martes, 2 de diciembre de 2008

DE CERTO

AMOR E DOZURA É VIVIR


AMOR E DOZURA É VIVIR








Pontevedra, ao 2 de novembro de 2008.
DE CERTO
Ábrete amencer enteiro,
Estourido de lus cotiá.
Erguémonos torpes medio adormecidos,
Temos por diante toda a xornada laboral,
Ou ben para maldecer,
Ou ben para decorar as palabras absurdas.
Bendita sexa a verba bonita,
Carente de beneficio e absurdo egoísmo.
Érguete no mundo que é mundo enteiro e verdadeiro.
Afronta con valentía a verdade, que, as veces, dóe.
Afástate do mundo hipócrita, deconsiderado e cobarde.
Xúnguete aos intres belos do día enteiro.
Rexeita a falsedade total ou parcial.
Xente de corazón vendido,
Xente de baixos principos,
Que mágoa atoparme no mundo contradictorio,
Máis eu non son superior a ninguén,
Son o que son,
Son unha mestura de mal e ben,
Son un ser humano corrente.
Amo a vida enteira
Con toda a miña forza posible.
Non podo admitir
Un mundo valeiro de principios elementáis.
Como podes sosterte na falsedade,
Como podes asentarte
Se non tes base coherente.
Onde vas de mentira a mentira.
O teu rañaceus de palabras incoherntes
Ficará na nada absoluta.
Miguel Dubois