de que xeito desfixeron o muro de Berlín.
Facendo unda cidade sen muros separadores de ideolóxías
diferentes.
E, as veces, miro con que forza morreron
Os Paisés da Órbita Soviética.
E pouco tempo aquela Europa distante,
Decidiu integrarse no mundo consumista occidental.
O mundo era unha absurda división,
Que non deixaba vivir a libertade merecente
Ao o home ou muller privado de libertade.
Todo un aparato policial político,
Quebraba o senso ceibo dun home engailado.
Mais parece que foi non hai moito.
Supoño que de algo valería chamar ao Mundo Ceibo,
Pero aquel mundo occidental
Sería ceibo dabondo?
Non estaría suxento a lei do mercado inxusto,
No que o pobre sempre era un pobre máis,
Namentras os facedores de cartos doados,
Crearon os imperios de paradisos ficales.
Chegamos a onde, digo eu,
Chegamos a crise convulsiva de cartos dabondo.
As arcas minoritarias enchían dabondo
Os cartos da susodita desaparecíón monetaria.
Mais no fondo todo significa unha fonda confusión,
Unha mentira constante e un desamor continuo e perverso.
E no nome dun pobo que se insulta por mor
Dos interesas partidistas.
Sexa todo polo egoísmo personal, Mágoa!
Pola coitelada traidora cravada no meio das costas espidas.
E o absuro mundo especulativo medra,
E o que é a íntegra verdade convírtese
Nuha mentira de segunda, contundente e fructífuro.
Mundo de o marketing perfecto de enganos dabondo.
E van facendo de nós uns seres dominados
Polo feito de consumir por consumir,
Por mor dunha política publicitaria indebida.
Nós, coma cadeliños perversos
Obedecemos á orde constante e demoledara
De marcas perfectas que os medios
Abren camiño de forma certeira e precisa.
E o Norte afíxose Sul,
O Leste o Oeste,
E a palabra un sí ou non,
Máis de certo hipócrita e ventaxista.
O Mundo quer ser Mundo mais non pode
Porque o egoísmo constante
A falla de soliedaridade,
A constante prepotencia,
Son os nosos donos particulares,
Que tando decimos amar,
Para enganarnos e decirnos
Que o vestimenta elegante é bóa e cara,
Máis o corazón aprodece,
Polo descenso tremendo do senso humano primario








Miguel Dubois